TEATRO | “Morte accidental dun anarquista” o sábado 23 no Centro Cultural de Muros

O sábado 23 de abril, ás 21:00 h, chega ao Auditorio do Centro Cultural de Muros a compañía Talía Teatro, co seu espectáculo, “Morte accidental dun anarquista”.

Día e hora: sábado 23 de abril, 21:00 h
Local: Auditorio do Centro Cultural de Muros
Actividade: Teatro – Talía Teatro – “Morte accidental dun anarquista”
Programa: Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC

Un espectáculo do que é autor Dario Fo, dirixido por  Cándido Pazó e que conta no seu elenco con  Toño Casais, Dani Trillo, Xurxo Barcala, Rubén Prieto, Artur Trillo, Diego Rey e Marta Ríos.

Milán, 1969. Un anarquista falece tras caer pola ventá dunha comisaría na que está sendo interrogado pola policía. En plena investigación xudicial dos feitos, a aparición en dita comisaría dun “tolo” que se fai pasar por diferentes personaxes logrará darlle a volta ás indagacións e descubrir a verdade.

A día de hoxe podemos considerar que Darío Fo é xa un clásico teatral dos últimos tempos. Por iso dende Talía Teatro quixeron unirse ás compañías que montaron, montan e montarán as súas pezas, e entre elas, a máis emblemática de todas “Morte accidental dun anarquista”. Nos clásicos, as súas portas están sempre abertas a novas visitas: dos creadores e do público; e, por desgraza, cincuenta anos despois de ser escrito, este sainete político, esta disparatada pero reflexiva comedia, segue aportando sons que, dun xeito máis ou menos directo ou metafórico, reverberan aínda nos muros da actualidade. O espectáculo foi estreado o 11 de marzo deste ano en Compostela con grande éxito.

Esta función está incluída na Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC e as entradas, ao prezo de 3,50 €, xa poden ser reservadas nas oficinas do centro cultural, no teléfono 981762294, no correo cultura@muros.es ou no formulario creado para este fin.

A concelleira de cultura de Muros, Mayka González, anima a tódolos muradáns a gozar desta marabillosa comedia de teatro para público adulto.


FORMACIÓN | Programa de emprego escolle o teu oficio – Empregos en Verde

Programa de emprego dirixido a personas desempregadas de longa duración, levado a cabo pola Fundación Paideia Galiza e a Escola de Organización Industrial (EOI), en colaboración coa empresa O Fogar do Santiso.

As persoas participantes terán unha formación práctica, rotando por diferentes postos e sectores dentro dunha empresa, co obxectivo de fomentar o  autocoñecemento  e achegar a formación á empresa. Tamén se inclúe un bloque de competencias xerais e orientación laboral individual.

  • Requisitos: persoas desempregadas de longa duración, é dicir, que dos últimos 18 meses leven 12 sen traballar e inscritos no SEPE.
  • Datas:  9 de maio de 2022
  • Duración: 2 meses
  • Localización: A formación levarase a cabo na sede de Paideia na Escravitude (Padrón) e nas instalación do Fogar do Santiso (Teo)
  • O programa é gratuíto e non supón ningún custe para as persoas que participan.
  • Máis información en: https://www.deloa.es/emprego-en-verde/

Inscricións cubrindo este formulario: https://www.paideia.es/empleo-juvenil/#formulario_juventud

ou contactando a través de:

  • Teléfono: 981 817 000 / 981 223 927
  • WhatsApp: 618 408 949
  • Correo electrónico: antear@paideia.es

ANUNCIO | Bases del procedimiento de adjudicación del derecho de superficie, con opción de compra, en determinadas parcelas del parque empresarial de Muros

Sea Suelo

OBJETO: “SUELO EMPRESARIAL DEL ATLÁNTICO, S. L., S.M.E.” informa sobre las bases del procedimiento de adjudicación del derecho de superficie, con opción de compra, en determinadas parcelas del Parque Empresarial de Muros, según acuerdo del Consejo de Administración de la sociedad de 15 de marzo de 2022.

CANON SUPERFICIARIO: Los establecidos en el ANEXO Nº1 de las Condiciones. Estos precios no incluyen IVA, que será añadido en el momento correspondiente.

GARANTÍA PROVISIONAL: Tres mensualidades del canon fijado para la parcela correspondiente, en concepto de fianza. (Número de cuenta: IBAN ES31 2080 5803 9530 4000 6748).

GARANTÍA DEFINITIVA: Un 5% del canon superficiario total ofertado, es decir, por el plazo de otorgamiento del derecho de superficie.

PRESENTACIÓN DE OFERTAS: Se presentarán en las oficinas de “SUELO EMPRESARIAL DEL ATLÁNTICO, S. L., S.M.E.”, Avenida de Barcelona 33b-bajo, 15706, Santiago de Compostela, A Coruña.

Fecha límite de presentación: hasta las 13:00 horas del día 29 de abril de 2022.

Obtención de documentación y descarga de Condiciones:


 TEATRO MUSICAL | Sábado 2 de abril representación do espectáculo “DESCONCERTO”, no Centro Cultural De Muros

Día e hora: sábado 2 de abril, 18:00 h.
Local: Auditorio do Centro Cultural de Muros.
Actividade: Teatro musical – Culturactiva – “Desconcerto”.
Programa: Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC.

Culturactiva SCG presenta a Fran Rei e Félix Rodríguez en “Desconcrto”, un espectáculo cómico para todos os públicos, de creación propia e dirixida por Marcos Orsi.

En “Desconcerto” os protagonistas aparecen, por accidente, no escenario dun concerto de música culta. Coa orquestra a piques de comezar o repertorio e o público preparado para gozar co recital; véndose na obriga de facerse pasar por reputados músicos para saír da situación. Curiosamente, a partir deste aloucado punto de partida, o espectáculo vai avanzando e o programa previsto vaise executando, non sen diversos atrancos cómicos.

“Desconcerto” é un divertimento que mestura temas en directo con rigorosos play-backs sobre a música culta, un achegamento á música clásica por medio do humor. Montaxe cómica que combina música, teatro, humor e moito ritmo para ofrecer unha imaxe amena e atractiva da música clásica. Ao longo dos seus sesenta minutos de duración, neste espectáculo conviven pezas musicais clásicas de compositores como Leroy Anderson, Bach, Khachaturian, Mozart, Beethoven ou Rossini, e rutinas teatrais cómicas protagonizadas polo director da orquestra, diversos solistas, cancións a dúo, unha conferencia condensada sobre a música clásica e ata un número de ballet.

O espectáculo está incluído na Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC. As entradas, con un prezo de 2,50 €, deben de ser reservadas nas oficinas do centro cultural, no teléfono 981762294, ou no formulario creado para este fin.

A concelleira de cultura, Mayka González, anima a todo o público familiar da veciñanza a reservar a súa entrada, segura de que gozarán deste magnífico espectáculo, e aproveita para animar así mesmo a participar no contacontos que terá lugar o día anterior, venres 1, tamén ás 18:00 na Biblioteca de Muros, “A Bibliotecaria Estrafalaria”, onde, ademais con motivo da celebración do Día do Libro Infantil, lles agarda as persoas máis miúdas unha bonita sorpresa.


TEATRO | “Cigarreiras”, de Contraproducións, o sábado 26 no Centro Cultural De Muros

O sábado 26 de marzo, ás 21:00 h, chega ao Auditorio do Centro Cultural de Muros a compañía Contraproducións, co seu espectáculo, “Cigarreiras”.

Día e hora: sábado 26 de marzo, 21:00 h.
Local: Auditorio do Centro Cultural de Muros.
Actividade: Teatro – Contraproducións – “Cigarreiras”.
Programa: Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC.

Un espectáculo Baseado en La Tribuna de Emilia Pardo Bazánadaptado para teatro e dirixido por Cándido Pazó; e no elenco con  Tamara Canosa, Susana Dans, Merce Castro, Isabel Naveira, Covadonga Berdiñas, Ana Santos e Ledicia Sola

Unha proposta dramatúrxica audaz que, con sete actrices en escena, conxuga o tono propio dun drama individual e colectivo como La Tribuna, con outros máis frescos e lixeiros, mesmo cómicos por momentos, tan característicos da narrativa de Emilia Pardo Bazán.

Un texto que aborda ante unhas figuras (a de Pardo Bazán e a das cigarreiras), unhas situacións e unhas referencias históricas de marcado interés cultural. Figuras, situacións e referencias que dan pé a tratar temas totalmente vivos hoxe en día: memoria colectiva, perspectiva de xénero, dialéctica de modelos sociais e políticos… Temas que, ao fío dos vivos e brilantes argumentos aportados pola escritora e a súa novela, poden suscitar un grandísimo interés na sociedade actual, representada no teatro polo público.

Contraproducións é unha empresa galega dedicada á creación e distribución de espectáculos escénicos, conducida por Cándido Pazó, un dos principais autores e directores teatrais da escena galega actual, que para esta produción contou coa colaboración de teatre Romea, Histrión teatro e Encaro factory. O espectáculo foi estreado o pasado outono no teatro Rosalía de Coruña, foi premio do público no Fiot de Carballo e agora regresa a Galicia despois dunha xira por España, na que actuaron en teatros de tanto prestixio coma o Arriaga de Bilbao, acadando en cada función un grande éxito de público e crítica.

Esta representación está incluída na Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC e as entradas, ao prezo de 5,00 €, xa poden ser reservadas nas oficinas do centro cultural, no teléfono 981762294, no correo cultura@muros.es ou no formulario creado para este fin.

A concelleira de cultura de Muros, Mayka González, anima a tódolos muradáns a gozar coas nosas convidadas, nesta excepcional sesión de teatro para público adulto.

CAMPAMENTOS | Campamento Muros Concilia de Semana Santa | 2022

BASES XERAIS DE REGULACIÓN DO CAMPAMENTO MUROS CONCILIA DE SEMANA SANTA PARA O ANO 2022.

PRAZO DE SOLICITUDE

  • O prazo de solicitude de inscrición nos campamentos establécese do seguinte xeito:
    • Solicitude de inscrición: do 14 marzo ata ás 14.00 h do 31 de marzo (ambos incluídos).
    • Sorteo: 1 de abril (en presenza da Secretaría municipal no suposto de que o número de solicitudes supere ao número de prazas dispoñibles).
  • Para solicitar a inscrición nos campamentos de Semana Santa deberá cubrir o formulario específico de solicitude, só un formulario por familia:
  • A adxudicación pode ser:
    • Directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles.
    • Por sorteo, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles. O sorteo será por familia.

Así mesmo, dará lugar a unha lista de espera.

  • Terán prioridade os/as nenos/as empadroados/as no Concello de Muros. No caso de que non se completaran as prazas, estas poderán ser ocupadas por nenos/as non empadroados/as no Concello de Muros.

IDADES E HORARIO

  • Idades
    • Nenas/os nadas/os nos anos: 2018, 2017, 2016, 2015, 2014, 2013, 2012, 2011 e 2010
  • Número máximo de nenos/as por lugar: 20
  • As datas establécense do seguinte xeito:
    • 11, 12 e 13 de abril 2022
  • Horario:
    • Entrada: entre as 9.00 e as 10.00 h
    • Saída: entre as 13.00 e as 14.00 h
  • Lugares:
    • Muros: pavillón de Miraflores
    • Esteiro: pavillón Xosé Lago
  • Información:
    • Servizos Sociais: 981 762 46

Bases xerais reguladoras para a participación no campamento Muros Concilia na Semana Santa 2022

Formulario: https://forms.gle/VZdSzF2YkpnAVUPT9


ENTROIDO | 2022

PROGRAMA

VENRES 25 | FEBREIRO

17:00 h – FESTA INFANTIL DE DISFRACES | LOURO. Colaboran ANPA Agra de Filgueira e SC Monte Louro | https://forms.gle/meL1Vm1oNzMPKq339

17:00 h – FESTA INFANTIL DE DISFRACES | TAL. Centro Agro vello | https://forms.gle/8PThjt8GH8HjoLp67

SÁBADO 26 | FEBREIRO

17:00 h – FESTA INFANTIL DE DISFRACES | ABELLEIRA. Colaboran AC. A Ponte vella e AVV. a Ostreira | https://forms.gle/QypUcgLuWdE9nf4u6

21:00 h – FESTA DE ENTROIDO | CURRO DA PRAZA – MUROS COA ACTUACIÓN DE QUINKILLADA |  https://forms.gle/DjxRSFN7ck3hoBLo8

DOMINGO 27 | FEBREIRO

17:00 h – FESTA INFANTIL DE DISFRACES | MUROS. Animacións en directo e PREMIOS nas categorías INDIVIDUAL INFANTIL e PARELLA INFANTIL |  https://forms.gle/wjdKYJtZfAeWuZcQ9

LUNS 28 | FEBREIRO

17:00 h – FESTA INFANTIL DE DISFRACES | ESTEIRO. Colaboran ANPA de Esteiro e A.C. O Xeito | https://forms.gle/LVs5vA9t9o5EGnPp7

MARTES 01 | MARZO

17:00 h – FESTA INFANTIL DE DISFRACES | SERRES. Pozo do Cachón. Colabora ANPA Valdexería | https://forms.gle/D4Skt1Bos84DBuVz5

17:00 h – FESTA INFANTIL DE DISFRACES | TOREA. Colaboran veciños de Torea | https://forms.gle/L9oJPNV55ruaqbRd8

Normas para todas as actividades:
AFORO LIMITADO. RESERVA PREVIA NO TELÉFONO 981762294 E FORMULARIOS DE CADA ACTIVIDADE. USO DE MÁSCARA OBRIGADO


ANUNCIO | Llega700 gestiona las incidencias en la recepción de la señal TDT de la banda de 700

Llega700 gestiona las incidencias en la recepción de la señal TDT causada por activación de las tecnologías de las bandas de 700 de forma gratuita para sus usuarios.

En el PDF adjunto se remite la información sobre el proceso del despliegue de la red móvil de nueva generación.

Para cualquier duda o consulta para crear incidencias o información relacionada con la nueva red móvil:

e-mail: ayuda@llega700.es

Teléfono: 900 833 999


SUBVENCIÓNS | Subvencións dirixidas a Asociacións de Nais e Pais de Alumnos para a realización de actividades de apoio educativo

Por Resolución da Alcaldía de 7 de febreiro aprobouse convocatoria e as Bases específicas que rexerán a concesión de subvencións do concello de Muros, en réxime de concorrencia competitiva, a Asociacións de Nais e Pais de Alumnos para a realización de actividades de apoio educativo no concello de Muros, no ano 2022; publicadas no BOP número 29/2022, de 11 de febreiro.

Convocatoria

Bases xerais


Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close