O Concello de Muros anuncia a convocatoria para contratar mediante a modalidade de contrato menor de servizos, a organización e dinamización do mercado mariñeiro tradicional das Xornadas de Cultura Mariñeira “Muros Mira ao Mar” 2024.

O Concello de Muros anuncia a convocatoria para contratar mediante a modalidade de contrato menor de servizos, a organización e dinamización do mercado mariñeiro tradicional das Xornadas de Cultura Mariñeira “Muros Mira ao Mar” 2024.

Prazo: Do 11 ao 29 de marzo

Anuncio: 

https://ssweb.seap.minhap.es/almacen/descarga/envio/93b9fff3f3a57ef348bbe3787048700204b0230a


APERTURA DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS PARA AS ASOCIACIÓNS E CLUBS DEPORTIVOS SEN ÁNIMO DE LUCRO MUNICIPAIS PARA PARTICIPAR NO MERCADO MARIÑEIRO DE “MUROS MIRA AO MAR” 2024.

O Concello de Muros abre o prazo de presentación de propostas de participación por parte das entidades, clubs e asociación sen ánimo de lucro municipais para participar no Mercado Tradicional Mariñeira das Xornadas de Cultura Mariñeira “Muros Mira ao Mar” 2024 que terán lugar os días 5, 6 e 7 de xullo.

Prazo de presentación: ata o 5 de abril

Normativa:
https://ssweb.seap.minhap.es/almacen/descarga/envio/cfd203fa11ecb6573a8a714edc50b6d819af4d75

Formulario de solicitude:
https://ssweb.seap.minhap.es/almacen/descarga/envio/9bcbf30fb06667707f34807e043e0e3028235224


TEATRO | A estrea da peza sobre o golfiño Manoliño terá lugar  o próximo sábado no auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros

A Xanela do Maxín “Confi, o golfiño Manoliño”

📅 Sábado, 16 de marzo ás 18.00 h
🏟 Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros
👀 Público: A partir de 5 anos
🎭 Clasificación: Monicreques
🎫 Entrada: 2,50 €
Reservas: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfdaNtV4VndlCgrZL9hyiioyyB-rng5xPzTe878lhlfqj42hQ/viewform


“Confi”, como espectáculo de teatro documento, relata os eventos reais da loita pola supervivencia de Manoliño, o golfiño que habita as praias da ría de Muros e Noia. O espectáculo aborda a historia real desta criatura mariña e destaca os desafíos que enfronta para sobrevivir na súa hábitat natural. Invita ao público a implicarse emocionalmente e a comprender a crúa realidade que Manoliño e os seus semellantes mariños enfrontan diariamente.

Ao concentrarse na conservación e no medio ambiente, “Confi” non só proporciona un espectáculo impactante, senón tamén unha oportunidade para aumentar a concienciación sobre as ameazas que afectan a vida mariña. A través desta representación teatral, “Confi” aspira a inspirar acción e a marcar unha diferenza positiva na preservación dos nosos océanos e a fauna que neles habita.

  • Autoras: Celtia Figueiras e Xosé Breijo “Topo”
  • Dirección: Celtia Figueiras e Xosé Breijo “Topo”
  • Adaptación: Celtia Figueiras e Xosé Breijo “Topo”
  • Escenografía: A Xanela do Maxín
  • Deseño son: A Xanela do Maxín
  • Deseño iluminación: Octavio Más
  • Vestiario: Celtia Figueiras
  • Música: Alu Studios

Elenco artístico:

  • Celtia Figueiras
  • Xosé Breijo “Topo”

CAMPAMENTO MUROS CONCILIA SEMANA SANTA 2024

BASES XERAIS REGULADORAS PARA A PARTICIPACIÓN PARA O CAMPAMENTO MUROS CONCILIA SEMANA SANTA 2024

PRAZO DE SOLICITUDE

1.1. O prazo de solicitude de inscrición nos campamentos establécese do seguinte xeito:

  1. Solicitude de inscrición: desde a publicación destas bases na sede electrónica do Concello de Muros ata o 15 de marzo ás 14.00 h.
  2. Sorteo: 18 de marzo (en presenza da Secretaría municipal no suposto de que o número de solicitudes supere ao número de prazas dispoñibles).

O sorteo será público e terá lugar no salón de plenos do concello ás 10.00 h da mañá.

1.2. Tipos de solicitude:

  • Poderá presentarse unha solicitude individual ou múltiple para o suposto de irmáns/ás.

Como cubrir a solicitude:

  • A persoa solicitante será a nai, pai, titor ou titora legal.
  • A/as persoa/s participantes serán o/a os/as neno/a nenos/as.
  • No caso das solicitudes múltiples, deberanse cubrir os datos de todos os irmáns ou irmás que solicitan a súa participación que serán os participantes.
  • A presentación da solicitude implica a aceptación das normas do procedemento.

1.2. Para solicitar a inscrición nos campamentos de Semana Santa deberá cubrir o formulario específico de solicitude, só un formulario por familia, no seguinte enlace:

https://forms.gle/qoquEgJLcJzd97Pz7

1.3. A adxudicación pode ser:

  • Directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles.
  • Por sorteo, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles. O sorteo será por familia. Así mesmo, dará lugar a unha lista de espera.
  • Deberase aceptar a praza nun prazo máximo de 24 horas desde a recepción do correo electrónico, coa confirmación da praza, de non ser así será excluído/a.

1.4. Terán prioridade os/as nenos/as empadroados/as no Concello de Muros. No caso de que non se completaran as prazas, estas poderán ser ocupadas por nenos/as non empadroados/as no Concello de Muros.

1.5 No caso de que aparezan solicitudes presentadas por diferentes solicitantes, pero na que parte ou todas as persoas participantes sexan as mesmas, serán anuladas automaticamente.

IDADES E HORARIO

2.1. Idades

  • Nenas/os nadas/os nos anos:

2020, 2019, 2018, 2017, 2016, 2015, 2014, 2013, 2012 e 2011

2.2. Número de nenos/as por lugar: 20

2.2. As datas establécense do seguinte xeito:

  • 25, 26 e 27 de marzo e 1 de abril de 2024

2.3. Horario:

  • Entrada: de 9.00 h a 10.00 h
  • Saída: de 13.00 h a 14.00 h

2.4. Lugares:

  • Muros: pavillón de Miraflores
  • Esteiro: pavillón Xosé Lago

2.5. Información:

  • Departamento de Servizos Sociais no número de teléfono 981 762 465
  • Centro Cultural e Xuvenil de Muros 981 762 294

BASES CONCILIA SEMANA SANTA 2024


TEATRO | “Unha inimiga do pobo” de Talía Teatro

Sábado, 9 de marzo ás 20.30 h
Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros
Entrada: 5,00 €
Reservas: https://forms.gle/s7comoMKgpYw7obM7

A compra de entradas por adiantado tamén se pode realizar nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros en horario de 8.00 a 15.00 h

Sobre “Unha inimiga do pobo”:

“Unha Inimiga do pobo” é unha adaptación contemporánea dunha destacada obra de Henrik Ibsen que, despois de cento coarenta anos, continúa a ser un vehículo inflamable para denunciar políticas que priorizan beneficios económicos sobre a saúde pública. A historia, ambientada na Galicia actual, aborda temas como a desinformación, os riscos das maiorías absolutas, a crise ecolóxica e a depredación neoliberal nun contexto hostil onde as emocións humanas están sometidas á máxima presión. A peza serve como paradigma do teatro social, proporcionando un espazo de reflexión sobre as contradicións e problemáticas da sociedade contemporánea. A través da adaptación, sitúase na órbita do xigante Ibsen para crear un espectáculo crítico e lúdico que convida á audiencia a reflexionar sobre o mundo actual. A protagonista, Helena, unha doutora embarazada de cinco meses, regresa á súa vila natal co proxecto dun balneario sustentable.

A inesperada contaminación das augas e a loita de Helena por protexer a saúde pública fronte aos intereses económicos levan á comunidade a cuestionar a súa perspectiva, poñendo en risco a prosperidade colectiva.

Elenco artístico:

Marta Lado, Toño Casais, Dani Trillo, Rubén Prieto, Marta Ríos, María Ordóñez, Diego Rey, Artur Trillo e Xurxo Barcala


DEPORTES | VIII DÚATLON “ELEUTERIO BALAYO” CONCELLO DE MUROS

O próximo venres 1 de marzo (10.00 h) abrirán as inscricións para o VIII Dúatlon “Eleuterio Balayo” Concello de Muros que terá lugar o 13 de abril e que será sede do Campionato  Xunta de Galicia Supersprint nas categorías cadete, xuvenil e júnior.

As inscricións realizáranse a través da plataforma da Fegatri Federación Galega de Triatlón e Péntatlon Moderno.

Proba Campionato  Xunta de Galicia Supersprint CD/XV/JN

Proba sprint popular


MONOLOGO |  “Á Caída”, Pepo Suevos

No seu novo espectáculo “Á Caída”, Pepo Suevos responde de forma contundente á cuestión de se a comedia está en crise. Destacando a importancia da risa para enfrontarse ao “mundo real”, critica a tendencia actual de censurar e criticar a comedia, especialmente en temas como os límites do humor.
Suevos desmonta estereotipos ao rexeitar a idea de que todos os cómicos fan o mesmo, usan os mesmos chistes e simplemente requiren un texto predeterminado. Propón unha resposta innovadora: un espectáculo totalmente improvisado e interactivo.

En “Á Caída”, non hai un guión establecido, e a información proporcionada polo público guiará o contido do espectáculo.

Suevos fomenta a participación do público, mesmo en temas delicados, cunha clara comprensión da súa responsabilidade e complicidade. Desafía a idea de que os temas “de sempre” son responsabilidade do público, non do intérprete, resaltando a necesidade de axilidade e receptividade no escenario.

Reservas: https://forms.gle/gR2w7MjWzFJCjWah7


Festa de Entroido dos “Anos 70” para maiores

Programa Vida Activa da Concellería de Servizos Sociais

📅 Venres, 9 de febreiro ás 20.30 h

🏟 Antiga fábrica de Sel (Muros)

🎭 Dirixida a persoas maiores de 60 anos

⏰ Prazo de inscrición ata o 7 de febreiro

📝 Inscrición: https://buff.ly/3SjsFjQ ou no 981 762 465 (Servizos Sociais) e no 981 762 294 (oficinas do Centro Cultural e Xuvenil)


TEATRO | Unha viaxe emotiva a través da memoria. Da infancia á vellez con “Kyoki”.

| Sábado, 27 de xaneiro de 2024
| 18.00 h
| Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros
| Prezo da entrada: 2,50 €
| Público: Infantil (+ 3 anos)
| RESERVA AS TÚAS ENTRADAS

Unha viaxe emotiva a través da memoria. Da infancia á vellez con “Kyoki”.

“Kyoki”  é un espectáculo destinado ao público familiar, dirixido á infancia a partir dos 3 anos. A peza aborda temas profundos como a memoria, a vellez, a demencia, a soidade e a desafiante tarefa de coidar a xente maior e enferma. A través dunha linguaxe xestual e constante interacción co dispositivo escénico, o espectáculo evoca diversas situacións e personaxes universalmente recoñecibles. O termo “Kyoki”, que significa “demencia” en xaponés, refirese á alteración da capacidade para recordar, pensar ou tomar decisións, un tema frecuente na vellez.

A obra ofrece un retrato humorístico e emotivo dun día catastrófico, ao mesmo tempo que rende homenaxe ás persoas maiores enfrontándose ao inexorable declive das súas capacidades vitais. A través desta representación, “Kyoki” busca conectar coa audiencia de todas as idades, recordándonos a humanidade compartida nas experiencias cotiás, tanto na infancia como na vellez.

Autor: María Torres e Gonçalo Guerreiro
Dirección: Gonçalo Guerreiro
Escenografía: Gonçalo Guerreiro
Deseño de son: Manuel Fonte
Deseño de iluminación: Nacho Martín
Vestiario: Carolina Díguele
Música: Manuel Fonte

Elenco artístico:

María Torres
Mario Rodríguez


Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close