Dende o Concello de Muros informamos á veciñanza que, a causa da ALERTA LARANXA emitida pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), que afecta a diversas zonas de Galicia a partir do mediodía do venres 24, e recoméndase:
- Adoptar medidas preventivas para garantir a seguridade.
- Evitar desprazamentos innecesarios.
- Non permanecer en zonas arboradas, parques ou espazos exteriores expostos a refachos de vento e fortes precipitacións.
E decrétase a suspensión de todas as actividades programadas ao aire libre mentres dure esta alerta.
Agradecemos a colaboración da veciñanza e rogamos que sigan as recomendacións das autoridades. Ante calquera emerxencia, chamen ao 112.
BANDO ALERTA LARANXA 24-1-2025