ANUNCIO | Lista provisional de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo de auxiliares de axuda do fogar 2020

Por Resolución da Alcaldía núm. 709/2020 de 25 de xuño, adoptouse o seguinte acordo:

Vista a Resolución da Alcaldía núm. 333/2020 de 10 de marzo pola que se aprobaron bases e a convocatoria do proceso selectivo para a creación dunha lista de contratación, como persoal laboral temporal, de auxiliares de axuda no fogar no Concello de Muros, publicada no BOP núm. 50 de 13 de marzo de 2020.

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes para participar neste proceso e de conformidade co previsto nas bases desta convocatoria,

RESOLVO

PRIMEIRO. Aprobar a lista provisional de persoas admitidas e excluídas na convocatoria referenciada

PERSOAS ADMITIDAS

CAMPAMENTOS DE VERÁN | Oferta dos campamentos de verán municipais 2020

Os campamentos de verán 2020 terán lugar no mes de xullo (agosto en función da lista de reservas) e estarán dirixidos a nenos/as de 6 a 11 anos (en función do ano de nacemento) tendo preferencia os/as empadroados no Concello de Muros.

Desenvolveranse en dúas quendas de idade, que se realizarán de maneira simultánea nos pavillóns Xosé Lago (Esteiro) e Miraflores (Muros).

O prazo de preinscrición estará aberto dende o 15 de xuño e prolongarase ata o próximo 26 de xuño. O proceso de selección farase mediante un sorteo no caso de superar as prazas ofertadas.

No seguinte enlace podes consultar as bases reguladoras (horarios, quendas, preferencias, medidas…).

Para realizar a preinscrición debes descargar o formulario específico  e presentalo, preferentemente, na sede electrónica do Concello de Muros sede.muros.gal (mediante certificado dixital ou DNIe), de non ser posible tamén se poderá presentar no rexistro xeral situado na casa do Concello.

BANDO MUNICIPAL | Celebración dos mercadiños dos luns, martes e venres en todo o municipio

O 12 de marzo de 2020 a alcaldesa, María Inés Monteagudo Romero, ditou bando no que se facía saber que dadas as circunstancias provocadas polo COVID-19 e de acordo coas recomendacións da Xunta de Galicia se suspendían os mercadiños de luns, martes e venres en todo o municipio.

Vista o Orde SND 458/2020 de 30 de maio para a flexibilización de determinadas restricións do ámbito nacional establecidas tras a declaración do Estado de Alarma en aplicación da Fase 3 do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, onde se establece que se garantirá a limitación da metade dos postos habituais ou autorizados, limitando a afluencia da clientela de maneira que se asegure a distancia social de dous metros e que á hora de determinar os/as comerciantes que poden exercer a súa actividade, o Concello poderá priorizar aqueles que comercializan produtos alimentarios e de primeira necesidade, asegurando que non se manipulen os produtos comercializados por parte dos/as consumidores/as.

Esta Alcaldía, ao amparo do disposto nos artigos 21.1).e) e 84.1.a) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e así como ao disposto no artigo 41 do Real Decreto 2568/1986 de 28 de novembro polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, por medio deste BANDO establece as condicións que, de maneira temporal rexerán a reapertura  dos mercados que desenvolven a súa actividade ao aire libre ou de venda non sedentaria na vía pública, comunmente denominados mercadiños, e así FAI SABER o seguinte:

Primeiro.- Levántase a suspensión da celebración dos mercadiños dos luns, martes e venres en todo o concello,  nos sitios habituáis de celebración, garantindo a limitación da metade dos postos habituais autorizados e priorizando aqueles que comercializan produtos alimentarios e de primeira necesidade de acordo coas quendas rotatorias establecidas no anexo realizado ao efecto e que permanecerá exposto con este bando aos efectos oportunos e sempre e cando se cumpran as medidas de seguridade e hixiene establecidas de distanciamento social entre postos.

Segundo.- As titularidades dos postos, de acordo co establecido na Orde SND 458/2020 do 30 de maio, deberán sinalar de forma clara e precisa a distancia de seguridade interpersoal de dous metros entre a clientela, con marcas no chan ou mediante o uso de balizas, cartelería ou sinalización para aqueles casos non que non sexa posible a atención individualizada de máis dun/dunha cliente ao mesmo tempo; e deberán pór á disposición do público dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade virucida autorizados e rexistrados polo Ministerio de Sanidade.

Terceiro.- A Policía Local velará porque se respecten estás condicións e medidas, para protección e beneficio de todos e todas. Garantirase a vixilancia do espazo onde se celebre o mercado, durante o horario de funcionamento, para o cumprimento das normas de distanciamento social, así como para evitar aglomeracións.

Cuarto.- As normas contidas neste bando e as situacións recoñecidas da súa aplicación terán en todo caso una vixencia limitada ao mantemento das restricións por mor da pandemia ocasionada polo COVID-19, sen que cren dereito algún a favor do particular e suxeitas ás modificacións que se puidesen dar en función da evolución da situación e das normas que se vaian aprobando polas distintas administracións.

Cuarto.- Comunicarase á Consellería de Sanidade este bando para os efectos oportunos.

En todo caso prégase a toda a cidadanía que actúen con responsabilidade e prudencia e que sigan en todos os casos as recomendacións das autoridades sanitarias.

CONVOCATORIA | Proceso selectivo para a contratación de persoal laboral para a brigada de incendios 2020

Por Resolución desta Alcaldía núm. 642/2020 de 5 e xuño, aprobáronse as bases e a convocatoria do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa de 2 capataces, 2 peóns condutores e 6 peóns para a creación de dúas brigadas de incendios, anualidade 2020, e a elaboración dunha bolsa de traballo en réxime de contratación laboral temporal a tempo completo financiado pola Consellería de Medio Rural.

CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL A XORNADA COMPLETA DE 2 CAPAZACES, 2 PEÓNS CONDUTORES E 6 PEÓNS, PARA A CREACIÓN DE DÚAS BRIGADAS DE INCENDIOS 2020, E A ELABORACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO EN RÉXIME DE CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL A TEMPO COMPLETO

1. Obxecto da convocatoria

Constitúe o obxecto destas bases a aprobación da convocatoria e regulación do proceso selectivo para a provisión mediante contratación laboral temporal de persoal para a creación de dúas brigadas de incendios do Concello de Muros 2020, mediante calquera das modalidades de contratación previstas no Real decreto lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores. A xornada será de luns a domingo cos descansos que establece a lei. As datas de inicio e de finalización dos contratos serán os establecidos na Resolución da contratación. No soldo previsto no punto 2 están incluídas as retribucións de turnicidade, festividade, nocturnidade e parte proporcional das pagas extras.

Cada brigada estará composta por 1 capataz, 1 condutor e 3 peóns. Para proceder á contratación do persoal, debe de existir persoal suficiente para a creación de cada brigada. De forma excepcional e por causas xustificadas, esta composición poderá modificarse.

2. Características dos postos

Área de subscrición: Seguridade

Denominación dos posto: Capataz forestal Prazas: 2

  • Duración: 3 meses Grupo: III
  • Soldo: 1.550,00 € por todos os conceptos

Denominación dos posto: Peón condutor Prazas: 2

  • Duración: 3 meses Grupo: V
  • Soldo: 1.250,00 € por todos os conceptos

Denominación dos posto: Peón Prazas: 6

  • Duración: 3 meses Grupo: V
  • Soldo: 1.200,00 € por todos os conceptos

Modalidade contractual: Contrato de obra ou servizo a tempo completo Titulación: Certificación de estudos segundo o previsto no punto 4 g).

Outros coñecementos: CELGA 4 para a praza de capataz e CELGA 1 para a de peón.

Cometido funcional: As funcións a desenvolver consisten nas tarefas propias dos postos de traballo nas brigadas de prevención e defensa contra os incendios forestais obxecto do convenio asinado coa Consellería de Medio Rural, consistentes na realización, por parte de todos os membros da brigada, de tarefas de limpeza de masa forestal e extinción de incendios forestais. Así mesmo, realizarán aquelas outras tarefas que lle poidan ser encomendadas polos órganos municipais e polo seu superior xerárquico para a satisfacción das necesidades propias do servizo. O horario de traballo será en quendas rotativas de mañá, tarde e noite.

CONTRATACIÓN | Proposta definitiva para a contratación de peóns albaneis para a cuadrilla de obras e servizos mínimos municipais 2020

Na sesión celebrada o día 5 de xuño de 2020, o tribunal do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa de peóns albaneis para a cuadrilla de obras e servizos mínimos municipal, anualidade 2020, e a elaboración dunha bolsa de traballo en réxime de contratación laboral temporal a tempo completo financiado pola Deputación da Coruña dentro do programa PEL/concellos 2020, adoptou, os seguintes acordos:

Rematado o prazo para presentar alegacións a proposta do tribunal do día 2 de xuño de 2020, e non existindo reclamacións o tribunal acorda dar por válida a proposta para as contratacións e a creación da bolsa de traballo dos peóns de Obras públicas, anualidade 2020, segundo o previsto no anexo I.

ANEXO 1

APELIDOS E NOMEDNIExp. laboralFormaciónCarne CondTOTAL
PNN***8534**12,500,75114,25
JRL***9112**12,500,75114,25
MFC***5214**12,50113,50
JLG***6095**12,50113,50
JAP***2436**12,50113,50
JRA***3828**8,3419,34
JBP***1269**7,5318,53
JEF***9160**4,504,50
JIP*** 9441**1,330,7513,08
JFF** * 4876**0.4811,48
MLF***1444**1,471,47
JFT*** 3785**11
JLG***8368* *11
CNM***6136**11
JMT***8543**0
DMC***0254**0

INFORMACIÓN | Reanudación do prazo de presentación de solicitudes para o proceso selectivo de auxiliares de axuda no fogar

Segundo o establecido no artigo 9 do Real Decreto 537/2020, de 22 de maio, polo que se prorroga o estado de alarma declarado polo Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, (BOE número 145 do 23 de maio de 2020), con efectos do 1 de xuño de 2020, o cómputo dos prazos administrativos que fosen suspendidos polo estado de alarma reanúdanse.

Polo tanto, o prazo para a presentación de solicitudes para participar no proceso selectivo para a elaboración dunha bolsa de traballo de persoal laboral temporal de auxiliares de axuda no fogar publicado no BOP núm. 50 do 13 de marzo de 2020, remata o próximo 15 de xuño de 2020.

CONTRATACIÓN | Proposta de contratación de peóns albaneis para a cuadrilla de obras e servizos municipais 2020

Na sesión celebrada o día 2 de xuño de 2020, o tribunal do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa de peóns albaneis para a cuadrilla de Obras e Servizos mínimos municipal, anualidade 2020, e para a elaboración dunha bolsa de traballo en réxime de contratación laboral temporal a tempo completo financiado pola Deputación da Coruña dentro do programa PEL/concellos 2020, adoptou, os seguintes acordos:

Primeiro.- Acórdase publicar o resultado da realización da proba de galego que se publica como anexo 1.

Segundo.- Acórdase publicar o resultado total do proceso selectivo, por orde decrecente das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo como anexo 11.

Terceiro.-  Proponse a contratación como peóns albaneis aos seguintes aspirantes,

PNN***8534**
JRL***9112**
MFC***5214**
JLG***6095**
JAP***2436**
JRA***3828**

Cuarto.- Proponse a creación da bolsa de traballo cos aspirantes non seleccionados que superaron o proceso selectivo e que integrarán a bolsa de traballo, segundo o previsto no punto 9 das bases, coa seguinte orde de chamamento en atención a puntuación acadada:

JBP***1269**
JEF***9160**
JIP***9441**
JFF***4876**
MLF***1444**
JFT***3785**
JLG***8368**
CNM***6136**
JMT***8543**
DMC***0254**

Quinto.- Segundo o previsto no punto 9 das bases do proceso selectivo, contra estes acordos poderase presentar nun prazo de dous días naturais as reclamacións que se consideren oportunas.

COVID-19 | Programa de apoio para a adaptación dos establecementos turísticos da ría de Muros-Noia ante a Covid-19

Convocante: Asociación Rural de Desenvolvemento Ría de Muros Noia. A ARD Ría de Muros Noia é unha asociación integrada polos Concellos de Lousame, Muros, Noia, Outes e Porto do Son.

Ámbito territorial do programa: o Xeodestino Ría de Muros Noia, integrado polos Concellos de Lousame, Muros, Noia, Outes e Porto do Son.

Beneficiarios: establecementos, empresas e profesionais turísticos que teñan a súa sede en calquera concello do xeodestino ou empresas e profesionais que, tendo a súa sede social fóra do xeodestino, desenvolvan servizos ou produtos turísticos no Xeodestino Ría de Muros Noia.

No segundo suposto, só poderán beneficiarse do programa os servizos ou produtos desenvolvidos efectivamente no Xeodestino Ría de Muros Noia.

Os subsectores que poderán beneficiarse deste programa son aqueles que correspondan cos manuais editados pola Xunta de Galicia a través de calquera canle oficial.

Descrición dos servizos que recibirán os beneficiarios:

  • Asistencia personalizada por unha asesoría na sede de cada negocio ou lugar onde se preste o servizo.
  • Subministración de todos os elementos de cartelería, sinalización e marcado de chan precisos para a aplicación das prescricións contidas nos manuais da Xunta de Galicia.
  • Servizo de asesoramento e resolución de dúbidas por vía telefónica ou telemática prestado directamente polo/a asesor/a asignado/a a cada establecemento.
  • Aportación de todos os documentos e declaracións a cumprimentar polo empresario e asistencia para a cumprimentación.
  • (Só para establecementos con categoría de restaurante) Posta á súa disposición de cartas de menús en formato dixital que substitúan ás tradicionais.

Publicidade:  estas están dispoñibles en http://riademurosnoia.com/descargas/covid19/

O anuncio do programa será feito nun diario de máxima audiencia na Ría de Muros Noia.

Presentación de solicitudes: as solicitudes para participar no programa deben remitirse a destinoseguro@riademurosnoia.com e consistirán en:

  • Nome e apelidos do/a demandante.
  • Teléfono de contacto.
  • Denominación do establecemento ou actividade para o que desexa o servizo.

Con posterioridade, a ARD Ría de Muros Noia poderá solicitar outros documentos que acrediten o cumprimento doutros requisitos de participación.

Datas límite de presentación de solicitudes de participación: a data límite de presentación de solicitudes é o 15 de xuño de 2020.

Procedemento de recepción do servizo polos beneficiarios: tras o envío da solicitude ao enderezo de correo indicado máis arriba, o/a solicitante recibirá, nun prazo máximo de 72 horas a chamada dun/dunha asesor/a para concertar unha cita para unha primeira visita e iniciar o proceso.

ANUNCIO | Realización da proba de galego do proceso de selección de peón albanel 2020 da valoración da fase de concurso de méritos

Na sesión celebrada o día 29 de maio de 2020, o tribunal do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa de peóns albaneis para a departamento de Obras e servizos mínimos municipal, anualidade 2020, e para a elaboración dunha bolsa de traballo en réxime de contratación laboral temporal a tempo completo financiado pola Deputación da Coruña dentro do programa PEL/concellos 2020, adoptáronse, entre outros, os seguintes acordes:

“Segundo. Acórdase publicar o resultado da valoración da fase de concurso de méritos segundo o previsto no punto 8.A das bases e que se publica como anexo l. Os/as aspirantes terán un prazo de dous días dende a publicación deste acordo para presentar as reclamacións que consideren oportunas

Terceiro. Acórdase convocar aos/ás aspirantes relacionados con anexo 11 que non acreditaron o CELGA 1 a realizar a proba de galego o próximo martes 2 de xuño ás 9.00 h na Casa do Concello. Os/as aspirantes deberán vir provistos de bolígrafo, DNI e máscara. Para a realización desta proba solicítase o asesoramento da normalizadora lingüística do Concello de Muros.”

ANEXO 1

APELIDOS E NOMEDNIExp. laboralFormaciónCarné Cond.TOTAL
PNN***8534**12,500,75114,25
JRL***9112**12,500,75114,25
MFC***5214**12,50113,50
JLG***6095**12,50113,50
JAP***2436**12,50113,50
JRA***3828**8,3419,34
JBP***1269**7,5318,53
JEF***9160**4,504,50
JIP***9441**1,330,7513,08
JFF***4876**0.4811,48
MLF***1444**1,471,47
JFT***3785**11
JLG***8368**11
CNM***6136**11
BAP***5074**11
JMT***8543**0
DMC***0254**0

ANEXO 11

APELIDOS E NOMEDNI
BAP***5074 **
CNM***6136**
JBP***1269**
JLG***6095**
JLG***8368* *
JRA***3828**
MFC***5214**
MLF***1444**
DMC***0254**
JFF***4876**

ANUNCIO | Lista definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de peón albanel 2020

Por Resolución da Alcaldía núm. 617/2020 de 29 de maio adoptouse o seguinte acordo:

Vista a Resolución da Alcaldía núm. 502/2020 de 12 de maio pola que se aprobaron bases e a convocatoria do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa de peóns albaneis para o departamento de obras e servizos mínimos municipal, anualidade 2020, e para a elaboración dunha bolsa de traballo en réxime de contratación laboral temporal a tempo completo financiado pola Deputación da Coruña dentro do programa PEL/concellos 2020, publicada no BOP núm. 29 de 12 de febreiro de 2020.

Vista a Resolución da Alcaldía núm. 601/2020 de 25 de maio pola que se aproba a lista provisional de persoas admitidas e excluídas para participar neste proceso selectivo

Vistas as reclamacións presentadas á lista provisional de persoas aspirantes admitidas e excluíaos e finalizado o prazo de presentación de reclamacións e de conformidade co previsto nas bases da convocatoria,

RESOLVO:

Aprobar a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas na convocatoria do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa de peóns albaneis para o departamento de obras e servizos mínimos municipal, anualidade 2020, e para a elaboración dunha bolsa de traballo en réxime de contratación laboral temporal a tempo completo financiado pola Deputación da Coruña dentro do programa PEL/concellos 2020, publicada no BOP núm. 29 de 12 de febreiro de 2020.

PERSOAS ADMITIDAS

APELIDOS E NOME  DNI
BAP***5074**
CNM***6136**
JAP***2436**
JBP***1269**
JEF***9160**
JFT***3785**
JIP***9441**
JLG***6095**
JLG***8368**
JMT***8543**
JRA***3828**
JRL***9112**
MFC***5214**
MLF***1444**
PNN***8534**
DMC***0254**
JFF***4876**

PERSOAS EXCLUIDAS

APELIDOS E NOME  DNICausa exclusión
ACS***8775**1
JTL***0346**1
MKN***6136**1
PSC***0544**1

Motivos de exclusión

1 Non acreditar pertencer a algún dos colectivos do punto 4 f) destas bases.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close