SNL
ANUNCIO | Resultado do proceso selectivo de contratación do profesorado para a ESMU
Anuncio do resultado do proceso selectivo de contratación do profesorado de violín e canto para a Escola de Música de Muros para o curso 2020/2021
ANUNCIO | Proposta definitiva de contratación para o Centro de interpretación do patrimonio marítimo da conserveira de Sel
Anuncio da proposta definitiva contratación dun/dunha técnico/a para o Centro de interpretación do patrimonio marítimo da conserveira de Sel para o ano 2020
ANUNCIO | Resultado da realización do exercicio do proceso selectivo dun/dunha técnico/a para centro de interpretación do patrimonio marítimo de Sel
Anuncio resultado do primeiro exercicio do proceso selectivo dun técnico/a para centro de interpretación do patrimonio marítimo de Sel
PROTOCOLO COVID | Plan de prevención da reapertura da piscina municipal
Medidas de prevención fronte ao COVID 19 na reapertura da piscina municipal do Concello de Muros:
PROTOCOLO COVID | Reapertura das instalacións deportivas do Concello de Muros
Medidas de prevención e proceso de solicitude das instalacións municipais por parte de entidades e clubs deportivos.
PROTOCOLO COVID | Reapertura das instalacións culturais do Concello de Muros
Proceso para a reapertura dos locais culturais do Concello de Muros Postcovid19.
INFORMACIÓN | Convenio de xestión de biomasa
O convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e Seaga, en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais, para o establecemento dun sistema público de xestión de biomasa nas faixas secundarias, ao que o Concello de Muros está adherido, recolle unha serie de medidas preventivas de gran calado en materia de apoio técnico e financeiro para actuacións preventivas de competencia municipal.
No ano 2020 a parroquia priorizada é Louro, así pois nas parcelas incluídas nas faixas secundarias desta parroquia, os/as propietarios/as teñen a posibilidade de asinar un contrato moi vantaxoso de xestión da biomasa con Seaga, sendo o importe anual deste contrato de 35 € por cada 1000 m2 de superficie que se limpe.
É por isto que os/as propietarios/as das parcelas incluídas nas faixas secundarias da parroquia de Louro recibirán por correo unha comunicación na que se lles explica o procedemento e a proposta de contrato para que o asinen se o consideran oportuno.
CONVOCATORIA | Proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa para o servizo de limpeza de praias 2020
Por Resolución de Alcaldía núm. 673/2020 de 17 de xuño, aprobáronse as bases e a convocatoria do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa para o servizo de limpeza de praias 2020 e para a elaboración dunha bolsa de traballo en réxime de contratación laboral temporal a tempo completo, financiado pola Deputación da Coruña dentro do programa MA100/2020, e que se transcriben a continuación:
CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL A XORNADA COMPLETA PARA O SERVIZO DE LIMPEZA DE PRAIAS 2020 E PARA A ELABORACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO EN RÉXIME DE CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL A TEMPO COMPLETO FINANCIADO POLA DEPUTACIÓN DA CORUÑA DENTRO DO PROGRAMA MA100/2020
1. Obxecto da convocatoria
Ten por obxecto esta convocatoria a selección para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa para o servizo de limpeza de praias, anualidade 2020, durante un período de 3 meses mediante calquera das modalidades de contratación previstas no Real decreto lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores. A xornada será de luns a domingo cos descansos que establece a lei. As datas de inicio e de finalización dos contratos serán os establecidos na resolución da contratación.
Esta convocatoria está vinculada á concesión definitiva da subvención solicitada á Deputación da Coruña para a contratación de persoal por parte dos concellos para a limpeza de praias marítimas, solicitada dentro da convocatoria de subvencións da Deputación aprobadas na Xunta de Goberno do 10 de febreiro de 2020 e publicadas no BOP núm. 29 de 12 de febreiro de 2020.
No caso de que o Concello de Muros non resulte beneficiario desta subvención, este proceso suspenderase de inmediato e quedará sen ningún efecto.
2. Características do posto
Área de subscrición: Obras
Denominación do posto: Peón de limpeza de praias
Modalidade contractual: Contrato de obra ou servizo a tempo completo
Prazas: 5
Duración: 3 meses e 10 días
Grupo: V
Soldo: 1.108,34 euros
Titulación: Polas funcións a realizar, non se precisa estar en posesión de ningunha titulación. Cometido funcional: As funcións a desenvolver consisten nas tarefas de limpeza de praias e limpeza medioambiental. Así mesmo, realizarán aquelas outras tarefas que lle poidan ser encomendadas polos órganos municipais e polo seu superior xerárquico para a satisfacción das necesidades propias do servizo.
3. Sistema de selección
O sistema de selección será de concurso-oposición que se valorará de acordo co baremo establecido no punto 8 destas bases.
BANDO | Normas para os lumiños de San Xoán
Este ano as festas de San Xoán vanse celebrar nunhas circunstancias especiais, cando aínda non nos recuperamos da situación excepcional provocada polo COVID-19, que vivimos nestes meses. É importante polo tanto cumprir unha serie de normas, tanto de seguridade e prevención de lumes, coma de aglomeración de persoas e normas hixiénicas e sanitarias.
SOLICITUDES
As persoas, asociacións ou comunidades que desexen realizar unha cacharela deberán presentar a solicitude no Concello de Muros, antes das 14.00 h do día 18 de xuño de 2020, cumprimentando o modelo de solicitude e achegando a documentación.
NORMAS PARA A REALIZACIÓN DOS LUMIÑOS
1.- Non está permitido facer as laradas nas PRAIAS, VÍAS PÚBLICAS, XARDÍNS OU PARQUES PÚBLICOS, en terreos forestais ou nas proximidades de masas arbóreas.
2.- As laradas ou cacharelas situaranse en lugares seguros, de tal xeito, que non exista perigo de propagación accidental ás vivendas, instalacións ou terreos próximos. Deberán ter en conta a existencia de cableado, tendidos eléctricos, etc. Arredor da cacharela deixarase unha franxa duns 5 m libre de calquera elemento combustible.
3.- Deberán situarse en zonas afastadas de masas arbóreas polo menos 50 m. As persoas responsables deben asegurarse de contar con medios de extinción mínimos pero suficientes para o seu uso inmediato en caso de ser necesario.
4.- Non se permite a utilización de líquidos inflamables nin queimar produtos contaminantes (plásticos, pinturas, goma…). Tampouco se poderán queimar residuos ou restos domésticos, forestais ou agrícolas.
5.- As laradas deben estar baixo vixilancia en todo momento, as persoas responsables deben asegurarse de que o lume queda completamente apagado.
6.- O número de asistentes non superará o que determine a normativa sanitaria de aplicación no momento da celebración da festa.
7.- Non se poderá aproveitar para queimar residuos ou restos domésticos, forestais ou agrícolas, xa que é motivo de denuncia. (En caso de non estar suspendidos os permisos, deberase pedir unha comunicación ou autorización, para restos agrícolas e forestais).
8. Non se poderá abandonar a larada ata estar seguros de que o lume quedou completamente apagado, debendo retirar todos os restos que queden unha vez rematado o evento.
9.- As autorizacións outorgadas non eximirán, en ningún caso, das responsabilidades por danos e prexuízos a que houber lugar no caso de que concorrese neglixencia ou imprudencia.
10.- As cacharelas poderán ser revisadas polos servizos municipais para ver se cumpren a normativa esixida.