BANDO | Novas restricións pola COVID-19 (26.01.2021)

M. INÉS MONTEAGUDO ROMERO, como alcaldesa-presidenta do Concello de Muros, en base ás atribucións que me confire a lei  FAGO SABER:

Que, segundo a evolución epidemiolóxica e a situación asistencial, o comité clínico celebrado no día de onte decidiu elevar a totalidade de concellos de Galicia a un nivel extremo de restricións que busca reducir ao mínimo a interacción social, incidindo ademais no control da interacción entre persoas non convivintes, que non poderán realizar actividades conxuntas. Todos os concellos terán peche perimetral dende as 00:00 do día 27 de xaneiro ata polo menos o 17 de febreiro, aplicándose as seguintes medidas:

-A liberdade de circulación das persoas en horario nocturno está limitada entre as 22:00 h e as 06:00 h, excepto en casos xustificados e debidamente acreditados.

-A mobilidade redúcese ao territorio do propio concello, excepto aqueles casos xustificados e debidamente acreditados.

Limítanse os grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados, ás persoas convivintes.

Hostalaría e restauración: unicamente se permite o servizo para recoller no establecemento (ata as 21:30 h) ou a entrega no domicilio (ata as 00:00 h).

Comercio non esencial: peche ás 18:00 h e aforos limitados.

Comercio esencial (alimentación, farmacias, gasolineiras, talleres…): peche ás 21:30 h e aforos limitados. O mercado semanal queda limitado aos postos de alimentación.

-Continúan pechados os parques infantís e suspéndense todas as actividades impartidas en pistas polideportivas, pavillóns, instalacións deportivas e culturais municipais. Particularmente faise referencia ao Centro Cultural e Xuvenil de Muros (auditorio, biblioteca, aula CEMIT), Centro San Xosé, Centro de Sel, Muíño de Marea, Sala Nasmo, Centro Sociocultural de Louro, Centro de Surribos, Centro Reitoral de Torea, Centro Agro Vello, Casa da Sociedade, Centro O Areal, Pavillón Xosé Lago, Pavillón de Miraflores, Piscina, Campos de fútbol X.L. Vara, E. Balayo e Agra da Filgueira, Pista de pádel, e pistas deportivas ao aire libre, que estarán pechados a todo tipo de actividade.

-As clases da ESMU impartiranse en modalidade telemática.

-Só se permite o deporte individual ao aire libre e sempre coa máscara.

-Recordar as normas xerais: uso de máscara obrigatorio, manter distancia interpersoal, limitar contactos, ventilación de espazos, e atender as recomendacións sanitarias. Recoméndase o autoconfinamento sempre que sexa posible.