EMPREGO |  Resultado provisional do 2º e 3º exercicio e da fase de concurso de méritos do proceso selectivo para o servizo de limpeza de praias 2022

Anuncio do resultado provisional do 2º e 3º exercicio e da fase de concurso de méritos do proceso selectivo para elaboración dunha bolsa de emprego para a contratación de persoal laboral temporal para o servizo de limpeza de praias 2022, que financiará a Deputación da Coruña dentro do programa MA100/2022.


Anuncio do resultado do 1º exame, e convocatoria do 2º e 3º exercicio, do proceso selectivo para elaboración dunha bolsa de emprego para a contratación de persoal laboral temporal para o servizo de limpeza de praias 2022, que financiará a Deputación da Coruña dentro do programa MA100/2022.


Anuncio das persoas admitidas, tribunal e data de realización do 1º exame do proceso selectivo para elaboración dunha bolsa de emprego para a contratación de persoal laboral temporal para o servizo de limpeza de praias 2022, que financiará a Deputación da Coruña dentro do programa MA100/2022.


Por Resolución da Alcaldía núm. 534/2022 de 5 de maio, aprobáronse as bases e a convocatoria do proceso selectivo de elaboración dunha bolsa de traballo para a contratación de persoal laboral temporal para o servizo de limpeza de praias, 2022, e que se financiará pola Deputación da Coruña dentro do programa MA100/2022, e que se transcriben a continuación:

CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA ELABORACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL PARA O SERVIZO DE LIMPEZA DE PRAIAS 2022, QUE FINANCIARÁ A DEPUTACIÓN DA CORUÑA DENTRO DO PROGRAMA MA100/2022

Obxecto da convocatoria

Ten por obxecto esta convocatoria a elaboración dunha bolsa de emprego para a contratación de persoal laboral temporal para o servizo de limpeza de praias, anualidade 2022, mediante calquera das modalidades de contratación previstas no Real decreto lei 32/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo, (BOE núm. 313, de 30 de decembro de 2021). A xornada será de luns a domingo cos descansos que establece a lei. A duración do contrato, nunca inferior a dous meses, e as datas de inicio e de finalización dos contratos serán establecidos na resolución da contratación.

Esta convocatoria está vinculada á concesión definitiva da subvención solicitada á Deputación da Coruña para a contratación de persoal por parte dos concellos para a limpeza de praias marítimas, Ma100/2022.

No caso de que o Concello de Muros non resulte beneficiario desta subvención, este proceso suspenderase de inmediato e quedará sen ningún efecto

Características do posto

Área de subscrición: Obras
Denominación do posto: Peón de limpeza de praias
Modalidade contractual: Calquera das previstas no RD 32/2021
Grupo: V
Xornada: A xornada laboral será como igual ou superior ao 75% da xornada ordinaria Titulación: Polas funcións a realizar, non se precisa estar en posesión de ningunha titulación.
Cometido funcional: As funcións a desenvolver consisten nas tarefas de limpeza de praias e limpeza medioambiental. Así mesmo, realizarán aquelas outras tarefas que lle poidan ser encomendadas polos órganos municipais e polo seu superior xerárquico para a satisfacción das necesidades propias do servizo.

Sistema de selección

O sistema de selección será de concurso-oposición, que se valorará de acordo co baremo establecido no punto 8 destas bases.


EDUCACIÓN SECUNDARIA PARA PERSOAS ADULTAS (ESA) – IES PLURILINGÜE FONTEXERÍA DE MUROS

EDUCACIÓN SECUNDARIA PARA PERSOAS ADULTAS (ESA)
IES PLURILINGÜE FONTEXERÍA DE MUROS

NECESITAS O TÍTULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA PORQUE…

  • QUERES PRESENTARTE A UN POSTO DE TRABALLO NO QUE O ESIXEN?
  • QUERES PRESENTARTE A UNHAS OPOSICIÓNS?
  • QUERES OBTER O CELGA 3?
  • QUERES FACER UN CICLO MEDIO DE FORMACIÓN PROFESIONAL OU O BACHARELATO?
  • QUERES MELLORAR O TEU CURRÍCULO E A TÚA FORMACIÓN ACADÉMICA?

AGORA PODES CONSEGUILO CURSANDO OS MÓDULOS 3 E 4 NA EDUCACIÓN SECUNDARIA PARA PERSOAS ADULTAS NO IES PLURILINGÜE FONTEXERÍA.

REQUISITOS DE ACCESO

  • ter 18 anos ou máis ou cumplilos antes do 31 de decembro.
  • se tes menos de 18 anos:
    • Ter cursado ensinanzas de adultos en anos anteriores
    • Ser maior de 16 anos e ter un contrato laboral que impida acudir ao centro en réxime ordinario
    • Ser deportista de alto rendemento

E CUMPRIR OS SEGUINTES REQUISITOS ACADÉMICOS

  • MÓDULO 3, ter superado algún dos seguintes cursos:
    • 2º de ESO,
    • 8º de EXB,
    • Módulo 2 de ESA,
    • Módulos obrigatorios de 1º PCPI.
  • MÓDULO 4, ter superado algún dos seguintes cursos:
    • 3º de ESO,
    • 1º de BUP ou 1º de FPI
    • Módulo 3 de ESA.

COMO É O ENSINO DE ADULTOS/AS?

No IES Plurilingüe Fontexería impártese a Educación Secundaria para Persoas Adultas (ESA) en Módulos cuadrimestrais que permiten a obtención do Título de Graduado en Secundaria, sendo o Módulo 3 (equivalente a 3º de ESO) impartido entre Setembro e Febreiro, e o Módulo 4 (equivalente a 4º de ESO) impartido entre Febreiro e Xuño.

Cada módulo organízase en tres ámbitos:

  • Comunicación (Lingua Galega, Lingua Castelá e Inglés)
  • Social (Ciencias Sociais, Xeografía e Historia)
  • Científico-Tecnolóxico (Matemáticas, Tecnoloxía e Ciencias Naturais)

ATENCIÓN AO HORARIO:

As ensinanzas de adultos impartiránse Luns e Mércores das 18:00 ás 21:45 horas, e Martes e Xoves, das 16:30 ás 20:15 (de 4 a 5 sesións diarias de 45 minutos).

SOLICITUDE DE MATRÍCULA:

Do 3 ao 17 de Xuño na secretaría do centro.
En Xaneiro ábrese un novo prazo de matrícula para o alumnado que accede directamente ao Módulo 4 (4º de ESO).

MÁIS INFORMACIÓN:

IES PLURILINGÜE FONTEXERÍA – MUROS
Agra de Baño, 21 Tfnos.: 881867110, 881867108.
ies.fontexeria@edu.xunta.es
www.edu.xunta.es/centros/iesfontexeria/

Adxunto: propaganda adultos 22-23-A3.pdf


BANDO | NORMAS PARA LUMIÑOS DE SAN XOAN

NORMAS PARA LUMIÑOS DE SAN XOAN.

SOLICITUDES

– As persoas, asociacións ou comunidades que desexen realizar unha cacharela deberán presentar a solicitude no Concello de Muros, antes das 14:00 horas do día 17 de xuño de 2022, cumprimentando o modelo de solicitude e achegando a documentación.

NORMAS PARA A REALIZACIÓN DOS LUMIÑOS

1.- Non está permitido facer as laradas en PRAIAS, VÍAS PÚBLICAS, XARDÍNS OU PARQUES PÚBLICOS, en terreos forestais ou nas proximidades de masas arbóreas.

2.- As laradas ou cacharelas situaranse en lugares seguros, de tal xeito, que non exista perigo de propagación accidental ás vivendas, instalacións ou terreos próximos. Deberán ter en conta a existencia de cableado, tendidos eléctricos, etc.  Arredor da cacharela deixarase unha franxa duns 5 metros libre de calquera elemento combustible.

3.- Deberán situarse en zonas afastadas de masas arbóreas polo menos 50 mts. Os responsables deben asegurarse de contar con medios de extinción mínimos pero suficientes para o seu uso inmediato en caso de ser necesario.

4.- Non se permite a utilización de líquidos inflamables nin queimar produtos contaminantes (plásticos, pinturas, gomas, …). Tampouco se poderán queimar residuos ou restos domésticos, forestais ou agrícolas

5.- As laradas deben estar baixo vixilancia en todo momento, os responsables deberán asegurarse de que o lume queda completamente apagado.

6.-  Mediante estas normas o Concello pretende garantir a seguridade das persoas, facendo compatible a celebración dunha festa tradicional coa seguridade de todos. En todo caso, o Concello aconsella prudencia e observar as recomendacións sanitarias ao existir aínda un número importante de contaxios Covid.

As autorizacións autorgadas non eximirán en ningún caso das responsabilidades por danos e prexuízos a que houber lugar no caso de que concorrese neglixencia ou imprudencia.


EMPREGO | Anuncio definitivo do proceso selectivo de contratación de 2 peóns/ peoas forestais APROL RURAL 2022

Anuncio definitivo do proceso selectivo de contratación de 2 peóns/ peoas forestais APROL RURAL 2022 financiado pola Xunta de Galicia.


Anuncio da corrección do 2º  e 3º exercicio do proceso selectivo de contratación de 2 peóns/peoas forestais APROL RURAL 2022 financiado pola Xunta de Galicia.


Anuncio da corrección do 1º exercicio e convocatoria do 2º e 3º exercicio do proceso selectivo de contratación de 2 peóns/peoas forestais APROL RURAL 2022 financiado pola Xunta de Galicia.


Por Resolución da Alcaldía núm. 548/2022 de 9 de maio, aprobáronse as bases e a convocatoria do proceso selectivo para a contratación laboral temporal a xornada completa de dous peóns/as forestais en base á subvención concedida para o fomento do emprego no medio rural (aprol rural), e a elaboración dunha bolsa de traballo en réxime de contratación laboral temporal a tempo completo financiado pola Xunta de Galicia dentro do programa TR351G, e que se transcriben a continuación,

BASES DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL A XORNADA COMPLETA DE DOUS PEÓNS/AS FORESTAIS EN BASE Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA O FOMENTO DO EMPREGO NO MEDIO RURAL, E A ELABORACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO EN RÉXIME DE CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL A TEMPO COMPLETO, FINANCIADO POLA XUNTA DE GALICIA DENTRO DO PROGRAMA TR351G.

Obxecto da convocatoria

Ten por obxecto esta convocatoria, o proceso de selección para a contratación temporal a tempo completo de dous peóns/as forestais mediante contrato de traballo temporal para a mellora da ocupabilidade e inserción laboral a xornada completa. A xornada será de luns a domingo cos descansos que establece a lei. As datas de inicio e de finalización dos contratos serán os establecidos na Resolución da contratación. A data limite para realizar a contratación laboral, segundo a resolución da subvención, é o 15 de xuño de 2022.

Características do posto

Área de subscrición: Medio Ambiente Denominación do posto: peón forestal Prazas: 2
Duración: 9 meses Grupo: V
Grupo de cotización: 9
Soldo: 1.166,70€ por todos os conceptos
Modalidade contractual: Contrato temporal para a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral a tempo completo Titulación. Polas funcións a realizar, non se precisa estar en posesión de ningunha titulación
Cometido funcional. As funcións a desenvolver consisten nas tarefas de limpeza forestal e medioambiental. Así mesmo, realizarán aquelas outras tarefas que lle poidan ser encomendadas polos órganos municipais e polo seu superior xerárquico para a satisfacción das necesidades propias do servizo.

Sistema de selección

O sistema de selección será de concurso-oposición, que se valorará de acordo co baremo establecido no punto 8 destas bases.

BASES  PEÓNS/AS FORESTAIS (PDF-240,04 kb )


Queres participar cun posto no Mercado Mariñeiro tradicional de Muros?

INSCRICIÓN ABERTA!!

O 8, 9 e 10 de xullo terá lugar nas rúas e prazas do concello de Muros o Mercado Mariñeiro das XVII Xornadas Muros Mira ao Mar. Os postos estarán abertos ao público de 11:00 h a 23:00 h (venres e sábado) e de 11:00 h a 20:00 h (domingo).

INSCRÍBETE ANTES DO 20 DE MAIO

Consulta as bases de participación no botón azul:

Cubre o Formulario de Inscrición no botón vermello:

Poderás expor os teus produtos artesanais, naturais, ecolóxicos, antigüidades, terapias alternativas, produtos gastronómicos… E outros que se consideren de interese. Terá prioridade aquilo relacionado co mar e a cultura mariñeira ou poder ofrecer algunha mostra ou actividade.

*** PRAZO ABERTO ATA O 20 DE MAIO ***

Para calquera dúbida, contacta con nós: chama ao 981 58 28 36 ou escríbenos a mercadomuros@gmail.com

TEATRO | O sábado 14 estrea de Aquelando Teatro na XIV Mostra de Teatro Xosé Agrelo De Muros

Despois da exitosa presentación dos espectáculos “XACOVEDRA”, de ANDARAVÍA TEATRO, e “ÁM@TE”, da A.C. O XEITO de Esteiro na “XIV MOSTRA DE TEATRO XOSÉ AGRELO” de Muros; neste fin de semana chega a agardada estrea do grupo local AQUELANDO TEATRO, que nesta ocasión representa “Unha Petición de Man e unha Voda”. Na vindeira semana chegará o programa máis denso, o martes, 17, O espectáculo infantil “Extra!”, o xoves “O segredo do anel” o venres a presentación da última publicación de Henrique Monteagudo e a representación de “Escola de Vaqueiras” e o sábado “A Parábola do Angazo”.

Sábado, 14 de maio, 21:00 h. | Centro Cultural e Xuvenil de Muros
AQUELANDO TEATRO, de Muros, presenta “Unha Petición de Man e unha Voda”

Reparto: Juana Caamaño Lago, Carmen Torea Rama, Silvia Blanco Lojo, Ana María Fernández Martínez, Jesús Manuel Sendón Rebollido, Lucía Rodríguez Peña, Pepa Caamaño García, Gabriel Sestayo Lago, Dora Formoso Figueiras, Maruxa Mayo Priegue, Belén Vidal Piñeiro, Bernardino Fernández Lloréns, Lola Barreiros Lestón, Juana Caamaño Lago e, por partida doble, Lita Cantariño Cubelo,

Textos adaptados de Antón Chejov e Roberto Vidal Bolaño

Dirección e adaptación dos textos: Lucho Penabade.

Un grupo de persoas vense atrapadas nunha situación tristemente inaudita. Tod@s comparten unha grande afección polo teatro, o que lles permite representar historias reais e imaxinarias para resistir…

Martes, 17 de maio, 18:00 h. | Praza do Mercado de Muros, (en caso de chuvia trasladaríase ao Centro Cultural)
PACO NOGUEIRAS, representará “EXTRA!”

EXTRA! é un espectáculo baseado no libro-cd “Extra!” editado por Kalandraka Editora, na que se combinan cancións e interpretacións cos rexistros máis divertidos.

Extra! Xa está aquí, é o teu xornal.
As novas máis curiosas, sucesos especiais.
Os temas máis diversos podes coñecer,
os feitos máis recentes. Non os debes perder!

Chega o “xornal musical” que Paco Nogueiras ideou para compartir con todas e todos vós. En EXTRA! os temas dispóñense en distintas seccións onde cada composición aborda noticias nacionais e internacionais, sucesos, información social, cultural e divulgativa, deportes, opinión, pasatempos e ata unha axenda de actividades.

EXTRA! convídate a conectar co mundo e transformar a realidade en canción. Quen dixo que non se poden cantar as noticias? E bailalas? En EXTRA! pódese. E cantos máis sexamos, moito mellor. Melodías e ritmos modernos, pegadizos e bailables que convidan á participación do público. EXTRA! é alegría, diversión , imaxinación e información.

EXTRA! EXTRAAAA!!!Se escoitas este berro é o momento de encher ben os pulmóns de aire e berrar con él EXTRA, EXTRAAAAA!!!.

A concelleira de cultura de Muros, Mayka González, manifesta a súa satisfacción por como vai transcorrendo a Mostra e anima a toda a veciñanza a reservar as súas entradas no centro cultural de Muros, Entradas que son de balde e cada semana póñense a disposición do público as da mesma semana, coa única excepción da do martes 17, que xa se pode reservar dende esta semana. O programa continúa na vindeira semana coas seguintes propostas:

Xoves 19 de maio, 12:00 h.- GRUPO DE TEATRO DO CENTRO OCUPACIONAL DE VALADARES “O segredo do anel”

Venres 20 de maio, 20:00 h.- Presentación libro MONTEAGUDO ROMERO, Henrique “O idoima galego baixo o franquismo. Da resistencia á normalización”

Venres 20 de maio, 21:00 h.- METÁTASE TEATRO, de Palas de Rei, “Escola de Vaqueiras”

Sábado 21 de maio, 21:00 h.- TALÍA TEATRO “A parábola do Angazo”.


ENQUISA | II Plan de Igualdade municipal contra a violencia de xénero (PIM)

Estimada veciñanza:

O Concello de Muros está a iniciar, coa colaboración e asesoría técnica de SENES CIT SL, o proceso de elaboración do II Plan de Igualdade municipal contra a violencia de xénero (PIM).

A elaboración dun Plan de Igualdade municipal contra a violencia de xénero é un proceso participativo que precisa das achegas, suxestións e opinións de todas as persoas implicadas. Tratando de realizar tanto unha diagnose de xénero, como un documento real que sirva de base para a verdadeira transformación social da sociedade que contribúa de maneira efectiva á mellora da calidade de vida das mulleres e homes de Muros optimizando así os recursos existentes.

Neste marco de colaboración, as opinións da cidadanía de Muros son de gran importancia, por este motivo, solicitamos a vosa colaboración nesta fase de diagnose a través do cumprimento dunha enquisa que servirá como punto de partida para a realización da mesma e que se deberá ter enviada antes do día 15 de maio de 2022.

Podes acceder á enquisa premendo no seguinte enlace:

 http://senescit.es/estudios/index.php?sid=76453&lang=gl

Agradecendo de antemán a túa colaboración, recibe un afectuoso saúdo.

Dna. Inés Monteagudo
Alcaldesa do Concello de Muros


TEATRO | Comeza a “XIV MOSTRA DE TEATRO XOSÉ AGRELO” de Muros con dous grupo de teatro amador “ANDARAVÍA TEATRO”, de Vedra e o grupo de teatro da A.C. O Xeito

A “XIV MOSTRA DE TEATRO XOSÉ AGRELO” da comezo en Muros; e neste fin de semana concentra as dúas primeiras actuacións de teatro amador, “XacoVedra” e “Ám@te”, representados por dous grupos de longa e relevante traxectoria dentro do panorama do teatro amador galego, Andaravía, de Vedra e o grupo de teatro da Asociación Cultural O Xeito de Esteiro; e continuará con unha mostra de espectáculos cada fin de semana ate o día 21 de maio.

Venres, 6 de maio, 21:00 h.
ANDARAVÍA TEATRO, de Vedra, representará “XACOVEDRA”

Estamos en ano Xacobeo, con el ábrese un mundo de oportunidades que ninguén quere perder. Por medio de varios sketchs e cantigas presentan novas e disparatadas perspectivas do grande evento galego XACOVEDRA é unha comedia apta para tódolos públicos, un espectáculo de variedades do que é autor e director Manuel Cortés.

Sábado, 7 de maio, 21:00 h.
A.C. O XEITO, de Esteiro, presenta “ÁM@TE”

Reparto: Esperanza Brea, Rosario Figueiras “Charo”, Mari Carmen Lariño, Olaia Lestón “de Rafaela”, Carmen Martelo “Martelo”, Moncho Mayo “Hassan”, Rodrigo Molinos “O Bolato”, Xulio Montes, Carlos Outeiral “Langas”, Manuel Priegue “París”, Ana del Río “Trión”, Uxía Valcarce “Uxi”
Dirección: Xosé Taxes Freire

As feridas do corazón non cicatrizan nunca.

Ante esta obra o grupo de teatro da asociación O Xeito reflexiona e interpreta a nosa realidade. Deste xeito, din, esta vella arte convértese no espello que pretendía Pirandello: “Se se puxese o ser humano ante un espello e observase como vive, suicidaríase ou morrería de risa”.

Tras o desacougante inicio da peza Ám@te, cunha letanía de expresións comunmente coñecidas (e tantas veces aceptadas), eses tópicos que perpetúan a violencia machista, a compañía declara a súa pretensión: que repensemos o que estamos a facer para finalizar esta traxedia social.

Nun mundo tan hipercomunicado que leva á máis absoluta incomunicación, os golpes, os berros, as humillacións derivan en feridas que non cicatrizan, mais as súas causas poden ser denunciadas a través do humor, que é unha das poucas armas pacificadoras. En Ám@te o humor preséntase como válvula de escape, non como frivolidade. Atopamos aquí situacións tan comunmente coñecidas que adoitamos esquecer, por veces forzosamente (para que non lastimen a nosa conciencia), ou deixar que vaian entrando (un problema máis, algo que deberemos resolver algún día) no devir da convulsa existencia, sen tempo para a reflexión ou a mirada crítica. Mais o escenario devólvenos o noso reflexo, cal nun espello.. A vida é teatro, e o teatro é a vida. Tal vez por iso Pepe Agrelo dicía sempre que o teatro non é literatura. A aventura da vida respira no escenario, por veces exhalando a máis dura realidade, historias que non se quererían escribir nunca, mais que cómpre representar. Tantas preguntas se desprenden desta pequena obra que mesmo a derradeira palabra, a sagrada palabra FIN, é cercada cunha interrogante: “FIN?”.

A concelleira de cultura de Muros, Mayka González, quere agradecer aos grupos de teatro que participan na Mostra a súa boa disposición e colaboración, en especial neste ano que tentamos recuperar a normalidade pero isto, en especial no traballo voluntario da colectividade non é nada doado, pois na pandemia os grupos artísticos non profesionais foron esmorecendo, en Muros queremos amosar o traballo dos que puideron retomar a súa actividade e mostrar unha representación do que se está a facer máis aló do noso municipio, agardemos que no vindeiro ano poidamos gozar de moitos máis. Nas vindeiras semanas o programa continúa coas seguintes propostas:

Sábado 14 de maio, 21:00 h.- AQUELANDO TEATRO DE MUROS: “Unha Petición de Man e unha Voda”

Martes 17 de maio, 18:00 h.- PACO NOGUEIRAS “Extra!”

Xoves 19 de maio, 12:00 h.- GRUPO DE TEATRO DO CENTRO OCUPACIONAL DE VALADARES “O segredo do anel”

Venres 20 de maio, 20:00 h.- Presentación libro MONTEAGUDO ROMERO, Henrique “O idoima galego baixo o franquismo. Da resistencia á normalización”

Venres 20 de maio, 21:00 h.- METÁTASE TEATRO, de Palas de Rei, “Escola de Vaqueiras”

Sábado 21 de maio, 21:00 h.- TALÍA TEATRO “A parábola do Angazo”.

As entradas son de balde, ate completar aforo, mais poden ser reservadas por anticipación nas oficinas do centro cultural e polos métodos habituais. A concelleira anima a toda a veciñanza a acompañarnos e deste xeito axudar a retomar a dinámica social  e animar aos nosos artistas a que continúen co seu esforzo e bo facer.


EMPREGO | Resultados provisionais 2º e 3º exercicio peón PEL 2022

Anuncio dos resultados provisionais do 2º e 3º exercicio e da fase de méritos do proceso selectivo para a contratación de cinco peóns albaneis para obras e servizos mínimos municipais e para a elaboración dunha bolsa de traballo dentro do programa PEL/CONCELLOS 2022 da Deputación da Coruña


Anuncio do resultado do 1º exercicio e convocatoria do 2º e 3º exercicio do proceso selectivo para a contratación de cinco peóns albaneis para obras e servizos mínimos municipais e para a elaboración dunha bolsa de traballo dentro do programa PEL/CONCELLOS 2022 da Deputación da Coruña


Lista definitiva, composición do tribunal e data do primeiro exercicio para a contratación de cinco peóns albaneis

Anuncio de Alcaldía pola que se aproba a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo, composición do tribunal cualificador e data do primeiro exercicio para a contratación de cinco peóns albaneis para obras e servizos mínimos municipais, 2022.


BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL A XORNADA COMPLETA DE CINCO PEÓNS ALBANEIS PARA OBRAS E SERVIZOS MÍNIMOS MUNICIPAIS, 2022 E A ELABORACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO EN RÉXIME DE CONTRATACIÓN SEGUNDO A LEXISLACIÓN VIXENTE A TEMPO COMPLETO FINANCIADO POLA DEPUTACIÓN DA CORUÑA DENTRO DO PROGRAMA PEL-CONCELLOS 2022

  1. Obxecto da convocatoria
    1.1 Ten por obxecto esta convocatoria a selección para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa de duración determinada de peóns albaneis para a cuadrilla de obras e servizos mínimos municipal, anualidade 2022, mediante calquera das modalidades de contratación prevista no Real Decreto-lei 32/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo, (BOE núm. 313, de 30 de decembro de 2021).
    A xornada será de luns a domingo cos descansos que establece a lei. As datas de inicio e de finalización dos contratos serán os establecidos na Resolución da contratación.
    1.2 Igualmente constituirá o obxecto desta convocatoria a creación dunha bolsa de traballo para a contratación laboral temporal de duración determinada mediante calquera dos contratos legalmente establecidos no Estatuto dos Traballadores para substitución por incapacidade temporal, renuncias, vacacións do persoal, ou se é o caso, novas contratacións por causas sobrevidas dos postos de traballo indicados no punto 1.1 desta base.
  2. Características do posto
    Área de subscrición: Obras Denominación do posto: Peón albanel Prazas: 5
    Duración: 5 meses e 10 días Grupo: V
    Soldo: 1.223 euros mes por todos os conceptos
    Modalidade contractual: Calquera dos previstos no RD 32/2021
    Titulación: Polas funcións a realizar, non se precisa estar en posesión de ningunha titulación.

    Cometido funcional: No ámbito dos servizos mínimos previstos nos artigos 25 e 26 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local e o punto 2.3. das Bases reguladoras do PEL CONCELLOS ANO 2022, as funcións a desenvolver consisten nas tarefas propias dos peóns de albanelería, carpintería, fontanería e electricidade, sempre dentro das funcións dos servizos mínimos previstas na lei. Así mesmo, realizarán aquelas outras tarefas que lle poidan ser encomendadas polos órganos municipais e polo seu superior xerárquico para a satisfacción das necesidades propias do servizo.
  1. Sistema de selección
    O sistema de selección será de concurso-oposición, que se valorará de acordo co baremo establecido no punto 8 destas bases.
  2. Requisitos das persoas aspirantes
    Para poder formar parte desta convocatoria, as persoas aspirantes deberán reunir, antes do remate do prazo de presentación de instancias, os seguintes requisitos:

VER AS BASES PEON ALBANEL PEL CONCELLOS 2022


XVII XORNADAS DE CULTURA MARIÑEIRA MUROS MIRA AO MAR | 8, 9 e 10 de xullo de 2022

PARTICIPACIÓN DO COMERCIO LOCAL MERCADO MARIÑEIRO TRADICIONAL MUROS MIRA AO MAR

Todos aqueles establecementos que queiran contar cun posto para ofertar os seus produtos no Mercado Mariñeiro Tradicional Muros Mira ao Mar, deberán de solicitalo no modelo que achegamos.

O prazo para a presentación de solicitudes de “posto”  será do 27 de abril ao 10 de maio. Debendo ser entregada no Rexistro de entrada do concello de Muros ou presentada na sede electrónica do concello.

Insistimos na importancia de que durante eses días tódolos establecementos da vila de Muros garden unha estética respectuosa coa celebración.



Comezan as labores de organización das XVII Xornadas de Cultura Mariñeira Muros Mira ao Mar

1. Presentación de propostas para participar nestas Xornadas das entidades do municipio de Muros

Finalizado | Prazo do 5 ao 20 de abril de 2022


2. Presentación de propostas para organización do Mercado Mariñeiro Tradicional Muros Mira ao Mar

Finalizado | Prazo do 5 ao 20 de abril de 2022


3. Concurso de carteis anunciadores das XVII Xornadas de Cultura Mariñeira Muros Mira ao Mar

Finalizado | Prazo ata o 7 de abril de 2022


Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close