BASES REGULADORAS DOS OBRADOIROS CULTURAIS DO CONCELLO DE MUROS PARA O CURSO 2026/2027

1. Datos xerais

1.1. Os obradoiros culturais nos que poden inscribirse as persoas interesadas para o curso 2026/2027 son os seguintes:

PARROQUIA/LUGARACTIVIDADE
EsteiroArte floral, bordado, encaixe de bolillos, traballos manuais e pintura (dirixida a nenas/os)
TalBordado e traballos manuais
AbelleiraEncaixe de bolillos, bordado e traballos manuais
ToreaTraballos manuais
SerresBordado, encaixe de bolillos e traballos manuais
MurosArte floral, bordado, costura e encaixe de bolillos
Gravado e pintura (dirixida a nenas/os, mozas/os e persoas adultas)
Teatro
Traballos manuais
Cociña
Baile de salón
LouroBordado e traballos manuais
TrasdacostaBordado

1.2. Se existise unha alta demanda para participar nun obradoiro non incluído na relación inicial, valorarase a posibilidade de organizalo na parroquia onde se concentre o maior número de solicitudes.

1.3. As idades esixidas para participar nas actividades son:

A. Obradoiros culturais dirixidos a nenas/os:

ACTIVIDADEANO DE NACEMENTO
TeatroDo 2019 ao 2015 (ambos incluídos)
PinturaDo 2019 ao 2015 (ambos incluídos)

Os obradoiros culturais de teatro e pintura dirixidos a nenos e nenas poderanse axustar ás idades de corte en función da demanda existente, sempre dentro dos anos establecidos para participar, que van desde 2019 ata 2015. Este axuste permitirá garantir a formación de grupos equilibrados e unha mellor experiencia para as/os nenas/os participantes.

B. Obradoiros culturais dirixidos a mozas/os e persoas adultas:

ACTIVIDADEANO DE NACEMENTO
Teatro2014 ou anteriores
Pintura2014 ou anteriores
Traballos manuais, gravado2014 ou anteriores
Arte floral, bordado, cociña, costura e encaixe de bolillos2012 ou anteriores

2. Prazos

PROCEDEMENTODATAS
PreinscriciónDo 9 de setembro ata as 14.00 h do 19 de setembro de 2026
Publicación dos horarios23 de setembro de 2026
MatrículaDo 24 ao 30 de setembro de 2026 (ambos incluídos)
Inicio das actividades19 de outubro de 2026

3. Preinscrición: Do 9 de setembro ata as 14.00 h do 19 de setembro de 2026

3.1. Ábrese o prazo de preinscrición do 9 de setembro ata as 14:00 h do 19 de setembro.

Esta preinscrición é persoal e intransferible. A preinscrición farase nas oficinas da Centro Cultural e Xuvenil de Muros, por medio da sede electrónica do Concello de Muros ou cubrindo o seguinte formulario:

No caso de rexistrar para a mesma persoa máis dunha solicitude, só se terá en conta a última, anulando con esta todas as feitas con anterioridade.

3.3. Só se formarán grupos que acaden un mínimo de 10 persoas inscritas. Non obstante, poderase valorar a constitución de grupos cun número inferior de participantes naquelas parroquias con menor poboación, co fin de favorecer o acceso á actividade en todo o termo municipal e garantir a igualdade de oportunidades.

3.4. As persoas inscritas en actividades que non formen grupo por non alcanzar o número mínimo poderán optar por outro grupo ou actividade.

3.5. Os obradoiros culturais que se constitúan, así como os seus horarios, publicaranse o 23 de setembro de 2026.

* Excepción para o “Obradoiro de cociña”: durante a preinscrición, as persoas solicitantes deberán indicar a súa preferencia para acudir ao obradoiro en quenda de mañá ou de tarde. Na medida do posible respectaranse estas preferencias, aínda que se favorecerá sempre o equilibrio no número de participantes por grupos.

** Excepción para o “Obradoiro de teatro infantil e teatro para mozas/os e persoas adultas”: na solicitude de inscrición deberá indicarse o día de preferencia entre os ofertados. Terase en conta esta elección, aínda que a asignación definitiva dependerá da organización da actividade e da dispoñibilidade do profesorado.

4. Matrícula: Do 24 ao 30 de setembro de 2026 (ambos incluídos)

4.1. Para formalizar a matrícula, as persoas inscritas deberán consultar a constitución dos grupos e os seus horarios a través dos seguintes medios:

  • Na páxina web do Concello de Muros: www.muros.gal
  • No Centro Cultural e Xuvenil de Muros
  • No 981 762 294

Unha vez confirmados os grupos e publicados os horarios, enviarase un correo electrónico co horario da actividade e co número de conta para realizar o pagamento da cota de 30,00 € por actividade e participante. O pagamento permitirá participar no obradoiro correspondente.

4.2. Unha vez formalizada a matrícula, a falta de asistencia ás clases non dará dereito á devolución da cota abonada nin á cesión da praza a outra persoa.

4.3. Unha vez iniciado o curso, non será posible cambiar dun obradoiro a outro, agás por causas debidamente xustificadas que motiven o cambio e que sexan valoradas favorablemente polo Concello de Muros.

5. Prazas vacantes: Do 26 ao 30 de outubro de 2026

5.1. Nos grupos que queden prazas libres poderán matricularse outras persoas do 26 ao 30 de outubro de 2026 no Centro Cultural e Xuvenil de Muros.

6. Comezo das actividades

6.1. As actividades darán comezo a partir do luns 19 de outubro de 2026.

7. Outras condicións

7.1. No caso de que o número de solicitudes supere o de prazas dispoñibles nalgunha actividade, terán prioridade as persoas empadroadas no Concello de Muros.

7.2. As persoas participantes deberán respectar en todo momento as normas sanitarias, de seguridade, convivencia e civismo que resulten de aplicación durante o desenvolvemento das actividades.

7.3. Calquera situación non recollida nestas bases será estudada polo Concello de Muros e resolverase tendo en conta as circunstancias de cada caso.