EMPREGO | Convocatoria do proceso selectivo dunha praza de personal laboral fixo de peón especialista incluída na OPE do ano 2022

Bases reguladoras que rexerán a convocatoria do procedemento selectivo dunha praza de persoal laboral fixo de peón especialista incluída na OPE ordinaria do concello de Muros do ano 2022

ANUNCIO

Comunícase que por Resolución da Alcaldía número 342/2023 de 17 de abril, aprobáronse as bases que rexeran a convocatoria do procedemento selectivo de persoal laboral fixo correspondente á praza de peón especialista, incluída na oferta de emprego público ordinaria do ano 2022 do Concello de Muros publicado no BOP número 244 do 27 de decembro de 2022, e que se publican como anexo I.

ANEXO I

BASES E CONVOCATORIA QUE REXERÁN O PROCESO SELECTIVO MEDIANTE O SISTEMA DE CONCURSO-OPOSICIÓN PARA A COBERTURA DUNHA PRAZA DE PEÓN ESPECIALISTA, PERSOAL LABORAL FIXO, GRUPO IV, INCLUÍDA NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO ORDINARIA DO CONCELLO DE MUROS PARA O ANO 2022

1. OBXECTO DAS BASES

É obxecto desta convocatoria a cobertura dunha praza de peón especialista (Grupo IV) baixo a modalidade de persoal laboral fixo, prevista na oferta de emprego público ordinaria do Concello de Muros para o ano 2022 publicada no BOP núm. 244 de 27 de decembro de 2022, ao abeiro do previsto no artigo 26.1 da Lei 2/2015, de 29 de abril, de Emprego Público de Galicia, e artigo 11 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público.

2. CARACTERÍSTICAS DA PRAZA QUE SE CONVOCA

2.1. Funcións:

O cometido funcional do posto versará sobre a realización das funcións propias da praza, consistentes na realización de tarefas básicas de albanelería, fontanería, electricidade e carpintaría dirixidas ao mantemento de edificios, instalacións, dotacións e equipamentos de titularidade municipal, baixo a dirección do encargado da brigada municipal de obras. Ademais, corresponderanlle os seguintes:

– Labores de albanelería, fontanería, carpintería, fontanería e electricidade.

– Construción de sumidoiros e pequenas obras de saneamento e labores de mantemento de foxas sépticas e rede de saneamento.

– Mantemento de camiños e vías públicas.

– Manexo de vehículos municipais para os que se encontre capacitado cando se lle requira.

– Traballos de poda.

Así mesmo, realizará aqueloutras tarefas que lle poidan asignar os órganos municipais competentes ou os seus superiores xerárquicos para a satisfacción das necesidades propias do servizo de obras e medio ambiente.

2.2. Retribucións:

As retribucións serán as correspondentes o grupo laboral IV, complemento de destino 15, complemento específico 2.771,44 euros, en catorce pagas, de acordo co cadro de persoal dos orzamentos do Concello de Muros, sen prexuízo das adaptacións retributivas que deriven das leis de orzamentos de estado.

2.3. A xornada laboral será de 37,5 horas semanais en cómputo anual, cos descanso establecidos legalmente.

3. SISTEMA DE SELECCIÓN

Establécese como sistema se selección o de concurso-oposición libre.

Bases reguladoras que rexerán a convocatoria do procedemento selectivo dunha praza de persoal laboral fixo de peón especialista incluída na OPE ordinaria do concello de Muros do ano 2022
PDF HTML – Versión web: galego/castellano )


EMPREGO | Convocatoria dunha praza de conserxe como funcionario de carreira incluída na OPE ordinaria 2022

Comunícase que por Resolución da Alcaldía número 348/2023 de 18 de abril, aprobáronse as bases que rexeran a convocatoria do procedemento selectivo de funcionario de carreira correspondente á praza conserxe colexio Ramón de Artaza, incluída na oferta de emprego público ordinaria do ano 2022 do Concello de Muros publicado no BOP número 244 do 27 de decembro de 2022, e que se publican como anexo I.

ANEXO I

BASES E CONVOCATORIA QUE REXERÁN O PROCESO SELECTIVO MEDIANTE O SISTEMA DE CONCURSO-OPOSICIÓN PARA A COBERTURA DUNHA PRAZA DE CONSERXE, FUNCIONARIO DE CARREIRA INCLUÍDA NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO ORDINARIA DO CONCELLO DE MUROS PARA O ANO 2022

1. OBXECTO DAS BASES

É obxecto desta convocatoria cubrir de xeito definitivo a praza de conserxe colexio Ramón de Artaza como funcionario de carreira ao abeiro do previsto no artigo 26.1 da Lei 2/2015, de 29 de abril, de Emprego Público de Galicia, artigo 15.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do estatuto dos traballadores, e artigo 11 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, correspondente á Oferta de Emprego Público do Concello de Muros do 2022 publicado no BOP núm. 244 de 27 de decembro de 2022.

O persoal contratado estará suxeito durante a súa relación funcionaria á normativa sobre incompatibilidades prevista na función pública (Lei 53/1984, de 25 de decembro).

2. CARACTERÍSTICAS DA PRAZA QUE SE CONVOCA

2.1. Funcións:

O cometido funcional do posto do posto é o relacionado coa conserxería, sendo basicamente de apertura e peche de centros, atención telefónica, recepción de persoas, pequenas reparacións, almacenaxe, traslado ou reposición de material, correo, fotocopias, etc.

Así mesmo, realizará aqueloutras tarefas que lle poidan asignar os órganos municipais competentes ou os seus superiores xerárquicos para a satisfacción das necesidades propias do servizo de obras e medio ambiente.

2.2. Retribucións:

As retribucións serán as correspondentes á Agrupación Profesional, complemento de destino 14, complemento específico 4.232,20 € en catorce pagas, de acordo co cadro de persoal dos orzamentos do Concello de Muros, sen prexuízo das adaptacións retributivas que deriven das leis de orzamentos de estado. A xornada laboral será de 37,5 horas semanais en cómputo anual, cos descansos establecidos legalmente.

2.3. A xornada laboral será de 37,5 horas semanais en cómputo anual, cos descanso establecidos legalmente.

3. SISTEMA DE SELECCIÓN

Establécese como sistema se selección o de concurso-oposición libre.

Bases reguladoras que rexerán a convocatoria do procedemento selectivo dunha praza de conserxe como funcionario de carreira incluída na OPE ordinaria do concello de Muros do ano 2022
PDF HTML – Versión web: galego/castellano )


EMPREGO | Convocatoria de proceso selectivo para a contratación laboral temporal de peóns albaneis – PEL 2023

Na sesión celebrada o día 28 de abril de 2023, o Tribunal do proceso selectivo para a contratación de cinco peóns albaneis para obras e servizos mínimos municipais e para a elaboración dunha bolsa de traballo dentro do programa PEL Deputación da Coruña 2023 acordou publicar os seguintes acordos.


Por Resolución desta Alcaldía núm. 269/2023 de 27 de marzo, aprobáronse as bases e a convocatoria do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa de peóns albaneis para a departamento de obras e servizos mínimos municipal, anualidade 2023, e a elaboración dunha bolsa de traballo en réxime de contratación laboral temporal a tempo completo financiado pola Deputación da Coruña dentro do programa PEL CONCELLOS 2023 da Deputación de A Coruña, e que se transcriben a continuación

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL A XORNADA COMPLETA DE CINCO PEÓNS ALBANEIS PARA OBRAS E SERVIZOS MÍNIMOS MUNICIPAIS, 2023 FINANCIADO POLA DEPUTACIÓN DA CORUÑA DENTRO DO PROGRAMA PEL-CONCELLOS 2023

1_ Obxecto da convocatoria

1.1 Ten por obxecto esta convocatoria a selección para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa de peóns albaneis para a cuadrilla de obras e servizos mínimos municipal, anualidade 2023, mediante calquera das modalidades de contratación prevista no Real Decreto-lei 32/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo, (BOE núm. 313, de 30 de decembro de 2021).

A xornada será de luns a domingo cos descansos que establece a lei. As datas de inicio e de finalización dos contratos serán os establecidos na Resolución da contratación.

2_ Características do posto

Área de subscrición: Obras
Denominación do posto: Peón albanel
Prazas: 5
Duración: 5 meses
Grupo: V
Soldo: 1.350 euros bruto mes por todos os conceptos
Modalidade contractual: Calquera dos previstos no RD 32/2021
Titulación: Polas funcións a realizar, non se precisa estar en posesión de ningunha titulación.

Cometido funcional: No ámbito dos servizos mínimos previstos nos artigos 25 e 26 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local e o punto 2.3. das Bases reguladoras do PEL CONCELLOS ANO 2023, as funcións a desenvolver consisten nas tarefas propias dos peóns de albanelería, carpintería, fontanería e electricidade, sempre dentro das funcións dos servizos mínimos previstas na lei. Así mesmo, realizarán aquelas outras tarefas que lle poidan ser encomendadas polos órganos municipais e polo seu superior xerárquico para a satisfacción das necesidades propias do servizo.

3_ Sistema de selección

O sistema de selección será de concurso-oposición, que se valorará de acordo co baremo establecido no punto 8 destas bases

…………………………


XV Mostra de teatro | Xosé Agrelo – 29 abril/20 maio 2023

XV Mostra de teatro Xosé Agrelo

XV Mostra de teatro
Xosé Agrelo
29 abril / 20 maio 2023

Programa

XV Mostra de teatro Xosé Agrelo

sábado 29 de abril, 20:30 h
TEATRO DA TROULA DE MAZARICOS
“Serán”

sábado 6 de maio, 20:30 h
GRUPO MUNICIPAL DE TEATRO DE RIBEIRA
“O Rei Telesforo busca noiva (e quere noivo)”

sábado 13 de maio, 20:30 h
AQUELANDO TEATRO DE MUROS
“Daqueles Sesenta”

luns 15 de maio, 12:00 h
GRUPO DE TEATRO DO CENTRO OCUPACIONAL DE VALADARES
“A Consulta tola”

mércores 17 de maio, 18:00 h
XAROPE TULÚ
“A Lingoreteira”

xoves 18 de maio, 10:30 e 12:00 h
GRUPO DE TEATRO O XEITO
“Faneca brava”

sábado 20 de maio, 20:30 h
GRUPO DE TEATRO O XEITO
“Faneca brava”

Colabora

Grupos de teatro participantes


O Concello de Muros celebra o día da danza coa posta en escena de “Nina Ninette” no Centro Cultural o sábado 22

NINA NINETTE

Día e hora: sábado 22 de abril, 18:00 h.
Local: Auditorio do Centro Cultural de Muros
Actividade: Danza – PAULA QUINTAS Cía – “NINA NINETTE”
Programa: Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC

O 29 de abril celébrase o día internacional da danza, e o Concello de Muros quere contribuír a esta celebración, coa programación dun excelente espectáculo de danza para público familiar, que programa para este sábado, día 22, convencidas de que encherá de xúbilo ao público familiar do municipio.

“Nina Ninette” é un espectáculo de danza contemporánea para público infantil e familiar da compañía Paula Quintas, interpretado por Marta Alonso, Paula Quintas e Carlota Mosquera; enmarcado na estética do Ballet Triádico de Oskar Schlemmer (Bauhaus, 1922), para danzar unha historia de beleza e rebeldía, onde a figura dunha Cincenta actual, (Nina), representa a nena oprimida que loita para transformar a súa realidade, familiar, escolar, … converténdose nunha heroína por méritos propios.

Nina, valente e alegre a partes iguais, atopa unhas flores moi especiais que a levan a descubrir un mundo fantástico, habitado por seres máxicos, poderosos e divertidos. Todo é tan diferente, tan brillante, tan fermoso! Pero Nina sente a falla do seu fogar e decide marchar; mais ese mundo é un labirinto e, coma todos os labirintos, é moi doado entrar pero moi complicado saír.

María Torres, autora e directora da peza, Marta Alonso Tejada e Paula Quintas forman un equipo de creación para acadar este marabilloso espectáculo, iniciado a partir da estética do Ballet Triádico de Oskar Schlemmer, na conmemoración do centenario da súa estrea.

A función está incluída na Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC. As entradas, con un prezo de 3,50 €, deben de ser reservadas nas oficinas do centro cultural, no teléfono 981762294, no correo cultura@muros.es ou no formulario creado para este fin.

A concelleira de cultura de Muros, Mayka González, anima a todo a público familiar da veciñanza á achegarse a celebrar o día da danza con este espectáculo, que ten a confianza de que encandilará á rapazada e ás súas familias.


MÚSICA | Chega a Muros o intérprete internacional Soul Teller. Sábado 15 no Centro Cultural

Soul Teller

SOUL TELLER
Contando Historias da Alma
Sábado 15 de Abril. Centro Cultural Muros, 21 horas
Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC
Reservas: https://forms.gle/DytJgD5bT4Zs8Rxi9

Celebrando o seu aniversario de máis de tres décadas compondo e cantando Soul, Rock, R&B, Funk…dentro e fóra das nosas fronteiras. Reinando na década dos 90 coma un dos pioneiros do Soul en España coa súa banda The Cool Jerks con 12 álbums no mercado, con grande éxito de público e crítica.

Despois de ter compartido escenario con figuras coma Percy Sledge, Bonnie Tyler, Dr. John, Paul Carrack ou Solomon Burke entre outros e ter conseguido gravar cos lendarios produtores Willie Mitchell (Al Green, Aretha Franklin, Rod Stewart, Joe Cocker) ou Lawrence “Boo” Mitchell (Bruno Mars).

Dende Londres, o seu lugar de residencia habitual, Miguel Angel Julián, ou o que é o mesmo, Soul Teller ( narrador de historias da alma) embárcase en xira co seu proxecto electro acústico, con grandes músicos arroupando. A súa nova colección de cancións foron gravadas entre Memphis (Royal Studios) e Madrid (El Escondite Studios), producido por dous magníficos produtores: en Memphis, Lawrence “Boo” Mitchell, fillo do lendario Willie Mitchell e gañador dun Grammy como produtor; e en España, Kike Eizaguirre. Neste show, o feeling, a diversión e a interacción co público están garantidas.

Dende Memphis, Lawrence “Boo” Mitchell dixo sobre Soul Teller:
“…non só tén esa voz para cantar as súas grandes cancións, ademais é un grandísimo músico cargado de alma sureña que me deixa preguntándome como é posible que teña tanto Soul de Memphis no seu corazón vindo dende Europa…”

Soul Teller quere apoiar tamén aos músicos locais, interactuando no show, facendo o espectáculo aínda máis interesante, polo que convidará ao escenario a músicos e coros infantís e sénior da localidade de Muros. Será unha auténtica festa. O concerto será gravado e retransmitido en diferentes espazos nacionais e internacionais posteriormente.
¡Non hai audiencia que se lle resista! declara o locutor Jesús Ordovás.

Este concerto está incluído na Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC e as entradas, ao prezo de 3,50 €, xa poden ser reservadas nas oficinas do centro cultural, no teléfono 981762294, no correo cultura@muros.es ou no formulario creado para este fin.

A concelleira de cultura de Muros, Mayka González, está feliz de poder programar na nosa localidade un músico da talla de Soul Teller e anima a tódalas persoas de Muros a colaborar nesta festa que terá lugar o vindeiro sábado no auditorio do centro cultural.


ANUNCIO | Anuncio del pliego de condiciones por el que se regirá la enajenación mediante procedimiento abierto, por licitación al alza de las parcelas propiedad de la sociedad mercantil estatal “Suelo Empresarial del Atlántico S.L., SME”

Sea Suelo

ANUNCIO DEL PLIEGO DE CONDICIONES POR EL QUE SE REGIRÁ LA ENAJENACIÓN MEDIANTE PROCEDIMIENTO ABIERTO, POR LICITACIÓN AL ALZA DE LAS PARCELAS PROPIEDAD DE LA SOCIEDAD MERCANTIL ESTATAL “SUELO EMPRESARIAL DEL ATLÁNTICO S.L., SME” IDENTIFICADAS EN EL ANEXO I EN LOS PARQUES EMPRESARIALES DE CATOIRA, VILANOVA DE AROUSA, MONDOÑEDO, CHANTADA, LARACHA, CEE, MALPICA, VIMIANZO Y MUROS (A CORUÑA). Y LA ADJUDICACIÓN DE CONCESIONES DE DERECHO DE SUPERFICIE CON OPCIÓN DE COMPRA, DE PARCELAS PROPIEDAD DE LA SOCIEDAD MERCANTIL ESTATAL “SUELO EMPRESARIAL DEL ATLÁNTICO, S.L., SME”, IDENTIFICAS EN EL ANEXO II EN LOS PARQUES EMPRESARIALES DE CATOIRA (PONTEVEDRA); MONDOÑEDO (LUGO); CEE, MALPICA, VIMIANZO Y MUROS (A CORUÑA), SEGÚN ACUERDO DEL CONSEJO DE ADMINISTRACIÓN DE LA SOCIEDAD DE 28 DE MARZO DE 2023.

A. OBJETO:
Las parcelas detalladas en el ANEXO NÚMERO 1 y en el ANEXO NÚMERO 2 de las presentes bases, para la enajenación de las mismas y para la concesión del derecho de superficie con opción de compra, respectivamente.

B. TIPO DE CONTRATO, PROCEDIMIENTO Y FORMA DE ADJUDICACIÓN:
Tipo de contrato: Patrimonial. Enajenación de parcelas y constitución de derechos de superficie con opción de compra.
Procedimiento: Abierto.
Forma de adjudicación: Licitación al alza.

C. PRECIO DE LA COMPRAVENTA:
Los establecidos en el ANEXO NÚMERO 1 de las presentes condiciones. Estos precios no incluyen el IVA, que será añadido en el momento de efectuar la venta.

D. CANON SUPERFICIARIO:
Los establecidos en el ANEXO NÚMERO 2 de las presentes condiciones.
Estos precios no incluyen el IVA, que será añadido en el momento correspondiente.

E. GARANTÍA EN EL SUPUESTO DE ENAJENACIÓN DE PARCELAS:
Importe de la garantía: 5% del precio base de licitación de las parcelas.

F. GARANTÍAS EN EL SUPUESTO DE CONCESIÓN DEL DERECHO DE SUPERFICIE CON OPCIÓN DE COMPRA:
GARANTÍA PROVISIONAL:
Tres mensualidades del canon fijado para la parcela correspondiente, en concepto de fianza.
GARANTÍA DEFINITIVA:
Un 5% del canon superficiario total ofertado, es decir, por el plazo del otorgamiento del derecho de superficie.

G. LUGAR Y PLAZO DE PRESENTACIÓN DE OFERTAS:
Lugar de presentación: Oficinas de “SUELO EMPRESARIAL DEL ATLÁNTICO, S.L., SME” sitas en Avenida de Barcelona 33 B, 15706 Santiago de Compostela. Teléfono de contacto 981.575469.
Plazo de presentación: Hasta las 13:00 horas del día 1·0 de mayo de 2023.

H. Pliego de condiciones que regirá la licitación.


O Concello de Muros celebra, en colaboración coa Deputación da Coruña, o Día do Teatro, coa representación gratuíta de “O porco de pé” o sábado 1 de abril

Teatro | O porco de pe

Día e hora: sábado 1 de abril, 21:00 h
Local: Auditorio do Centro Cultural de Muros
Actividade: Teatro – Producións teatrais Excéntricas – “O Porco de pé”
Programa: Programación cultural da Excma. Deputación Provincial da Coruña

O sábado 1 de abril, ás 21:00 h, chega de novo ao Auditorio do Centro Cultural de Muros a compañía Producións teatrais Excéntricas, co espectáculo, “O Porco de pé”, unha colaboración da Deputación da Coruña, o Concello de Muros e a propia compañía, coa intención de que a poboación poda celebrar o día do Teatro, que se conmemora o 27 de marzo.

O Porco, o animal totémico dos cocidos e dos entroidos, toma os teatros para demostrar a súa superioridade sobre os seres humanos. O que presenta Excéntricas é un teatro de barracón. Un farol mortizo, un chan de serrín, unha cortina vermella e, de súpeto, aparece o porco en elegante pose de equilibrista a sosterse sobre os pés, a finxirse un ser humano con tanta graza, que resulta imposible distinguilo.

Vai para cen anos, Vicente Risco detectou unha nutrida presenza porcina vestida con elegantes abrigos e chapeus a confundirse cos propios burgueses. Descobreu que estaban entre NÓS! A divertidísima sátira do ourensán, a medio camiño entre o circo, o barracón, os fantoches e o cabarete, tén hoxe máis vixencia que nunca. Nesta viaxe á fascinante década do 20 do século XX, pasarán, coma nunha lanterna máxica, anarquistas, capitalistas, agraristas, proxenetistas, golpistas, vangardistas, caciquistas, cupletistas, mentalistas, futuristas, e budistas.

A estrea mundial d’O PORCO DE PÉ foi o 31 de marzo de 2022 no Teatro Principal de Ourense. En menos dunha semana, cerca de 2.000 persoas aplaudiron o esforzo dos artistas, marabillados da capacidade de transformación e multiplicación que exhiben. Ao final, só saen tres a agradecer os aplausos, iso sí, que tres, pois o elenco está composto por Patricia Vázquez, Víctor Mosqueira e Evaristo Calvo, mais polo escenario pasaron Madame Blavatski, o Elocuente Pregoeiro, o Porco Celidonio, Baldomero García, o Alfaite Nogueira, Dona Nicasia, O Doutor Alveiros, os cabezas parlantes Outeiriño e Forcadela, o Avogado Barbeito, Lolita Piné, os Siameses de Ventosela, Suso e Clodomiro, o Conde, a Venus Victrix, a Tenista Celidonia, Miguel Primo de Rivera, a Muller-Araña, o Demo, e máis.

A compañía Producións teatrais Excéntricas, fundada por Quico Cadaval e o dúo cómico Mofa e Befa, Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira, é ben coñecida de tódolos muradáns amadores do teatro, pois é unha habitual no noso espazo escénico, onde sempre colleitan reflexión, risas e aplausos.

Esta representación está incluída na programación cultural da Deputación da Coruña e as entradas son de balde, mais poden ser reservadas de xeito anticipado nas oficinas do centro cultural, no teléfono 981762294, no correo cultura@muros.es ou no formulario creado para este fin, durante toda a semana.

A concelleira de cultura de Muros, Mayka González, anima a tódolos muradáns a gozar do humor e bo facer artístico dos nosos convidados e agradece á compañía e á Deputación a deferencia de elixir Muros para esta celebración.


Talleres de Artesanía de Galicia en Muros

Días Europeos de la artesania 2023

Obradoiros gratuítos participativos para todas as idades co fin de achegarlle aos seus visitantes o saber facer dos profesionais do sector artesán galega e contribuír á difusión do valor engadido dos produtos artesanais.

NO MUIÑO DAS MAREAS DO POZO DE CACHON,
MUROS

30 e 31 de marzo, 1 e 2 de abril de 2023
Horario: 11:30 a 13:30 – 17:00 a 20:00 h


FORMACIÓN | Como podo levar a cabo a transformación dixital da miña empresa? Xestión do cambio para a dixitalización.

Programa e contido da xornada (PREME AQUÍ PARA VER O PROGRAMA)

TÍTULO DA XORNADA:

Como podo levar a cabo a transformación dixital da miña empresa? Xestión do cambio para a dixitalización.

DATA E LUGAR

DÍA: 30 de marzo de 2023
HORA: De 17:00 a 19:00 h
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Aula de informática (CEMIT) da Casa da Cultura (Rúa Miraflores, s/n. Muros)

BREVE DESCRICIÓN:

Esta xornada ten como obxectivo aprender a xestionar a implementación dos procesos de transformación dixital con éxito, e coñecer os seus beneficios e impacto no negocio. Á hora de levar a cabo un proceso de transformación dixital faise necesario implementar unha estratexia para xestionar os aspectos relacionados coas persoas e a organización e así lograr os resultados desexados, é dicir, fomentar a adaptación das persoas dunha organización cara a novas formas de traballo, de tal maneira que o impacto sobre a produtividade sexa mínimo.

OBXECTIVOS:

Coñecer os aspectos claves para que a transformación dixital da empresa supoña un éxito dentro da organización, e o deseño de estratexias para a xestión do cambio na organización ante a implementación dun proceso de transformación dixital

A QUEN VAI DIRIXIDA?

Persoas emprendedoras Persoas autónomas
Pemes, Micropemes e Empresas do territorio

CONTIDO/AXENDA DA XORNADA:

17:00 – 17:05 | Presentación.
17:05 – 18:00 | Como podo levar a cabo a transformación dixital da miña empresa?
A xestión do cambio na organización para o éxito nos procesos de transformación dixital na empresa.
18:00 – 19:00 | Sesión de consultas e resolución de dúbidas.

MODALIDADE: Presencial
PONENTE: Pablo López

PREME AQUÍ PARA VER O PROGRAMA


Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close