BANDO | Fase 1 – COVID-19

María Inés Monteagudo Romero, como alcaldesa-­presidenta do Concello de Muros,

O 9 de maio publicouse no Boletín Oficial do Estado a Orde SND/399/2020, de 9 de maio, para a flexibilización de determinadas restricións de ámbito nacional, establecidas tras a declaración do estado de alarma en aplicación da fase 1 do Plan para a transición cara á unha nova normalidade

Vista a Orde e de acordo coas competencias establecidas polo estado de alarma, en aplicación da fase 1 do Plan para a transición cara á unha nova normalidade, é polo que a través deste BANDO,

FAGO SABER:

Primeiro.­ Deberase adoptar as medidas necesarias para cumprir coas normas de seguridade e de hixiene e/ou prevención nos sectores de actividade que poden reiniciar a súa actividade mediante a utilización de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade virucida autorizados e rexistrados polo Ministerio de Sanidade para a limpeza de mans, ou cando isto non sexa posible, auga e xabón.

Segundo.­ De acordo co disposto no artigo 5.2 da Orde 380/20 elimínanse as franxas horarias para as saídas da poboación xeral (persoas e deporte non profesional) en todas as parroquias do termo municipal e, independente da anulación das franxas horarias, segue vixente as demais restricións establecidas pola normativa estatal.

A práctica do deporte será individual, unha vez ao día.

Maiores de 14 anos:
Poderase saír aos paseos acompañado dunha persoa convivinte, unha vez ao día e a un quilómetro de distancia do domicilio.

Menores de 14 años:
Os paseos de menores de 14 años será unha vez ao día con distancia máxima de un quilómetro e sempre acompañados por unha persoa adulta que como máximo poderá acompañar a tres nenos ou nenas.

Terceiro.­ Procederase á reapertura do cemiterio municipal cun aforo máximo de 15 persoas para acompañar a enterros e 15 persoas máis, noutro caso, gardando a distancia de seguridade de dous metros.

Cuarto.­ Non se procederá á realización de mercados no termo municipal durante esta primeira fase de desescalada.

Quinto.­ Procederase á apertura da Biblioteca municipal de Muros, unicamente para realización e devolución de préstamos, mediante solicitude ao teléfono 981 762 294 en horario de 8.00 a 14.00 h e atención ao público con cita previa de luns a venres de 11.00 a 13.30 h.

Sexto.­ Os centros de interpretación, as salas e centros de exposición municipais permanecerán pechadas ao público durante esta primeira fase.

Sétimo.­ Non están prevista a organización polo Concello de actividades culturais, nin espectáculo públicos durante esta primeira fase.

Oitavo.­ Os centros deportivos e as instalación deportivas municipais non abrirán ao público durante esta primeira fase.

Noveno.­ Nas praias, áreas recreativas e espazos naturais do termo municipal, unicamente se poderán realizar as actividades permitidas, de paseo e deporte individual, e nas condicións establecidas na norma (Orde SND 380/20 de 30 de abril publicada no BOE nº121 de 1 de maio de 2020)

En todo caso, prégase a toda a cidadanía que actúe con responsabilidade e prudencia e que
siga as recomendacións das autoridades sanitarias.


En Muros, a alcaldesa

| Descargar documento

Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close