CONVOCATORIA | Proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa de peóns albaneis

Por Resolución desta Alcaldía núm. 502/2020 de 6 de maio de 2020, aprobáronse as bases e a convocatoria do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa de peóns albaneis para a cuadrilla de obras e servizos mínimos municipal, anualidade 2020, e a elaboración dunha bolsa de traballo en réxime de contratación laboral temporal a tempo completo financiado pola Deputación da Coruña dentro do programa PEL/concellos 2020,

CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL A XORNADA COMPLETA DE PEÓNS ALBANEIS PARA A CUADRILLA DE OBRAS E SERVIZOS MÍNIMOS MUNICIPAIS, 2020 E PARA A ELABORACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO EN RÉXIME DE CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL A TEMPO COMPLETO FINANCIADO POLA DEPUTACIÓN DA CORUÑA DENTRO DO PROGRAMA PEL/CONCELLOS 2020

1 Obxecto da convocatoria

Ten por obxecto esta convocatoria a provisión mediante contrato laboral de duración determinada de peóns albaneis para a cuadrilla de obras e servizos mínimos municipal, anualidade 2020, mediante calquera das modalidades de contratación previstas no Real decreto lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores. A xornada será de luns a domingo cos descansos que establece a lei. As datas de inicio e de finalización dos contratos serán os establecidos na Resolución da contratación.

2 Características do posto

  • Área de subscrición: Obras
  • Denominación do posto: peón albanel
  • Prazas: 6
  • Duración: 5 meses
  • Grupo: V
  • Soldo: 1109,01 €
  • Modalidade contractual: Contrato de obra ou servizo a tempo completo.
  • Titulación: Polas funcións a realizar, non se precisa estar en posesión de ningunha titulación.
  • Cometido funcional: As funcións a desenvolver consisten nas tarefas propias dos peóns de albanelería, carpintería, fontanería e electricidade, sempre dentro das funcións dos servizos mínimos previstas na lei. Así mesmo, realizarán aquelas outras tarefas que lle poidan ser encomendadas polos órganos municipais e polo seu superior xerárquico para a satisfacción das necesidades propias do servizo.

Bases e Convocatoria (PDF-166,5 kb )

Modelo de solicitude (PDF-922,26 kb )

INFORMACIÓN | Subsidio extraordinario para persoas empregadas do fogar (SEEH)

Terá dereito a o subsidio extraordinario por falta de actividade se, con anterioridade ao 14 de marzo estaba de alta no Sistema Especial de Empregados do Fogar do Réxime Xeral da Seguridade Social, e se atopa nalgunha das seguintes situacións:

  • Deixou de prestar servizos, total ou parcialmente, con carácter temporal, a fin de reducir o risco de contaxio, por causas alleas á súa vontade, nun ou varios domicilios con motivo da crise sanitaria do COVID-19.
  • Extinguiuse o seu contrato de traballo por causas alleas á vontade da persoa traballadora e esta extincion débese á crise sanitaria do COVID-19.

Para iso:

  • Se dispón de DNI electrónico, certificado dixital ou usuario cl@ve pode:
    • Presentar a solicitude e achegar a declaración responsable da persoa empregadora (tantas declaracións responsables como empregados teña).
  • Se NON dispón de DNI electrónico, certificado dixital ou usuario cl@ve pode:
    • Descargar o formulario de solicitude e o formulario de declaración responsable da persoa empregadora (tantas declaracións responsables como empregados teña).

Nas seguintes ligazóns ten acceso a información sobre instrucións para encher a solicitude e tamén as instrucións para a persoa empregadora:

Máis información: https://sede.sepe.gob.es/contenidosSede/generico.do?pagina=/proce_ciudadanos/subsidios_SEEH.html

Ou contactando coa orientadora laboral no teléfono 687 854 447 en horario de 09:00 a 14:00 horas.

INFORMACIÓN | Procedemento para a tramitación do subsidio excepcional por desemprego

Fonte: Servicio Público de Empleo Estatal www.sepe.es

IMPORTANTE: As cotizacións acreditadas pola persoa traballadora correspondentes ao traballo de duración determinada extinguido e as anteriores, se as houbera, consideraranse utilizadas para o recoñecemento do subsidio excepcional, e por tanto, non poderán terse en conta, no seu caso, para o recoñecemento dunha futura prestación.

Publicada no BOE de 4 de maio de 2020 Resolución do 1 de maio de 2020 do Servicio Público de Empleo Estatal, pola que se establece o procedemento para a tramitación de solicitudes do subsidio excepcional por desemprego regulado no artigo 33 do Real Decreto-lei 11/2020, de 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19.

Requisitos

A persoa traballadora deberá reunir os seguintes requisitos:

  • Encontrarse inscrita como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego e subscribir o compromiso de actividade. Durante a vixencia do estado de alarma, a inscrición como demandante de emprego realizarase de oficio polo servizo público de emprego competente, a instancia do SEPE.
  • Non contar coa cotización necesaria para acceder a outra prestación ou subsidio por desemprego.
  • Ter cesado de forma involuntaria, a partir do 15 de marzo de 2020, nun contrato por conta allea de duración determinada durante o cal existira a obriga de cotizar por desemprego e cuxa vixencia teña sido igual ou superior a dous meses.
  • Carecer de rendas, de calquera natureza, superiores ao 75 % do salario mínimo interprofesional, excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.
  • Non ser perceptora de calquera renda mínima, renda de inclusión, salario social ou axudas análogas concedidas por calquera Administración Pública.
  • Non estar traballando por conta propia ou allea a xornada completa na data da extinción do contrato nin na data de nacemento do subsidio excepcional.

Solicitude

Encher o formulario de pre-solicitude de prestación individual dispoñible na sede electrónica do SEPE que terá efectos de solicitude provisional, envialo a través da entidade xestora a través da mesma sede.

Así mesmo, poderase presenta-lo formulario a través dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Presentación de solicitudes

O prazo de presentación empezará o cinco de maio e terminará o día no que se cumpra un mes dende a data na que finalice a vixencia da declaración de estado de alarma, ambos inclusive. Si se presenta fóra do prazo indicado, terase por non presentado.

Duración e contía

O dereito ao subsidio excepcional nacerá a partir do día seguinte a aquel no que se extinguiu o contrato de traballo de duración determinada. En caso de que o período que corresponda ás vacacións anuais retribuídas non se gozara con anterioridade á finalización da relación laboral, o nacemento do dereito producirase unha vez transcorrido o dito período.

A duración será dun mes, ampliable si así se determina por Real Decreto-lei e non poderá percibirse en máis dunha ocasión.

O subsidio excepcional consistirá nunha axuda mensual do 80% do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM) vixente e o seu pago realizarase polo Servicio Público de Empleo Estatal a partir do mes seguinte ao da solicitude.

Pode consultar toda a información no espazo dedicado ao subsidio excepcional por fin de contrato temporal  nas medidas COVID-19 da web do SEPE.

Se tes algunha dúbida podes contactar coa orientadora laboral no teléfono 687 854 447 en horario de 09:00 a 14:00

COVID-19 | Servizos imprescindibles e esenciais

Por Resolución desta Alcaldía núm. 394/2020 de 30 de marzo de 2020, aprobáronse os servizos imprescindibles e esenciais, así como os demais servizos non incluídos nesta relación do Concello de
Muros, o que se publica aos efectos oportunos.

“Dada a situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 o Goberno estatal decretou o Estado de Alarma mediante Real Decreto Lei 465/2020 (o cal se ten prorrogado por Real Decreto 476/20 ata as 0.00 horas do día 12 de abril de 2020).

Visto o anterior esta alcaldía mediante Resolución 365/20 de 16 de marzo, estableceu , ao amparo de dito Estado de Alarma e baixo as competencias delegadas na materia, todas e cantas actuacións foron precisas para o bo funcionamento dos servizos públicos municipais.

En data 29 de marzo de 2020 publícase no BOE o Real Decreto Lei 10/20 polo que se regula un permiso retributivo recuperable para as persoas traballadoras por conta allea que no presten servizos esenciais, co fin de reducir a mobilidade da poboación no contexto da loita contra o COVID-19.

No ámbito da administración local esta norma é de aplicación directa tanto para o persoal laboral, atendendo o seu artigo 1 como para o persoal funcionario, atendendo a Disposición adicional primeira do mesmo texto legal.

Reunida a comisión de seguimento creada ao efecto dando conta das novas circunstancias e visto que este novo Real Decreto Lei 10/20 de 29 de marzo comporta para o concello de Muros a necesidade de ditar as instrucións que sexan necesarias para o funcionamento dos servizos públicos que se consideren imprescindibles para reducir a mobilidade, é necesario realizar un reaxuste no Decreto 365/20.

Visto o anterior, en uso das miñas atribucións como Alcaldesa, RESOLVO

| Descargar documento

BANDO | COVID-19

Mª Inés Monteagudo Romero, como alcaldesa – presidenta do Concello de Muros, en base ás atribucións que me confire a Lei,

FAGO SABER

Que como consecuencia das extraordinarias circunstancias provocada polo COVID-19 e seguindo as recomendacións da Xunta de Galicia sobre a adopción de medidas preventivas, acórdase, dende o 13 de marzo:

– Suspender as actividades deportivas, educativas, culturais, sociais… organizadas ou autorizadas polo Concello. Dende o sábado 14 de marzo estarán pechadas a piscina municipal, os pavillóns deportivos, os campos de fútbol, as bibliotecas, a escola de música, a aula de informática, os centros de interpretación e os demáis recintos nos que se presten este tipo de actividades.

– Suspender os mercadiños dos luns, martes e venres en todo o Concello.

– A atención ao público nas dependencias municipais verase limitada aos casos estritamente necesarios. Os trámites administrativos faranse por vía telefónica ou telemática nas sede electrónica municipal (sede.muros.gal) e nos teléfonos seguintes:

Oficinas xerais: 981 826 050
Cultura e deportes: 981 762 294
Servizos sociais: 981 762 465

– Recoméndase seguir con atención as indicacións das autoridades sanitarias e solicítase a toda a veciñanza a máxima colaboración. Mantemos contacto constante coas autoridades e iremos informando de calquera cambio ou medida que se adopte.

Muros, 12 de marzo de 2020

A alcaldesa
Mª Inés Monteagudo Romero

Acordo Consello da Xunta

Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close