BANDO | Suspensión das actividades deportivas, educativas, culturais e sociais organizadas ou autorizadas polo Concello dende o 20 de agosto ata o 30 de agosto

Dª María Inés Monteagudo Romero, alcaldesa do Concello de Muros, en base ás atribucións que me confire a lei

FAGO SABER:

Que como consecuencia das extraordinarias circunstancias provocadas polo COVID-19 e seguindo as recomendacións da Xunta de Galicia sobre a adopción de medidas preventivas, esta Alcaldía en uso da competencia establecida no artigo 21 1m) da LRBRL resolveu mediante Decreto do día 20 de agosto o seguinte:

Primeiro.- Suspender as actividades deportivas, educativas, culturais, sociais… organizadas ou autorizadas polo Concello dende hoxe, día 20 de agosto, ata o próximo domingo 30 de agosto. Quedan en suspenso tamén durante ese prazo as autorizacións para uso de locais municipais.

Segundo.- Recoméndase seguir con atención as indicacións das autoridades sanitarias e solicítase de toda a veciñanza a máxima colaboración. En particular insistir na obrigatoriedade do uso de máscara, mantemento de distancia social, hixiene respiratoria e de mans. Respectar os aforamentos recomendados en establecementos abertos ao público e reunións  de carácter privado.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close