BANDOS | Informamos á veciñanza que con motivo do celebración da III Mar de Muros Tríatlon “Trofeo Iván Raña” o próximo sábado 12 de xuño


Informamos á veciñanza que o vindeiro 12 de xuño con motivo do III Mar de Muros Tríatlon “Trofeo Iván Raña” a estrada comarcal AC-550 permanecerá cortada ao tráfico entre os puntos quilométricos 40,5 a 38,0 en dirección Muros – Cee, puntos que se corresponden coa zona da lonxa vella e coa da estación depuradora do cámping “A Vouga”.

SÁBADO 12 DE XUÑO DE 2021
O HORARIO DO CORTE SERÁ
DE 16.30 A 18.45 H

Contarase con persoal da Policía Local, GES Muros e Protección Civil que garantirá a seguridade tanto das persoas participantes na proba coma da veciñanza, polo que lle rogamos que atenda ás súas indicacións.
Agradecerlle a súa comprensión e a súa colaboración, así como, sinalarlle que na medida do posible organice o uso do seu vehículo para minimizar incidencias tanto para vostede como para o desenvolvemento da proba deportiva.


Informamos á veciñanza que con motivo do celebración da III Mar de Muros Tríatlon “Trofeo Iván Raña” o próximo sábado 12 de xuño está,

PROHIBIDO O ESTACIONAMENTO
Dende: ás 15.00 h do venres 11 de xuño
Ata: ás 19.30 h do sábado 12 de xuño
Zona: zona portuaria de Muros

Agradecerlles a súa comprensión e a súa colaboración, así como, sinalarlles que na medida do posible organicen o aparcamento dos seus vehículos para minimizar as incidencias.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close