Dna. Inés Monteagudo Romero, en calidade de alcaldesa do Concello de Muros (A Coruña),
FAGO SABER:
O pasado 20 de abril publicouse no DOG o Decreto 61/2021, de 8 de abril, polo que se regula o informe de avaliación do edificios (IAE) e se crea o rexistro galego de informes de avaliación dos edificios, que entrou en vigor o 20 de maio.
O informe de avaliación é un documento que acredita o estado de conservación do edificio, avalía a súa accesibilidade universal e informa sobre a súa eficiencia enerxética.
De acordo con este Decreto as comunidades de propietarios ou as persoas propietarias de edificios de uso residencial de vivenda colectiva cunha antigüidade igual ou superior a 50 anos teñen un ano para presentar o informe da avaliación no rexistro municipal do Concello de Muros.
O prazo para a presentación remata o 20 de maio de 2022.