CAMPAMENTOS | Campamentos de Semana Santa

A concellería de servizos sociais e CIM Muros xunto co departamento de cultura e deportes do Concello de Muros en anunciar os próximos campamentos de Semana Santa que se levarán a cabo os días 3, 4 e 5 de abril en horario de 9 a 14 h.

Estes campamentos están deseñados para proporcionar unha experiencia emocionante e educativa para nenos e nenas. Coa chegada das vacacións escolares de Semana Santa, estes campamentos ofrecen unha oportunidade ideal para que os nenos e nenas gocen do seu tempo libre nun bo ambiente así como desenvolver novas habilidades e a fomentar a súa creatividade.

Para máis información:


TEATRO | “As que limpan”, de a Panadaría, no Centro Cultural de Muros o sábado 18 de marzo

Teatro - As que limpan

TEATRO EN FEMININO NO CENTRO CULTURAL DE MUROS, NO MES DA MULLER TRABALLADORA

Día e hora: sábado 18 de marzo, 21:00 h
Local: Auditorio do Centro Cultural de Muros
Actividade: Teatro – A Panadaría – “As que Limpan”
Programa: Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC

Entradas, 3,50 €. Reserva previa

O sábado 18 de marzo, ás 21:00 h, chega ao Auditorio do Centro Cultural de Muros o espectáculo, “As que Limpan”, que trata sobre un tema de xustiza social, a loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por conseguir uns dereitos laborais e sociais xustos. Escrito, dirixido e interpretado por Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman, A Panadaría, pois este equipo decide non querer traballar de xeito xerárquico; e esta obra tornouse especialmente asemblearia. Todas escriben, dirixen e interpretan tódalas personaxes, pois consideran que iso facilita que o importante sexa o que se conta.. Este espectáculo foi coproducido co Centro Dramático Nacional; e pode clasificarse coma comedia ou teatro documental

Un cartel colga do manubrio da habitación. “Por favor, arregle el cuarto”. Ao regreso da praia, as camas feitas, as toallas limpas e o baño impoluto. Son “as que limpan”, as invisibles que cargan ás súas costas un sistema turístico precarizador.
As que limpan fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por conseguir uns dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas, a avaricia dos propietarios das cadeas hoteleiras.

As que limpan non fala só de traballadoras da limpeza, fala de mulleres e do chan mollado sobre o que camiñamos cada día.

Neste espectáculo, Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman, as tres tituladas en arte dramática e polifacéticas fundadoras de A Panadaría, formulan preguntas coma: ¿É posible revalorizar este traballo y desligalo do xénero? ¿Existe un turismo sostible? ¿Quen limpa a casa da limpadora?
Unha farsa hilarante e ao mesmo tempo reivindicativa da situación de explotación laboral que sofre este sector. Estas traballadoras, din, son a grande metáfora deste país, no que máis do 10% do seu PIB provén do turismo, en tanto se ve normal que máis do 99% das limpadoras sexan mulleres… E contra todo isto arremete esta compañía cun teatro cómico, popular, feminista e artesanal. Un teatro con escenografía mínima, ningún son gravado, un equipo integrado só por mulleres, con doses idénticas de acidez e humor, e que arrasan en cada espectáculo. En Muros xa puidemos gozar tamén do seu anterior traballo, “Elisa e Marcela”.

Esta función está incluída na Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC e as entradas, ao prezo de 3,50 €, poden ser reservadas nas oficinas do centro cultural, no teléfono 981762294, no correo cultura@muros.es ou no formulario creado para este fin.

A concelleira de cultura de Muros, Mayka González, anima a todas as persoas de Muros a gozar con outra nova sesión de teatro, nesta ocasión unha obra cómica, a vez que reivindicativa, sobre un tema que non é alleo a ninguén, especialmente axeitado para a reflexión nun pobo turístico, (aínda non masificado), e durante un mes de marzo.

PUNTO LIMPO MÓBIL – MUROS

O punto limpo móbil do Concello de Muros está financiado ao abeiro da ORDE do 1 de decembro de 2021, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Punto Limpo Móbil

IV CICLO | Camiños de coñecemento e experiencia 2023

É un programa de formación dirixido aos alumnos maiores de 50 anos, con independencia do seu nivel previo, pero con características e demandas de formación reguladas, que cada vez en maior medida esixe a composición demográfica da poboación.

Este ciclo formativo na Universidade de Santiago de Compostela denomínase IV Ciclo Universitario e, dende o seu comezo en outubro de 1997, busca a integración conceptual do programa nos demais ciclos que se imparten dentro desta Universidade.

DÍAS: 27, 28 (marzo) – 10, 11, 12, 13 (abril)

Lugar de celebración e matrícula:
Oficinas de Servizos Sociais.
R/ Rosalía de Castro s/n
Teléfono: 981 762 465

Programa da formación

27/03/2023 16:30 – 18:00 h
Seminario: Idadismo: desterrando prexuizos I.
Dna. Nieves Rodríguez Soler, Socióloga e Xerontóloga social. Colaboradora do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC

28/03/2023 16:30 – 18:00 h
Seminario: Idadismo: desterrando prexuizos II.
Dna. Nieves Rodríguez Soler, Socióloga e Xerontóloga social. Colaboradora do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC

10/04/2023 16:30 – 18:00 h
Seminario: Moda, arte e historia: unha lectura diferente do patrimonio galego.
Dna. Mónica Rey Cabezudo, Dra. en Historia del Arte. Colaboradora do Programa Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC

11/04/2023 16:30 – 18:00 h
Visita Santa María A Nova de Noia.
Dna. Mónica Rey Cabezudo, Dra. en Historia del Arte. Colaboradora do Programa Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC

12/04/2023 17:00 – 18:30 h
Seminario: O sono e os seus trastornos.
Dna. Mónica Antelo Martelo, Dra. en Psicoloxía. Profesora colaboradora do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC

13/04/2023 17:00 – 18:30 h
Sesión práctica: Técnicas para conciliar o sono.
Dna. Mónica Antelo Martelo, Dra. en Psicoloxía. Profesora colaboradora do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC


TEATRO | Os Monicreques de Kukas estrean “Viva Vivaldi (1, 2, 3 e catro estacións)” o sábado 11 no Centro Cultural de Muros

Día e hora: sábado 11 de marzo, 18:00 h.
Local: Auditorio do Centro Cultural de Muros
Actividade: Teatro – OS MONICREQUES DE KUKAS – “VIVA VIVALDI (1, 2, 3 e catro estacións)”
Programa: Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC

No ano 2023 conmemórase o 300 Aniversario de “As catro estacións”, de Vivaldi, que inspiran ao grupo Os Monicreques de Kukas para crear un espectáculo no que representan os cambios que se producen en cada unha das estacións do ano con pequenas historias que valoran a importancia da amizade e das relacións afectivas e solidarias.

Unha pintora (Maruxa), unha escritora (Rosalía) e un músico (Antón) crearan un mundo fantástico e poético cunhas marionetas tratadas cunha paleta de cores brillantes e contrastados.

A autoría, o deseño, a escenografía e as marionetas, corresponden a Marcelino de Santiago Viqueira (Kukas); a versión musical, interpretación de guitarra e espazo sonoro, a Rubén Barros Deschamps; o deseño de iluminación a Miguel Cabaleiro Saco; e a dirección corresponde a Isabel Rey Pousada.

Interpretada por tres grandes da manipulación de monicreques, Marián González Rodríguez, Larraitz Urruzola Tolosa e Marcelino de Santiago.

Con estes antecedentes a boca estásenos facendo auga e xa nos tarda esta estrea, para a que a concelleira de cultura de Muros, Mayka González, agradece ao grupo Os Monicreques de Kukas tiveran a deferencia de elixir Muros; e anima a todo o público familiar da veciñanza a reservar a súa entrada, segura de que gozarán moito desta fabulosa estrea e inspirador espectáculo.

Os Monicreques de Kukas é unha compañía de referencia en toda Galicia e fóra da Comunidade, e conta no seu haber cos galardóns:
Premio Galicreques 2021, Premio da Crítica de Galicia das Artes escénicas 2020, Premio da Cultura Galega das Artes escénicas 2019, Premio Xiria da MITCFC polo seu labor teatral 2019, Homenaxe de Titiricuenca e Asociación Amigos do Teatro de Cuenca 2019, Mención de Honor polo seu traballo no teatro de bonecos do CDTB – Festival de Títeres Bilbao 1997.

O espectáculo está incluído na Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC. As entradas, con un prezo de 2,50 €, deben de ser reservadas nas oficinas do centro cultural, no teléfono 981762294, no correo cultura@muros.es ou no formulario creado para este fin.


OFICINA DE REHABILITACIÓN | Convocatoria de axudas para a rehabilitación de vivendas no casco histórico. Fase 12ª

ANUNCIO

O Pleno da Corporación, na sesión plenaria ordinaria celebrada o día 31 de marzo de 2022, aprobou inicialmente as bases reguladoras e convocatoria para á concesión de subvencións á rehabilitación de edificios e vivendas na área de rexeneración e renovación urbana do conxunto histórico de Muros, correspondentes á Fase 12ª, publicadas no BOP núm. 100, do 27 de maio de 2022,

As axudas consisten en subvencións a fondo perdido do custo das actuacións de rehabilitación.

As axudas a conceder serán as seguintes:

1.–Axudas sobre o importe da execución das obras de rehabilitación de vivendas e de edificios destinados a vivenda, incluídas as obras en elementos comúns que acompañen complementariamente ás de rehabilitación de vivenda.

2.–Axudas para a execución de obras para os elementos comúns dos edificios de vivendas (fachadas, incluídas carpinterías de madeira e elementos de interese arquitectónico).

A contía máxima das axudas determinarase atendendo ao orzamento protexible da actuación e non poderá exceder do 35% do custo subvencionable da actuación ate un máximo de 11.000 euros por cada vivenda obxecto de rehabilitación.

As solicitudes deberán presentarse en instancia normalizada acompañada da documentación indicada na base 3ª.

Poderase obter información na Oficina de Rehabilitación do Concello.

O Prazo para presentar as solicitude é desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ata o esgotamento do crédito orzamentario, e como máximo ata o 31 de xullo de 2023, e as actuacións subvencionadas teñen que estar rematadas e xustificadas antes do 31 de decembro de 2023.

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2023/02/02/2023_0000000555.pdf


OFICINA DE REHABILITACIÓN | Convocatoria de axudas para a rehabilitación de vivendas no casco histórico. Fase 10ª

ANUNCIO

Por acordo da Xunta de Goberno Local do 13 de decembro de 2012 foron aprobadas as Bases Reguladoras e Convocatoria de Axudas para a Rehabilitación de edificios e vivendas da Área de Rehabilitación do casco histórico da Vila de Muros correspondentes á Fase 10ª, publicadas no BOP nº 11, do 16 de xaneiro de 2013. Do total de 41.778,87 €, quedaron sen executar 10.476,45 €.

As axudas consisten en subvencións a fondo perdido do custo das actuacións de rehabilitación.

As axudas a conceder serán as seguintes:

1.–Axudas sobre o importe da execución das obras de rehabilitación de vivendas e de edificios destinados a vivenda unifamiliar, incluídas as obras en elementos comúns que acompañen complementariamente ás de rehabilitación de vivenda.

2.–Axudas para a execución de obras para os elementos comúns dos edificios de vivendas (fachadas, incluídas carpinterías de madeira e elementos de interese arquitectónico), o importe máximo do 25% do custo das obras executadas.

A contía máxima das subvencións determinarase en función dos ingresos familiares ponderados (IFP) dos solicitantes cando estes teñan constituída a súa residencia habitual e permanente nas vivendas a rehabilitar ou estas se rehabiliten con tal fin, aplicando os seguintes tipos de subvención:

IFP < 21.000 euros. Tipo de subvención: 50%.

IFP ≤ 33.000 euros. Tipo de subvención: 40%.

IFP > 33.000 euros. Tipo de subvención: 30%.

En ningún caso a contía máxima da subvención non poderá exceder de 11.600 € por vivenda.

As solicitudes deberán presentarse en instancia normalizada acompañada da documentación indicada na base 9ª.

Poderase obter información na Oficina de Rehabilitación do Concello.

O Prazo para presentar as solicitude é desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ata o esgotamento do crédito orzamentario, e como máximo ata o 31 de xullo de 2023, e as actuacións subvencionadas teñen que estar rematadas e xustificadas antes do 31 de decembro de 2023.

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2023/02/02/2023_0000000554.pdf


ENTROIDO 2023 | Concello de Muros

PROGRAMA DO 17 AO 24 DE FEBREIRO.
ENTROIDO 2023.
CONCELLO DE MUROS
.

17 | VENRES

16.00 h | FESTA DA MOCIDADE EN MUROS
Organiza Consellaría de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia

20.30 h | FESTA DE ENTROIDO PARA MAIORES EN SEL

18 | SÁBADO

17.00 h | FESTA INFANTIL DE DISFRACES EN TAL
Centro Agro vello

23.00 h | FESTA EN MUROS
Organiza A. Praia do Castelo

19 | DOMINGO

17.00 h | CONCURSO DE COMPARSAS


Premios:
Categoría INDIVIDUAL: 200 € – 100 € – 50 € – 50 €
Categoría GRUPOS: 500 € – 250 € – 125 € – 100 €
Categoría COMPARSAS: 1.100 € – 600 € – 300 € – 150 €


EXHIBICIÓN DE DISFRACES TRADICIONAIS DE TOREA E ABELLEIRA
ACTUACIÓN DA CHARANGA TANTO NOS TÉN


Documentos:
BASES | INSCRICIÓNS | CONSTITUCIÓN DE GRUPO | COMPROMISO RESPONSABLE

20 | LUNS

17.00 h | FESTA INFANTIL DE DISFRACES EN ESTEIRO
Pavillón X. Lago. Colabora ANPA de Esteiro e A.C. O Xeito

17.00 h | FESTA INFANTIL DE DISFRACES EN SERRES
Pozo do Cachón – Colabora ANPA Valdexería

21 | MARTES

17.00 h | FESTA INFANTIL DE DISFRACES EN ABELLEIRA
Surribos. Coorganizan AC. A Ponte vella e AVV. a Ostreira

17.00 h | FESTA INFANTIL DE DISFRACES EN LOURO

C Social. Colaboran ANPA Agra de Filgueira e SC Monte Louro

22 | MÉRCORES

19.00 h | ENTERRO DO FACUNDO

24 | VENRES

17:00 h | FESTA INFANTIL DE DISFRACES EN TOREA
Casa Reitoral. Colaboran veciños de Torea

18.00 h | FESTA DE DISFRACES BIBLIOTECA DE MUROS en San Xosé


TEATRO | “As alumnas”, no Centro Cultural de Muros este sábado 4 de febreiro

Día e hora: sábado 4 de febreiro, 21:00 h
Local: Auditorio do Centro Cultural de Muros
Actividade: Teatro – Culturactiva – “As Alumnas”
Programa: Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC

O sábado 4 de febreiro, ás 21:00 h, chega ao Auditorio do Centros Cultural de Muros o espectáculo, “As Alumnas”, que trata sobre os temas, xustiza social, memoria histórica, igualdade e resiliencia, tendo a educación coma tema central. Escrito por Paula Carballeira, dirixido por Fina Calleja e interpretado por Anabell Gago e Mónica Caamaño. Todo un luxo.

Mónica Camaño e Anabell Gago atópanse no pasamento da súa mestra, María Barbeito, e condúcennos por unha senda emocional que arrinca desde que se coñecen na escola antes da Guerra Civil ata os anos 70.
Un fermoso artefacto escénico dirixido a un público adulto, que trata sobre a figura da pedagoga galega María Barbeito e sobre como o franquismo significou un enorme retroceso na educación do Estado, especialmente para as mulleres. A educación, peza fundamental no desenvolvemento e na liberdade das persoas, especialmente das mulleres, é o eixo fundamental da obra. As dúas personaxes femininas representan dous casos concretos de mulleres no marco histórico anterior e posterior á Guerra Civil, que nos levan a tocar as transformacións sociais do momento. As Alumnas busca facer un exercicio de re apropiación da realidade colectiva e individual, para reconstruír a memoria e espazos imaxinarios da nosa comunidade, creándose así un acto ético/ estético que se complementa coa participación de espectadores activos.

Esta representación está incluída na Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC e as entradas, ao prezo de 3,50 €, xa poden ser reservadas nas oficinas do centro cultural, no teléfono 981762294, no correo cultura@muros.es ou no formulario creado para este fin.

A concelleira de cultura de Muros, Mayka González, anima a tódolas persoas de Muros a gozar con outra nova sesión de teatro, nesta ocasión de corte social e cun estupendo reparto, dende a autoría ate a interpretación.


ACTIVIDADES | ENVELLECEMENTO ACTIVO NA PISCINA

ENVELLECEMENTO ACTIVO NA PISCINA

martes e/ou xoves
de 9.30 a 10.15 h

  • Prazas limitadas (por orde de inscrición)
  • Terán preferencia para as persoas de 65 anos en diante.
  • Dependendo do número de persoas inscritas será un día ou dous a semana

Inscricións ata o 16 de febreiro | 2023
| Departamento de Servizos Sociais
| Teléfono no 981 762 465


Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close