fondo-concello-inicio

Aviso legal

DIRECTORIO

Concello

Aviso legal

CONDICIÓNS XERAIS DE ACCESO E USO DO SITIO WEB WWW.MUROS.GAL

O sitio web www.www.muros.gal é propiedade de Concello de Muros (en diante, Concello de Muros), con domicilio a efectos de notificacións en Curro da Praza, 1 , CIF núm. P1505400J, e correo electrónico alcaldia@muros.es, e a través do mesmo proporciónase información sobre as súas actividades e/ou servizos.

O acceso e uso do sitio web atribúe ao que o realiza a condición de “usuario” e implica a aceptación íntegra, expresa e sen reservas destas condicións xerais, vixentes no momento do acceso. Se a persoa usuaria non comprendese na súa totalidade estas condicións de uso ou non estivese de acordo con elas, debería absterse de utilizar e operar a través deste sitio web.

Estas condicións xerais rexen única e exclusivamente o uso do sitio web de Concello de Muros por parte das persoas usuarias que accedan e/ou naveguen por www.www.muros.gal. Estas condicións xerais expóñense en todas e cada unha das páxinas do sitio web www.muros.gal, para que as persoas usuarias poidan lelas, imprimilas e arquivalas.

PRIMEIRA.- CONDICIÓNS DE ACCESO E USO

A utilización do sitio web de Concello de Muros é gratuíta e non require o previo rexistro da persoa usuaria. Naqueles casos que o acceso e/ou uso de determinados servizos e/ou contidos requirisen o rexistro ou subscrición das persoas usuarias, será necesario que estes acepten previamente a correspondente política de privacidade e as condicións xerais específicas, non sendo posible o acceso a estes sen a correspondente aceptación.

As condicións de acceso e uso deste sitio web réxense estritamente pola legalidade vixente e polo principio de boa fe, comprometéndose a persoa usuaria a realizar un bo uso da web. Quedan prohibidos todos os actos que vulneren dereitos ou intereses de terceiros (dereito á intimidade, protección de datos, propiedade intelectual, etc.), ou a legalidade vixente.

Concello de Muros prohibe expresamente:

– Realizar accións que poidan producir no sitio web ou a través deste, por calquera medio, calquera tipo de dano aos sistemas de Concello de Muros ou a terceiros.

– Realizar sen a debida autorización calquera tipo de publicidade ou información comercial directamente ou de forma encuberta, ou envío de correos masivos (spaming) ou envío de grandes mensaxes co fin de bloquear servidores da rede (mail bombing).

A persoa usuaria comprométese a non utilizar o sitio web, nin os contidos ou información e/ou os servizos que se ofrecen neste para a realización de actividades contrarias á lei e a respectar en todo momento estas condicións xerais.

Concello de Muros poderá interromper en calquera momento o acceso ao seu sitio web se detecta un uso contrario á legalidade, a boa fe ou a estas condicións xerais.

SEGUNDA.- CONTIDOS

Os contidos incorporados neste sitio web foron elaborados e incluídos polo Concello de Muros, utilizando fontes internas e externas, de tal modo que o Concello de Muros unicamente se fai responsable dos contidos elaborados de forma interna.

Concello de Muros resérvase o dereito a modificar en calquera momento os contidos existentes no seu sitio web. O Concello de Muros non asegura nin se responsabiliza do correcto funcionamento dos enlaces a sitios web de terceiros que figuren en www.muros.gal.

Ademais, a través  do sitio web www.muros.gal, poden pórse a disposición das persoas usuarias, servizos gratuítos e/ou de pagamento ofrecidos por terceiros alleos, que se rexerán polas condicións particulares deses servizos. O Concello de Muros non garante en ningún  caso a veracidade, exactitude ou actualidade dos contidos e servizos ofrecidos por terceiros e queda expresamente exonerado de calquera tipo de responsabilidade polos datos e prexuízos que poidan derivarse da falta de exactitude destes contidos e servizos.

Aqueles contidos -tanto gráficos como escritos- elaborados e incluídos polas persoas usuarias, a través de colaboracións ou mediante a introdución voluntaria, ben directa ou indirectamente -a través de enlaces ou links-, son de exclusiva responsabilidade das propias persoas usuarias, quedando expresamente exento o Concello de Muros de toda responsabilidade.

A persoa usuaria que introduza calquera contido no sitio web www.muros.gal manifesta a absoluta legalidade e autoría destes e expresamente asume todo tipo de responsabilidade que se poida derivar destes contidos.

A persoa usuaria tamén se fai responsable das opinións introducidas no chat e foros postos á súa disposición, no seu caso, a través  do sitio web. O Concello de Muros non será responsable en ningún caso das opinións vertidas nos referidos foros e poderá retirar contidos e/ou impedir o acceso aos/ás usuarios/as que vulneren a legalidade vixente así­ como pór en coñecemento dos xulgados e tribunais os feitos que sexan constitutivos dalgún tipo de ilícito penal ou civil.

TERCEIRA.- RESPONSABILIDADE

O Concello de Muros en ningún caso será responsable de:

– Os fallos e incidencias que puidesen producirse nas comunicacións, borrado ou transmisións incompletas de maneira que non se garante que os servizos do sitio web estean constantemente operativos.

– Da produción de calquera tipo de dano que as persoas usuarias ou terceiros puidesen ocasionar no sitio web.

– Da fiabilidade e veracidade das informacións introducidas por terceiros no sitio web, ben directamente, ben a través de enlaces ou links.

O Concello de Muros resérvase o dereito a suspender o acceso sen previo aviso e forma discrecional e con carácter definitivo ou temporal ata o aseguramento da efectiva responsabilidade dos danos que puidesen producirse.

O Concello de Muros colaborará e notificará á autoridade competente as incidencias anteriormente indicadas no momento en que teña coñecemento de que os danos ocasionados constitúan calquera tipo de actividade ilí­cita.

CUARTA.- DEREITOS DE AUTOR

Os contidos propios, a programación e o deseñou do sitio web www.muros.gal atópase plenamente protexido polos dereitos de autor, quedando expresamente prohibida toda reprodución, comunicación, distribución e transformación dos referidos elementos protexidos, salvo consentimento expreso de Concello de Muros.

Concello de Muros pode utilizar fontes externas para a elaboración dos seus contidos e establecer links ou hiperenlaces a artigos ou informacións de terceiros citando sempre a fonte. O lexí­timo titular dos dereitos de autor das informacións así incluídas poderá solicitar en calquera momento a eliminación dos referidos contidos.

Os materiais tanto gráficos como escritos enviados polos usuarios a través dos medios que se pon ao seu disposición no sitio web son propiedade da persoa usuaria quen afirma ao envialos a súa lexítima autoría e cede os dereitos de reprodución e distribución ao Concello de Muros.

QUINTA.- XURISDICIÓN E LEI APLICABLE

Estas condicións xerais réxense pola lexislación española. Son competentes para resolver toda controversia ou conflito que se derive destas condicións xerais os Xulgados de Muros, renunciando expresamente a persoa usuaria a calquera outro foro que puidese corresponderlle.

SEXTA.- MISCELÁNEA

No caso de que calquera cláusula deste documento fóra declarada nula, as demais cláusulas seguirán vixentes e interpretaranse tendo en conta a vontade das partes e a finalidade mesma destas condicións. O Concello de Muros poderá non exercitar algún dos dereitos e facultades conferidos neste documento o que non implicará en ningún caso a súa renuncia, salvo recoñecemento expreso por parte do Concello de Muros.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close