BANDO | Normas para os lumiños de San Xoán

Este ano as festas de San Xoán vanse celebrar nunhas circunstancias especiais, cando aínda non nos recuperamos da situación excepcional provocada polo COVID-19, que vivimos nestes meses. É importante polo tanto cumprir unha serie de normas, tanto de seguridade e prevención de lumes, coma de aglomeración de persoas e normas hixiénicas e sanitarias.

SOLICITUDES

As persoas, asociacións ou comunidades que desexen realizar unha cacharela deberán presentar a solicitude no Concello de Muros, antes das 14.00 h do día 18 de xuño de 2020, cumprimentando o modelo de solicitude e achegando a documentación.

NORMAS PARA A REALIZACIÓN DOS LUMIÑOS

1.- Non está permitido facer as laradas nas PRAIAS, VÍAS PÚBLICAS, XARDÍNS OU PARQUES PÚBLICOS, en terreos forestais ou nas proximidades de masas arbóreas.

2.- As laradas ou cacharelas situaranse en lugares seguros, de tal xeito, que non exista perigo de propagación accidental ás vivendas, instalacións ou terreos próximos. Deberán ter en conta a existencia de cableado, tendidos eléctricos, etc.  Arredor da cacharela deixarase unha franxa duns 5 m libre de calquera elemento combustible.

3.- Deberán situarse en zonas afastadas de masas arbóreas polo menos 50 m. As persoas responsables deben asegurarse de contar con medios de extinción mínimos pero suficientes para o seu uso inmediato en caso de ser necesario.

4.- Non se permite a utilización de líquidos inflamables nin queimar produtos contaminantes (plásticos, pinturas, goma…). Tampouco se poderán queimar residuos ou restos domésticos, forestais ou agrícolas.

5.- As laradas deben estar baixo vixilancia en todo momento, as persoas responsables deben asegurarse de que o lume queda completamente apagado.

6.- O número de asistentes non superará o que determine a normativa sanitaria de aplicación no momento da celebración da festa.

7.- Non se poderá aproveitar para queimar residuos ou restos domésticos, forestais ou agrícolas, xa que é motivo de denuncia. (En caso de non estar suspendidos os permisos, deberase pedir unha comunicación ou autorización, para restos agrícolas e forestais).

8. Non se poderá abandonar a larada ata estar seguros de que o lume quedou completamente apagado, debendo retirar todos os restos que queden unha vez rematado o evento.

9.- As autorizacións outorgadas non eximirán, en ningún caso, das responsabilidades por danos e prexuízos a que houber lugar no caso de que concorrese neglixencia ou imprudencia.

10.- As cacharelas poderán ser revisadas polos servizos municipais para ver se cumpren a normativa esixida.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close