BANDO | Normas para os lumiños de San Xoán

Este ano, como no anterior, as festas de San Xoán vanse celebrar nunhas circunstancias especiais, debido á epidemia provocada pola Covid-19. É importante polo tanto, para impedir riscos, evitar contaxios e non incrementar a incidencia no municipio, cumprir cunha serie de normas, tanto de seguridade e prevención de lumes, como de aglomeración de persoas e normas hixiénicas e sanitarias.

SOLICITUDES

As persoas, asociacións ou comunidades que desexen realizar unha cacharela deberán presentar a solicitude no Concello de Muros, antes das 14.00 horas do día 18 de xuño de 2021, cumprimentando o modelo de solicitude e achegando a documentación.

NORMAS PARA A REALIZACIÓN DOS LUMIÑOS DE SAN XÓAN

1.- Non está permitido facer as laradas nas PRAIAS, VÍAS PÚBLICAS, XARDÍNS OU PARQUES PÚBLICOS, en terreos forestais ou nas proximidades de masas arbóreas.

2.- As laradas ou cacharelas situaranse en lugares seguros, de tal xeito, que non exista perigo de propagación accidental cara ás vivendas, instalacións ou terreos próximos. Deberán ter en conta a existencia de cableado, tendido eléctrico, etc. Arredor da cacharela deixarase unha franxa duns 5 metros libre de calquera elemento combustible.

3.- Deberán situarse en zonas afastadas de masas arbóreas polo menos 50 m. Os/as responsables deben asegurarse de contar con medios de extinción mínimos pero suficientes para o seu uso inmediato no caso de ser necesario.

4.- Non se permite a utilización de líquidos inflamables nin queimar produtos contaminantes (plásticos, pinturas, gomas…).

5.- As laradas deben estar baixo vixilancia en todo momento. Non poderán abandonar a larada ata estar seguros de que o lume quedou completamente apagado, e deben retirar todos os restos que queden unha vez remate o evento.

6.- O número de asistentes non superará o que determine a normativa sanitaria de aplicación no momento da celebración da festa.

7.- As autorizacións outorgadas non eximirán, en ningún caso, das responsabilidades por danos e prexuízos que tivesen lugar no caso de que concorrese neglixencia ou imprudencia.

8.- As cacharelas poderán ser revisadas polos servizos municipais para ver se cumpren a normativa exixida.


Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close