BANDO | Medidas de prevención e recomendacións COVID-19

M. INÉS MONTEAGUDO ROMERO, como Alcaldesa-Presidenta do Concello de Muros, en base ás atribucións que me confire a Lei  FAGO SABER

Que a Orde do 8 de xullo da Consellería de Sanidade, publicada no DOG 129-bis, de 8 de xullo, establece:

Medidas de prevención en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios: obrigatoriedade de declaración segundo a procedencia (https://www.sergas.es/Saude-publica/benvida-viaxeirxs).

-Recomendacións relativas á permanencia de grupos en espazos públicos ou privados: recoméndase que os grupos non superen as 6 persoas, como máximo, en espazos pechados, e as 15 persoas, como máximo en espazos abertos ou ao aire libre.

-Plan de hostalaría segura: a Consellería de Sanidade continuará desenvolvendo o plan (https://coronavirus.sergas.es/Contidos/Hostalaria-segura).

-Medidas de prevención específica aplicables na CAG:

  • Obriga de cautela e protección, para todo os cidadáns.
  • Persoas con síntomas: permanencia no domicilio e comunicalo ao seu servizo sanitario.
  • Distancia de seguridade interpersoal, mínima de 1,5 mts entre non convivintes.
  • Uso de máscara obrigatorio: en espazos pechados de uso público ou abertos ao público, e en espazos abertos cando non resulte posible a distancia interpersoal. Deberá cubrir desde a parte do tabique nasal ata o queixo, incluído.
  • Recoméndase o uso de máscara no caso de reunións de persoas non convivintes, así como o mantemento da distancia de seguridade e a aplicación de medidas de ventilación e hixiene.
    Limitacións de capacidade e medidas de prevención específica por sectores (https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Nivel-Restricion-Media-Baixa).

Actividades prohibidas: consumo en grupo de bebidas alcohólicas na vía pública, nos parques, xardíns e prazas públicas e outros lugares de tránsito público. En particular, a partir das 00:00 horas ata as 06:00 horas, estará restrinxido o acceso aos seguintes lugares: parque e praia de San Francisco, praia de Godai e inmediacións, parque e praia do Castelo, Chalón, entorno do pavillón Xosé Lago, praia de Parameán.

Estas medidas terán efectos desde as 00:00 horas do día 10 de xullo, e serán obxecto de seguimento e avaliación continua, polo que poderán ser prorrogadas, modificadas ou levantadas pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

Muros, 09 de xullo de 2021

A Alcaldesa

M. Inés Monteagudo Romero

Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close