M. INÉS MONTEAGUDO ROMERO, como Alcaldesa-Presidenta do Concello de Muros, en base ás atribucións que me confire a Lei.
FAGO SABER
Que, segundo a decisión adoptada polo Comité Clínico da Consellería de Sanidade na súa reunión de onte, todo o territorio do noso concello está pechado e en nivel de restriccións medio-alto dende as 00:00 h. do día 30/12/2020, pola incidencia do Covid 19. En consecuencia:
-A liberdade de circulación das persoas en horario nocturno está limitada entre as 23:00 h. e as 06:00 h, excepto en casos xustificados e debidamente acreditados.
Os desprazamentos entre concellos para visitas familiares só están permitidos dende as 00:00 h. do día 30 ata as 23:00 h. do día 1, aínda que a recomendación é limitar os contactos aos convivintes.
O día de Noitevella a circulación en horario nocturno amplíase ata a 01:30 h.
-Limítanse os grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados, a un máximo de catro (4) persoas, excepto no caso de persoas convivintes.
–Hostalaría e restauración: non está permitido o consumo en barra, no interior o aforo permitido é do 30% e en terraza do 50% das mesas. Ocupación máxima será de 4 persoas por mesa ou agrupación de mesas, respectando a distancia mínima de seguridade interpersoal entre elas.
O horario de peche ao público ás 18:00 h. O día 1 o horario de apertura ás 11:00 h.
–Comercio e mercados ao aire libre: en locais e establecementos o límite do aforo é o 50% da capacidade. O mercado semanal queda limitado aos postos de alimentación.
-Peche de parques infantís.
-As restriccións en canto á vida social e comunitaria afectan ás celebracións relixiosas ou civís, lugares de culto, velorios, enterramentos, bibliotecas, arquivos e museos, cines, teatros e auditorios, centros recreativos e centros cívicos e sociais. En xeral os aforos están limitados a un máximo de persoas ou % de capacidade. As restriccións en actividades deportivas non federadas, celebración de eventos deportivos, adestramentos e demáis podénse consultar na web inicio.coronavirus.gal, restriccións por concellos, restriccións nivel medio-alto.
-Recordar as normas xerais: uso de máscara obrigatorio, manter distancia interpersonal, limitar contactos, ventilación de espazos, e atender as recomendacións específicas para Nadal.
-Estas normas estarán en vigor ata o cambio de nivel que decidan as autoridades competentes.
Muros, 29 de decembro de 2020
A Alcaldesa
M. Inés Monteagudo Romero