ACTIVIDADES DE NADAL 2023

2 | sábado | 20:30
Trotaconventos Teatro “A orquesta dos páxaros” (Adultos)

3 | domingo | 17:30
Os Bolechas visitan unha galería de arte (Infantil)

9 | sábado | 18:00
Xoán Curiel e Charo Pita “Canta miña pedra, canta” (Infantil)

16 | sábado | 18:00
Moc Moc “O axudante de Papa Noel” (Infantil)

27 | mércores | 18:00
Ghazafelhos “Travesía Unicornio” (Infantil)


PRAZAS LIMITADAS | INSCRICIÓNS NA CASA DE CULTURA | 981 76 22 94


ADIADO POR ENFERMIDADE | Trotaconventos Teatro “A orquestra paxaros”

| Sábado, 2 de decembro ás 20.30 h

| Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros

| Entrada: Gratuíta

| Reservas: https://buff.ly/3Gn1j6A

A orquestra dos paxaros é unha peza teatral en tres actos que, da man dun profesor de Química, pon en escena a procura dun tratamento químico limpo para descompoñer as bolsas de plástico que tanto ensucian os mares, praias, campos e cidades do mundo.


TEATRO | OS BOLECHAS “Visitan unha galería de arte”

O domingo 3 de decembro a Concellería de Lingua pon en marcha a súa programación co espectáculo teatral “Os Bolechas visitan en familia unha galería de arte”, protagonizado polos personaxes creados polo debuxante Pepe Carreiro.

📆 Domingo, 3 de decembro ás 17.30 h

🏟️Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros

🎫 Entrada: Gratuíta

💻 Reservas: https://buff.ly/3MXO6oH


BOLETÍN DE NOVIDADES CULTURAIS DO CONCELLO DE MUROS

BOLETÍN DE NOVIDADES CULTURAIS DO CONCELLO DE MUROS

Xa te podes unir ao noso boletín de novidades culturais para estar ao día de toda a programación municipal! Non te perdas nin un só detalle!

Rexístrate agora para recibir o noso boletín directamente na túa bandexa de entrada.

Queremos que toda a información cultural este a só un clic de distancia da nosa veciñanza!

Enlace para a subscrición: https://buff.ly/3uebRSY


CAMPAÑA DE NEVE 2024 DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación da Coruña anunciou a súa programación deportiva para o ano 2024, que inclúe unha campaña de esquí na estación de Valgrande-Pajares dirixida a 600 nenos e nenas da provincia da Coruña.

Nesta iniciativa, as pesoas participantes gozarán de 4 días con aloxamento e manutención nun albergue situado xunto ás pistas de esquí. Ademais, recibirán cursos de esquí e participarán en actividades complementarias na estación invernal de Valgrande-Pajares (Asturias).

A campaña está aberta a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 11 e os 15 anos, cumpridos antes do 31 de decembro de 2023 e a cota de participación é de 85 euros por neno/a.

A campaña de esquí levarase a cabo en seis quendas a partir da terceira semana de xaneiro, coa chegada das persoas participantes o venres antes da cea e a súa saída o luns despois da cea. O transporte desde a comarca de orixe está incluído na oferta e os puntos de recollida anunciaranse na páxina web da Deputación da Coruña con suficiente antelación.

A Deputación asumirá a maioría dos gastos, que inclúen cursos de esquí, transporte dende o punto de recollida, aloxamento, manutención, monitores, material de esquí e diversas actividades.

Nesta Campaña de Neve 2024 ao Concello de Muros correspóndenlle 6 prazas na 4ª quenda, dende os días 2 ao 5 de febreiro.

Os prazos importantes a ter en conta durante a campaña de neve 2024 son os seguintes:

  • Inscricións dos nenos/as: do 9 de novembro ao 1 de decembro para a cal deberá entregar a ficha de inscrición no rexistro xeral do Concello de Muros
  • Sorteo de prazas: do 4 ao 13 de decembro, con prioridade para quen non asistisen previamente.

En caso de máis solicitudes que prazas dispoñibles, realizarase un sorteo público ante o secretario/a de o municipio para a adxudicación das mesmas.

CartelFicha de inscriciónAutorización para a administración de medicación e información sobre alerxias

+ información: Campaña da neve 2024 (dacoruna.gal)


OBRADOIRO DE EMPREGO | Lista de puntuacións provisionais do baremo e da entrevista realizada as persoas candidatas ao posto de alumnado do Obradoiro de Emprego Fonte das Forcadas

LISTA DE PUNTUACIÓNS PROVISIONAIS DO BAREMO E DA ENTREVISTA REALIZADA AS PERSOAS CANDIDATAS AO POSTO DE ALUMNADO DO OBRADOIRO DE EMPREGO FONTE DAS FORCADAS

Os empates dirimíronse en función da maior antigüidade como demandante de emprego segundo o informe
de vida laboral.

O prazo para reclamación será de 3 días hábiles dende a publicación deste anuncio no taboleiro de
anuncios da sede electrónica do Concello de Muros.

As reclamacións poderanse presentar nos rexistros de calquera dos concellos participantes. Tamén se
poderá presentar por calquera das outras formas establecidas na lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas. Neste último caso, é preciso remitir no
mesmo prazo ao correo electrónico (notifica@muros.gal), copia da reclamación presentada e do xustificante
da súa presentación. Non caso de non cumprir estas dúas condicións a reclamación non se admitira


Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close