BANDO | Bando municipal sobre as limitacións durante a 13ª Etapa da volta a España – Muros – Miradoiro do Ézaro

Prezadas veciñas e veciños,

O Concello de Muros pon en coñecemento da cidadanía que o próximo 3 de novembro a vila de Muros será lugar da saída da 13ª etapa da La Vuelta España 2020 que rematará no miradoiro do Ézaro, un acontecemento único que suporá unha repercusión mediática a nivel mundial. Ademais, esta etapa terá un carácter moi especial ao tratarse da única contra reloxo individual, polo cal será determinante para coñecer o gañador final.

Este evento implicará que a maior parte da vila e a súa contorna se vexa afectada pola loxística do evento, desta maneira será imprescindible a colaboración e compresión da veciñanza.

Así, facendo uso da facultade que me concede o artigo 124.4 letra g, da Lei 7 /1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local,

FAGO SABER

  • Durante os días previos á celebración da etapa acoutaremos os lugares para o estacionamento de vehículos.
  • Durante a xornada da etapa levaranse a cabo limitacións de mobilidade e peche da AC550.
  • Habilitaranse zonas específicas para o estacionamento de vehículos.
  • Os servizos de seguridade velarán polo cumprimento das normas establecidas.
  • Publicarase na web do Concello de Muros un documento con recomendacións e consellos.

Muros, 13 de outubro 2020

A alcaldesa
Inés Monteagudo Romero

CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN DA ORGANIZACIÓN DE LA VUELTA

Moi ao noso pesar, temos que pidirvos ás/aos espectadoras/es que debido á crise sanitaria pola COVID19 vos quededes na casa e sigades a carreira pola TV, co obxectivo de evitar aglomeracións nos puntos clave de seguimento da etapa.


Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close