TEATRO | “Animal Sagrado” (Aporía Escénica)

APORÍA ESCÉNICA | “ANIMAL SAGRADO”

Día: sábado, 24 de outubro de 2020.
Hora: 18.00 h.
Recinto: Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros.
Entrada: 2,50 €.

Incluído na Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC
Obrigada a reserva previa, nas oficinas do Centro cultural, no 981762294, ou cultura@muros.es.
Aforo 50 persoas.

“Animal sagrado” procura traer á actualidade o amor profundo e respecto aos animais por medio da historia de tres animais considerados máxicos e sagrados en distintas culturas: O gato en Exipto, o elefante en África e os peixes Koi en Xapón.

Preténdese establecer un nexo entre a historia pasada e a presente, trazando un arco que transite desde o achegado e cotián ata o afastado e exótico. Desde realidades concretas ás que temos acceso, como os gatos nos refuxios de animais e a caza masiva de elefantes, ata as lendas milenarias de Xapón e a cultura do Antigo Exipto.

Sen fuxir da crúa realidade do maltrato animal, Animal Sagrado nútrese dun ideal que impulsa o espectáculo en cada acción e configura unha atmosfera onírica e esperanzadora: o soño de eliminar as barreiras entre o mundo humano e o mundo animal.

O máis relevante e singular desta proposta teatral é a potencia visual, cunha estética de trazos simples e orgánicos cargados de forza e significación. A escenografía está concibida como espazo sonoro mediante o emprego da percusión dos módulos e dos paus, conectándonos cos sons de culturas ancestrais e tradicionais que perviven no noso imaxinario e nos conectan de novo con elementos primixenios e esenciais da nosa condición. Os elementos máis novidosos deste espectáculo son as máscaras hiperrealistas do gato e do elefante, con grande expresividade, volumes e texturas, así como as marionetas dos peixes que danzan fluíndo polo espazo. Todos estes animais sagrados irrompen nas escenas de xeito inesperado, atrapando ao público con maxia e beleza.

É un espectáculo destinado a público familiar, especialmente recomendado a partir de 6 anos. Combina o teatro e a danza, aínda que tamén pode ser cualificado coma teatro de máscaras.

A interpretación corre a cargo de Jorge Gallardo e Diana Mera, quen tamén é autora e directora.


TEATRO | “O meu mundo non é deste reino” (Teatro da Ramboia)

Gañadora do CERTAME MANUEL MARÍA DE PROXECTOS TEATRAIS

Día: sábado, 17 de outubro de 2020.
Hora: 21.30 h.
Recinto: Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros.
Entrada: 3,50 €.

Incluída na Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC

Reserva previa obrigatoria no Centro Cultural e Xuvenil de Muros, no 981 762 294 ou no e-correo cultura@muros.es

Un par de trapeiros chegan a unha parada no seu camiño despois de días de longa viaxe cara á Feira do Vento. Traen consigo unha carga enorme de todo tipo de obxectos estraños: cortinas rimbombantes, paus de todos os tamaños, bolsas das que despuntan teas dunha chea de tecidos e cores distintas, e algo que semella ser unha enorme e aparatosa mochila de madeira. Abraiados ante a abundancia de público, dispóñense a situar as súas pertenzas no espazo con ánimo de venderlle algunha aos alí reunidos. Coma os máis experimentados vendedores de fume, deixan o seu ben máis atesourado para o final; un tutilimundique contén nos seus adentros ao condenado reino de Bululú e os seus habitantes. E así, dáse comezo á farsa. 

Elenco: Anxo García e Fran Lareu
Dirección e dramaturxia: María Peinado


BANDO | Bando municipal sobre as limitacións durante a 13ª Etapa da volta a España – Muros – Miradoiro do Ézaro

Prezadas veciñas e veciños,

O Concello de Muros pon en coñecemento da cidadanía que o próximo 3 de novembro a vila de Muros será lugar da saída da 13ª etapa da La Vuelta España 2020 que rematará no miradoiro do Ézaro, un acontecemento único que suporá unha repercusión mediática a nivel mundial. Ademais, esta etapa terá un carácter moi especial ao tratarse da única contra reloxo individual, polo cal será determinante para coñecer o gañador final.

Este evento implicará que a maior parte da vila e a súa contorna se vexa afectada pola loxística do evento, desta maneira será imprescindible a colaboración e compresión da veciñanza.

Así, facendo uso da facultade que me concede o artigo 124.4 letra g, da Lei 7 /1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local,

FAGO SABER

  • Durante os días previos á celebración da etapa acoutaremos os lugares para o estacionamento de vehículos.
  • Durante a xornada da etapa levaranse a cabo limitacións de mobilidade e peche da AC550.
  • Habilitaranse zonas específicas para o estacionamento de vehículos.
  • Os servizos de seguridade velarán polo cumprimento das normas establecidas.
  • Publicarase na web do Concello de Muros un documento con recomendacións e consellos.

Muros, 13 de outubro 2020

A alcaldesa
Inés Monteagudo Romero

CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN DA ORGANIZACIÓN DE LA VUELTA

Moi ao noso pesar, temos que pidirvos ás/aos espectadoras/es que debido á crise sanitaria pola COVID19 vos quededes na casa e sigades a carreira pola TV, co obxectivo de evitar aglomeracións nos puntos clave de seguimento da etapa.


CULTURA | Ciclo “Onde están as mulleres da cultura?”

CENTRO CULTURAL E XUVENIL DE MUROS

VENRES, 9 DE OUTUBRO 19.00 h

  • Olga Osorio, Lula Goce, Paula Rego e Belén Regueira

VENRES, 16 DE OUTUBRO 19.00 h

  • Eli Ríos, Iria Piñeiro, Carmen Senande e Marta Gómez

Acceso de balde, aforo limitado. Imprescindible reserva previa no teléfono: 981 762 294.

Patrocina: Xunta de Galicia. Secretaría Xeral de Política Lingüística. “Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021”.


EMPREGO | Servizo de orientación laboral no Concello de Muros

O Concello de Muros lémbralles as persoas que se atopen en situación de busca activa de emprego e/ou formación que, xunto co Concello de Outes, contamos cun Servizo de Orientación Laboral financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade.

A través deste servizo poderá ter, entre outras cousas, asesoramento na procura de emprego, realizar o seu currículum ou informarse sobre as opcións de formación as que pode optar.

A técnica de orientación laboral atende presencialmente no Concello de Muros os luns e martes en horario de 8.30 a 14.30 h. As persoas interesadas en solicitar unha cita poden achegarse ás instalación municipais os luns e martes ou ben enviar un correo electrónico a: orientacion.laboral@outes.gal


FORMACIÓN | Cursos de prevención de riscos laborais en Carnota

Dende o departamento de Promoción Económica do Concello de Carnota infórmannos da realización, xunto coa Fundación Laboral da Construción, dos seguintes cursos:

𝗣𝗿𝗲𝘃𝗲𝗻𝗰𝗶ó𝗻 de Riscos Laborais na 𝗰𝗼𝗻𝘀𝘁𝗿𝘂𝗰𝗶𝗼́𝗻 nivel básico de 60 h de duración do 17 ao 30 de novembro.

𝗣𝗥𝗟  para 𝗼𝗽𝗲𝗿𝗮𝗱𝗼𝗿𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝗮𝗽𝗮𝗿𝗮𝘁𝗼𝘀 𝗲𝗹𝗲𝘃𝗮𝗱𝗼𝗿𝗲𝘀 de 6 h de duración, o 1 de decembro.

Os cursos terán lugar no edificio Domus, en Lira de 8.00 a 14.30 h

Para formalizar a inscrición deben presentar cuberta a folla de inscrición e fotocopia de DNI no departamento de Promoción Económica no Concello de Carnota

Máis información e inscricións:

Departamento de Promoción Económica no Concello de Carnota

Contacto: María Dolores Pena. Tlfn: 672 304 753 / 981 857 032

Correo-e: dolores.pena@carnota.gal

SUBVENCIÓNS | A clubs deportivos e entidades sen ánimo de lucro do Concello de Muros 2020

Bases específicas de subvencións a clubs deportivos e entidades sen ánimo de lucro do Concello de Muros, con equipos ou deportistas que participen en competición federada para a realización de actividades de fomento da actividade física para o ano 2020.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close