AGADER 2020-2021 | Plan de mellora de camiños municipais

FEADER: Europa inviste no rural

PROXECTO: MELLORA DO CAMIÑO DE MATOBELLO. SERRES
PROMOTOR: CONCELLO DE MUROS
INVESTIMENTO: 58.267,14 €
IMPORTE DA AXUDA: 31.385,00 €

Media 4.3 do PDR de Galicia 2014-2020. Plan marco de mellora de camiños minicipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021


BANDO | Normas para os lumiños de San Xoán

Este ano, como no anterior, as festas de San Xoán vanse celebrar nunhas circunstancias especiais, debido á epidemia provocada pola Covid-19. É importante polo tanto, para impedir riscos, evitar contaxios e non incrementar a incidencia no municipio, cumprir cunha serie de normas, tanto de seguridade e prevención de lumes, como de aglomeración de persoas e normas hixiénicas e sanitarias.

SOLICITUDES

As persoas, asociacións ou comunidades que desexen realizar unha cacharela deberán presentar a solicitude no Concello de Muros, antes das 14.00 horas do día 18 de xuño de 2021, cumprimentando o modelo de solicitude e achegando a documentación.

NORMAS PARA A REALIZACIÓN DOS LUMIÑOS DE SAN XÓAN

1.- Non está permitido facer as laradas nas PRAIAS, VÍAS PÚBLICAS, XARDÍNS OU PARQUES PÚBLICOS, en terreos forestais ou nas proximidades de masas arbóreas.

2.- As laradas ou cacharelas situaranse en lugares seguros, de tal xeito, que non exista perigo de propagación accidental cara ás vivendas, instalacións ou terreos próximos. Deberán ter en conta a existencia de cableado, tendido eléctrico, etc. Arredor da cacharela deixarase unha franxa duns 5 metros libre de calquera elemento combustible.

3.- Deberán situarse en zonas afastadas de masas arbóreas polo menos 50 m. Os/as responsables deben asegurarse de contar con medios de extinción mínimos pero suficientes para o seu uso inmediato no caso de ser necesario.

4.- Non se permite a utilización de líquidos inflamables nin queimar produtos contaminantes (plásticos, pinturas, gomas…).

5.- As laradas deben estar baixo vixilancia en todo momento. Non poderán abandonar a larada ata estar seguros de que o lume quedou completamente apagado, e deben retirar todos os restos que queden unha vez remate o evento.

6.- O número de asistentes non superará o que determine a normativa sanitaria de aplicación no momento da celebración da festa.

7.- As autorizacións outorgadas non eximirán, en ningún caso, das responsabilidades por danos e prexuízos que tivesen lugar no caso de que concorrese neglixencia ou imprudencia.

8.- As cacharelas poderán ser revisadas polos servizos municipais para ver se cumpren a normativa exixida.


BANDO | Comunidades de propietarios ou as persoas propietarias de edificios de uso residencial de vivenda colectiva cunha antigüidade igual ou superior a 50 anos teñen 1 ano para presentar o informe da avaliación no rexistro municipal

Dna. Inés Monteagudo Romero, en calidade de alcaldesa do Concello de Muros (A Coruña),

FAGO SABER:

O pasado 20 de abril publicouse no DOG o Decreto 61/2021, de 8 de abril, polo que se regula o informe de avaliación do edificios (IAE) e se crea o rexistro galego de informes de avaliación dos edificios, que entrou en vigor o 20 de maio.

O informe de avaliación é un documento que acredita o estado de conservación do edificio, avalía a súa accesibilidade universal e informa sobre a súa eficiencia enerxética.

De acordo con este Decreto as comunidades de propietarios ou as persoas propietarias de edificios de uso residencial de vivenda colectiva cunha antigüidade igual ou superior a 50 anos teñen un ano para presentar o informe da avaliación no rexistro municipal do Concello de Muros.

O prazo para a presentación remata o 20 de maio de 2022.


EMPREGO | Lista provisional de persoas admitidas e excluídas, composición do tribunal e convocatoria do primeiro e segundo exercicio do proceso da brigada de incendios

ANUNCIO DA LISTA PROVISIONAL DE PERSOAS ADMITIDAS E EXLUIDAS, COMPOSICIÓN DO TRIBUNAL E CONVOCATORIA DO PRIMEIRO E SEGUNDO EXAME PARA A SELECCIÓN DE PERSOALPARA A BRIGADA DE INCENDIOS 2021.

Por resolución da Alcaldía núm. 577/2021 de 26 de maio, adoptouse o seguinte:

Vista a Resolución da Alcaldía núm. 476/2021 de 4 de maio pola que se aprobaron as bases e a convocatoria do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa de 2 capataces, 2 peóns condutores e 6 peóns para a creación de dúas brigadas de incendios, anualidade 2021 e a elaboración dunha bolsa de traballo en réxime de contratación laboral temporal a tempo completo financiado pola Consellería de Medio Rural, publicado no BOP núm. 86 de 10 de maio,

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes para participar no proceso selectivo e de conformidade co previsto no punto 6 das bases da convocatoria

RESOLVO

PRIMEIRO. Aprobar a lista provisional de persoas admitidas e excluídas na convocatoria referenciada


EMPREGO | Na páxina do Servizo Público de Emprego de Galicia publícanse tres ofertas de emprego dunha empresa privada para traballar en Muros

Na páxina do Servizo Público de Emprego de Galicia publícanse tres ofertas de emprego dunha empresa privada para traballar en Muros.

A empresa precisa cubrir os seguintes postos:

  • Xefe de tráfico/operador loxístico
  • Técnicos/as superiores en organización e administración de empresas
  • Comercial de transporte

As persoas interesadas poden consultar os requisitos das ofertas e/ou inscribirse a través da seguinte ligazón: Buscador Emprego (xunta.gal)

Para calquera dúbida ou máis información poden contactar co Servizo de Orientación Laboral (atención ao público en Muros os luns e martes).


EMPREGO | Lista provisional persoas admitidas e excluídas, composición do tribunal e convocatoria do primeiro exercicio do proceso de persoal para Turismo

Por resolución da Alcaldía núm. 566/2021 de 24 de maio, adoptouse o seguinte acordo:

Vista a Resolución da Alcaldía núm. 475/2021 de 4 de maio, pola que se aprobaron as bases e a convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa para a oficina de Turismo do Concello de Muros 2021 e para a elaboración dunha bolsa de traballo en réxime de contratación laboral temporal a tempo completo financiado pola Deputación da Coruña dentro do programa DP0029/2021, publicada no BOP núm. 72 de 20 de abril de 2021, publicadas no BOP núm. 86 de 10 de maio de 2021.

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes para participar no proceso e de conformidade co previsto nas bases da convocatoria,

RESOLVO

PRIMEIRO. Aprobar a lista provisional de persoas admitidas e excluídas na convocatoria referenciada para a praza de guía turístico/a.


TEATRO | Muros celebra as letras galegas con dous espectáculos “Mar adiante” e “A lingua das bolboretas”

O Concello de Muros, co fin de conmemorar o Día das Letras Galegas, programa dous espectáculos, “Mar adiante” de ODAIKO e “A Lingua das bolboretas” de Sarabela.

Actividade: Música e teatro – ODAIKO – “Mar adiante”
Día e hora:
Luns 17 de maio, 18.00 h
Espazo:
Praza do Mercado de Muros
Público preferente:
Familiar/infantil
Prezo da entrada:
De balde
Programa:
Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC

ODAIKO é unha formación que nace a raíz das numerosas colaboracións dos seus compoñentes en festivais mundiais, percusionistas multidisciplinares cunha reputada traxectoria ás súas costas, particularidade que os fai moi versátiles, e cun afán de combinar o mellor do pasado cun presente sen limitacións. Para coñecer as súas orixes hai que remontarse ao ano 2002 e á Holanda, sendo no 2004 cando sacan á luz o seu primeiro proxecto.

En “Mar adiante” a acción sitúase nun barco, o Arroás, e nun tempo distante; para sacar ao espectador da vida cotiá e facelo voar coa imaxinación nunha navegación por alta mar. A escenografía consiste nun barco visto de fronte, que se representa con unha cabina de mando en dous pisos. Na parte inferior ábrense dúas ventanas de ollos de boi e portas. A parte inferior e a superior únense cunha escada vertical. Xogos clownescos de persecucións, golpes e caídas que suceden nos dous pisos da cabina de mando, fan suceder as accións. O barco constitúe un enorme instrumento de percusión: o timón é unha matraca, as ventanas de ollo de boi son dous tambores, a escaleira está feita con caixas chinas e os tubos comunicadores son trompetas. Instrumentos que se irán descubriendo ao longo da historia e que soarán en solitario ou acompañando as melodías da marimba, presente na cuberta do barco… A diversión está garantida. 


O sábado da mesma semana chega a Muros “A Lingua das bolboretas”

Actividade: Teatro – Sarabela – “A Lingua das Bolboretas”
Día e hora:
Sábado 22 de maio, 21.00 h
Local:
Auditorio do Centro Cultural e xuvenil de Muros
Público preferente:
Adulto
Prezo da entrada:
3,50 €
Ciclo:
Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC

O sábado chega a quenda do público adulto, para poder gozar desta versión teatral dun grande la literatura galega “A Lingua das Bolboretas”, de Manolo Rivas. Que mellor xeito de conmemorar as nosas Letras!

Por medio da entrañable relación que manteñen o mestre, don Gregorio, e o neno, Pardal, vaise descubrindo a historia da fascinación infantil do protagonista ante o descoñecido e do sufrimento que provoca a represión das liberdades humanas. O proceso de aprendizaxe que emprende o rapaz da man do mestre da escola (unha figura que simboliza a liberdade que xera o coñecemento) é testemuña tamén da traxedia que supón vivir con medo, do cru impacto que xera o estalo dunha guerra civil. Volver a Rivas é, para Sarabela, voltar a un dos seus autores “fetiche”. Con A lingua das bolboretas celebran o 40 aniversario de Sarabela. No espectáculo conxugan as historias de dous dos escritos de Manuel Rivas (A lingua das bolboretas e A Traxectoria do Balón). Conta con un gran equipo e co propósito de que a mensaxe chegue nidia, ao tempo que se xoga coas imaxes e coa poética, o que leva a este espectáculo a ser punteiro.

As entradas tén que ser reservadas previamente nas oficinas do centro cultural de Muros, no teléfono 981 762 294 ou no correo electrónico cultura@muros.es As do día 17 xa están ao dispor do público e as do día 22 poden ser reservadas dende o martes 18.

A concelleira de cultura de Muros, Mayka González, quere agradecer a colaboración á AGADIC, da Xunta de Galicia; e agarda que poidamos gozar dunhas excelentes tardes de celebración, con estas propostas, que conxugan música, teatro e moito bo facer.


EMPREGO | Convocatoria selección persoal para oficina de turismo 2021 (guía turístico/a e informadores/as turísticos/as

CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL A XORNADA COMPLETA PARA A OFICINA DE TURISMO DO CONCELLO DE MUROS 2021, FINANCIADO POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA DENTRO DO PROGRAMA DP0029/2020, E A ELABORACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO EN RÉXIME DE CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL A TEMPO COMPLETO

1 Obxecto da convocatoria

1.1 Ten por obxecto esta convocatoria a selección para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa para a oficina de turismo do Concello de Muros (informadores/as turísticos/as e guía turístico/a), anualidade 2021, mediante calquera das modalidades de contratación previstas no Real decreto lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores. A xornada será de luns a domingo cos descansos que establece a lei. As datas de inicio e de finalización dos contratos serán os establecidos na Resolución da contratación.

1.2 Igualmente constituirá o obxecto desta convocatoria a creación dunha bolsa de traballo para a contratación laboral temporal de duración determinada mediante calquera dos contratos legalmente establecidos no Estatuto dos Traballadores para substitución por incapacidade temporal, renuncias, vacacións do persoal, ou se é o caso, novas contratacións por causas sobrevidas dos postos de traballo indicados no punto 1.1 desta base, así como novas contratacións que polos requisitos previstos no punto 4 destas bases se poidan realizar para os mesmos postos de traballo.


EMPREGO | Convocatoria selección de persoal para a brigada de incendios anualidade 2021

CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL A XORNADA COMPLETA DE 2 CAPATACES, 2 PEÓNS CONDUTORES E 6 PEÓNS, PARA A CREACIÓN DE DÚAS BRIGADAS DE INCENDIOS 2021, E PARA A ELABORACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO EN RÉXIME DE CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL A TEMPO COMPLETO

1 Obxecto da convocatoria

1.1 Ten por obxecto esta convocatoria a aprobación das bases para a selección de persoal laboral temporal a xornada completa de duración determinada para a creación de dúas brigadas de incendios do Concello de Muros 2021, mediante calquera das modalidades de contratación previstas no Real decreto lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores. A xornada será de luns a domingo cos descansos que establece a lei. As datas de inicio e de finalización dos contratos serán os establecidos na Resolución da contratación.

No soldo previsto no punto 2 están incluídas as retribucións de turnicidade, festividade, nocturnidade e parte proporcional das pagas extras. Cada brigada estará composta por 1 capataz, 1 condutor e 3 peóns. Para proceder á contratación do persoal debe de existir persoal suficiente para a creación de cada brigada. De forma excepcional e por causas xustificadas, esta composición poderá modificarse.

1.2 Igualmente constituirá o obxecto desta convocatoria a creación dunha bolsa de traballo para a contratación laboral temporal de duración determinada mediante calquera dos contratos legalmente establecidos no Estatuto dos Traballadores para substitución por incapacidade temporal, renuncias, vacacións do persoal, ou se é o caso, novas contratacións por causas sobrevidas dos postos de traballo indicados no punto 1.1 desta base.


Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close