BASES DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE MUROS DURANTE O CURSO 2026/2027

1. Modalidades, lugares e idades

A. Esteiro (Pavillón Xosé Lago)

MODALIDADEANO DE NACEMENTO
Ximnasia rítmica2023 ata o 2014
Patinaxe2022 ata o 2010
Bádminton2019 ata o 2010
Ximnasia mantemento/body tónic2010 e anos anteriores

B. Muros (Pavillón de Miraflores/Piscina municipal de Muros)

MODALIDADEANO DE NACEMENTO
Taekwondo*2023 ata 2014
Actividades predeportivas2022 e 2021
Patinaxe2022 ata 2010
Baloncesto2020 ata 2010
Fútbol sala2020 ata 2010
Iniciación ao xadrez2020 ata 2010
Ximnasia de mantemento2010 e anteriores

* Impartirase na piscina municipal de Muros

C. Louro (CEIP Louro)

MODALIDADEANO DE NACEMENTO
Ximnasia de mantemento2010 e anteriores

D. Abelleira (Centro de Sorribos)

MODALIDADEANO DE NACEMENTO
Ximnasia de mantemento2010 e anteriores

E. Torea (Casa Reitoral)

MODALIDADEANO DE NACEMENTO
Ximnasia de mantemento2010 e anteriores

2. Prazos do procedemento

PROCEDEMENTODATAS
PreinscriciónDo 9 de setembro ata as 14.00 h do 19 de setembro de 2026
Publicación dos horarios23 de setembro de 2026
MatrículaDo 24 ao 30 de setembro de 2026 (ambos incluídos)
Inicio das actividades5 de outubro de 2026

3. Horarios

Cada escola deportiva consistirá nunha única sesión semanal. Con todo, existen excepcións para as seguintes modalidades:

  • As escolas deportivas, “Ximnasia de mantemento en Muros (Pavillón de Miraflores) e Ximnasia de mantemento/Body Tónic en Esteiro, (Pavillón Xosé Lago)” contarán con 2 sesións semanais ao realizarse en instalacións propiamente deportivas.

Con isto, as persoas que participen nas actividades de ximnasia de mantemento en Louro, Abelleira e Torea poderán dispoñer dunha sesión adicional en calquera das instalacións propiamente deportivas, “Ximnasia de mantemento en Muros (Pavillón de Miraflores) ou ximnasia de mantemento/Body Tónic en Esteiro (Pavillón Xosé Lago), sempre previa comunicación ao Concello de Muros.

Os horarios faranse públicos o 23 de setembro de 2026. Estarán expostos nos taboleiros dos pavillóns, no Centro Cultural e Xuvenil de Muros, na páxina web do Concello de Muros, www.muros.gal e na sede electrónica municipal, sede.muros.gal.

Para a consulta telefónica dos horarios habilítanse os seguintes teléfonos:

  • 682 212 336 (pavillón de Miraflores)
  • 981 762 294 (oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros

4. Prazas

A. Esteiro (Pavillón Xosé Lago)

MODALIDADEPRAZAS
BádmintonSen límite
PatinaxeSen límite
Ximnasia mantemento/body tónicSen límite
Ximnasia rítmicaLimitadas

B. Muros (Pavillón de Miraflores/piscina municipal de Muros)

MODALIDADEPRAZAS
Actividades predeportivasSen límite
BaloncestoSen límite
Fútbol salaSen límite
PatinaxeSen límite
Ximnasia de mantementoSen límite
Iniciación ao xadrezSen límite
Taekwondo*Limitadas

* Impartirase na piscina municipal de Muros

C. Louro

MODALIDADEPRAZAS
Ximnasia de mantementoLimitadas

D. Abelleira

MODALIDADEPRAZAS
Ximnasia de mantementoLimitadas

E. Torea

MODALIDADEPRAZAS
Ximnasia de mantementoLimitadas

A adxudicación das prazas pode ser:

  • Directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles en cada modalidade.
  • Por sorteo, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles en cada modalidade.

Será necesario un número mínimo de 10 persoas para a constitución de cada escola deportiva.

5. Preinscrición: Do 9 de setembro ata as 14.00 h do 19 de setembro de 2026

É persoal e intransferible. A preinscrición farase nas oficinas da Centro Cultural e Xuvenil de Muros, por medio da sede electrónica do Concello de Muros ou cubrindo o seguinte formulario:

No caso de rexistrar para a mesma persoa máis dunha solicitude, só se terá en conta a última, anulando con esta todas as feitas con anterioridade.

6. Matrícula: Do 24 ao 30 de setembro de 2026 (ambos incluídos)

É persoal e intransferible e deberase facer unha vez comprobada a adxudicación da praza, os horarios das escolas e do/s grupo/s no que a persoa interesada solicitou a preinscrición.

O alumnado deberá aboar a cota de participación no número de conta establecido por parte do Concello de Muros durante o período de matrícula.

7. Cota

A cota de participación será de 30,00 € anuais e deberase aboar no período de matrícula.

8. Inicio das actividades: 5 de outubro de 2026

As escolas deportivas constituídas darán comezo a partir do 5 de outubro de 2026 (luns) en función do día que lle corresponda a cada actividade.

9. Datas

As escolas deportivas impartiranse dende o 05/10/2026 ata o 28/05/2027, interrompéndose durante os períodos vacacionais correspondentes.

10. Requisitos

A. Para poder asistir ás escolas deportivas é preciso:

  • Nacer nalgún dos anos correspondentes ás diferentes quendas.
  • Non padecer ningunha enfermidade que lle impida practicar deporte.

B. O pai, a nai ou titor/a deberá cumprimentar a pertinente autorización de participación nos cursos.

11. Outros

Se houbera a suficiente demanda para constituír outra escola deportiva que non se recolle nestas bases, estudarase a posibilidade de poder incluíla.

Calquera circunstancia que non apareza nestas bases será tratada de maneira individual, previa solicitude da persoa interesada, así como calquera circunstancia de carácter especial que se puidera producir.