TEATRO MUSICAL | A ópera galega “PAPAGENA” no Centro Cultural de Muros, o sábado 12 de novembro

MUROS CELEBRA O DÍA DA MÚSICA CON DOUS ESPECTÁCULOS DE TEATRO MUSICAL “PAPAGENA”, PARA PÚBLICO ADULTO, O SÁBADO 12 DE NOVEMBRO, E “DIVERTIMENTOS”, PARA PÚBLICO FAMILIAR

Día e hora: sábado 12 de novembro, 21:00 h
Local: Auditorio do Centro Cultural de Muros
Actividade: Ópera – ButacaZero – “Papagena”
Programa: Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC

O sábado 12 de novembro, ás 21:00 h, chega ao Auditorio do Centro Cultural de Muros o espectáculo, “Papagena”, unha ópera contemporánea de Iago Hermo

Papagena é unha ópera electrónica nacida a partir da figura da personaxe homónima daFrauta Máxica de Wolfgang Amadeus Mozart. Unha produción para analizar e re-escribir esta personaxe dende unha mirada actual e en base a dun dos maiores procesos de avance político-social dos últimos tempos: a loita contra o sexismo.

Unha soprano (Esperanza Mara), un barítono (Jacobo Rubianes Castelo), e un músico en escena (o propio compositor da ópera, Iago Hermo) serán os piares desta peza deseñada para chegar tanto aos grandes teatros como a aqueles espazos e vilas onde a ópera, quizais, nunca chegou.

E por suposto, en galego.

O elenco está formado pola SOPRANO, Esperanza Mara (Papagena), o BARÍTONO, Jacobo Rubianes Castelo (Papageno) e Iago Hermo, ao que corresponde ademais a música, libreto e dirección musical; a dirección artística  corre a cargo de Castiñeira & Carrodeguas

ButacaZero é a plataforma creativa de Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira, que propón un teatro que dialoga directamente co mundo actual: un teatro necesario. A investigación e a reflexión dende un ollar crítico e irónico son as claves que definen as suas propostas que se concretan en dramaturxias feitas á medida nas que a tradición teatral se mestura coas posibilidades que ofrece a linguaxe audiovisual en escena. Sempre ofertando propostas diferentes e reflexivas que teñen como unha das súas máximas entreter ao mesmo tempo

Esta representación está incluída na Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC e as entradas, ao prezo de 3,50 €, xa poden ser reservadas nas oficinas do centro cultural, no teléfono 981762294, no correo cultura@muros.es ou no formulario creado para este fin.

A concelleira de cultura de Muros, Mayka González, declara que durante a semana do 12 ao 19 de novembro o goberno municipal quixo favorecer a celebración do día da música coa programación de dous espectáculos de teatro musical, este sábado, día 12, a ópera Papagena para público adulto e o sábado 19 “Divertimentos”, un espectáculo para público familiar que combina a música co novo circo; e anima a tódolos muradáns a participar nesta celebración, segura de que gozarán con ámbalas dúas propostas.


DEPORTES | Resolución provisional de subvencións a entidades e clubs deportivos

Concesión provisional en réxime de concorrencia competitiva de subvencións dirixidas  a entidade e clubs deportivos do Concello de Muros sen ánimo de lucro con equipos ou deportistas que participen en competición federada de ámbito local, provincial ou autonómico, e a entidades sen ánimo de lucro para a realización de actividades de fomento da actividade física para o ano 2022.


TEATRO | “Conexión Pingüín”, o sábado 29 de outubro, no Centro Cultural de Muros

SÁBADO 29 DE OUTUBRO REPRESENTACIÓN DO ESPECTÁCULO “CONEXIÓN PINGÜÍN”, NO CENTRO CULTURAL DE MUROS

📅 Sábado, 29 de outubro ás 21.00 h
🏟️ Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros
🎫 Entrada: 3,50 €
💻 Reservas: https://forms.gle/MLMSVkGxbjU4tDE77

Unha reflexión cómica, en dous tempos, a dúas voces, sobre a incomunicación na era da comunicación, nunha posta en escena que mestura neve polar, móbiles de última xeración, pingüíns no horizonte, mamá non se enteira, cordas enredadas, un mapa, un compás, un GPS, … 

Conexión Pingüín é unha comedia que quere falar da incomunicación entre os seres humanos. Este mal fai estragos todo os días e a todas horas, na casa, coa familia, no tráfico, no traballo…  Estamos na súper era tecnolóxica, da conexión inmediata, da telecomunicación, mais nunca estivemos tan lonxe entre as persoas. 

A trama desta montaxe ten dous planos aparentemente distantes na época, na latitude e no contexto, mais conectados pola liña condutora deste divertido texto. Por un lado, os nosos dous protagonistas trasladarán ao público ao ano 1923, cando tivo lugar unha famosa expedición con rumbo ao polo sur magnético. Dous intrépidos montañeiros, con falta de sentido común e exceso de ego, terán que loitar contra as inclemencias polares, a falta de escoita, o despiste mortal e as súas propias barbas, que non paran de medrar. E por outro lado, unha conferencia formal que, case un século despois, rememora e actualiza aquela  fazaña antártica. 

Esta representación está incluída na Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC e as entradas, ao prezo de 3,50 €, xa poden ser reservadas nas oficinas do centro cultural, no teléfono 981762294, no correo cultura@muros.es ou no formulario creado para este fin https://forms.gle/MLMSVkGxbjU4tDE77


DEPORTES | II Nada e Corre – Concello de Muros

Están abertas as inscricións para II Nada e Corre Concello de Muros que terá lugar o 26 de novembro de 2022.

Datos básicos


TEATRO | “GÜELA – GÜELA”, o sábado 22 de outubro, no Centro Cultural de Muros

SÁBADO 22 DE OUTUBRO REPRESENTACIÓN DO ESPECTÁCULO “GÜELA – GÜELA”, NO CENTRO CULTURAL DE MUROS

Día e hora: sábado 22 de outubro, 18:00 h.
Local: Auditorio do Centro Cultural de Muros
Actividade: Teatro – GALITOON – “Güela – Güela”
Programa: Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC

Baseada na obra “Concerto de aves” de Frans Snyders, por solicitude do Museo Nacional do Prado e no marco das actividades dirixidas a público familiar e infantil que visita o museo, “Güela – Güela” é un espectáculo que podemos clasificar como teatro musical de luz, creado pola compañía galega Galitoon, a única da nosa comunidade que tivo este privilexio, e coa que este sábado poderemos gozar en Muros.

“Güela – Güela”, dirixida en especial ao público de 1 a 6 anos, é un espectáculo de gran plasticidade, moi visual e cargado de emocións e música que fará as delicias tanto dos pequenos e pequenas coma dos seus proxenitores.

A misión das cegoñas foi dende sempre levar aos bebés recentemente nacidos coa súa mamá e o seu papá, por iso teñen un peteiro grande e forte e unhas ás poderosas que lle permiten voar grandes distancias, e voan sempre en grupo, para protexerse; pero Güilly aínda é pequena e non tén o peteiro e as ás fortes dabondo, mais a ela non llo parece e devece por levar o seu primeiro atadiño, pero a comunidade de cegoñas adultas di que ten que agardar, mais un día, non se sabe como nin por que, as cegoñas adultas esqueceron un atadiño cun bebé moi particular…Unha sinxela trama, unha sinxela aventura pero que manterá ao público pegado ao seu asento de principio a fin. O movemento, o ritmo, a música e a presenza dos personaxes nun contexto concreto: o voo dos paxaros no aire.

Galitoon é unha empresa galega de televisión, teatro e espectáculos, que fusiona técnicas e medios nunha constante experimentación. Dos seus traballos en televisión destaca O Galo Cecilio de Supermartes, as vacas Pìnta e Marela de Luar ou o programa Cousiñas, en teatro xa é unha vella coñecida do público muradán, onde representou, entre outros, o seu premiado espectáculo Golulá.

O espectáculo está incluído na Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC. As entradas, con un prezo de 2,50 €, deben de ser reservadas nas oficinas do centro cultural, no teléfono 981762294, no correo cultura@muros.es ou no formulario creado para este fin.

A concelleira de cultura, Mayka González, anima a todo o público familiar da veciñanza a reservar a súa entrada, segura de que gozarán desta proposta.


TEATRO | “OS NENOS DA VARIOLA”, o sábado 15 de outubro, estrea a tempada teatral do Centro Cultural de Muros

O sábado 15 de outubro, ás 21:00 h, chega ao Auditorio do Centro Cultural de Muros a compañía Pérez & Fernández, co seu espectáculo, “Os Nenos da Variola”, que da comezo á tempada teatral deste espazo.

Día e hora: sábado 15 de outubro, 21:00 h
Local: Auditorio do Centro Cultural de Muros
Actividade: Teatro – Pérez & Fernández – “Os Nenos da Variola”
Programa: Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC

Un espectáculo Baseado na novela homónima de María Solar, no elenco Manu Fernández, Victoria Pérez, Xosé Leis e Isabel Risco; e con dous prestixiosos premios no seu haber, o III Premio Luísa Villalta á igualdade da Deputación da Coruña e un XXV Premios de Teatro María Casares, os dous en 2021.

O 30 de novembro de 1803 a “Real Expedición Filantrópica da Vacina” parte dende o porto da Coruña. Vinte e dous nenos procedentes de orfanatos de Madrid, Santiago e A Coruña conforman unha cadea humana “brazo a brazo” para facer chegar a vacina contra a varíola aos territorios de ultramar nunha das maiores xestas médicas levadas a cabo na historia da humanidade. Pérez&Fernández en coprodución co Centro Dramático Galego presenta a adaptación á escena da novela de María Solar “Os Nenos da Varíola”. Unha peza teatral con altas doses de realidade histórica, tenrura e humor que toma como eixe central a vida dos nenos da Casa de Expósitos da Coruña e como chegaron a ser os heroes da Real Expedición Filántropica da Vacina, na que a súa heroína máis esquecida converteuse nun dos piares máis importantes da expedición, a reitora da Casa dos Expósitos, Isabel Zendal.

As actrices Victoria Pérez e Isabel Risco e os actores Manu Fernández e Xose Leis interpretan á ducia de personaxes que protagonizan esta historia: as monxas da Casa de Expósitos, os doutores Balmis e Posse Roybanes, os nenos protagonistas da ficción de María Solar, e a muller que finalmente fixo posible que esta Real Expedición Filantrópica se fixera realidade, Isabel Zendal.

En moi poucas ocasións se pode dicir con maior acerto que a realidade supera á ficción. Calquera creador de historias soñaría con imaxinar unha trama tan redonda e poderosa coma esta epopea que ocorreu en Galicia, e que salvou ao mundo enteiro dende o porto da Coruña.

Esta representación está incluída na Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC e as entradas, ao prezo de 3,50 €, xa poden ser reservadas nas oficinas do centro cultural, no teléfono 981762294, no correo cultura@muros.es ou no formulario creado para este fin https://forms.gle/neJT3BmSP2SqpuME9.

A concelleira de cultura de Muros, Mayka González, anima a tódolos muradáns a gozar con esta excepcional sesión de teatro, apta para tódolos públicos, mais en Muros quixemos programala en horario de adultos, debido aos seus fondos contidos; aproveitando para anunciar que nas dúas semanas vindeiras, tamén en sábado, poderemos deleitarnos no mesmo espazo cos espectáculos “Güela, güela”, de Galitoon, para público familiar, o sábado 22, e “Conexión Pingüín”, para público adulto, o sábado 29.


DEPORTES | Prazas vacantes escolas deportivas municipais 2022/23

PRAZAS VACANTES ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2022/23

O número de prazas vacantes para as Escolas Deportivas municipais para o curso 2022/23 que se ofertan no período de “Prazas vacantes: Do 10 ao 15 de outubro” é o seguinte:

Pavillón de Miraflores (Muros)Grupo/quendaNº prazas libres
Actividades predeportivas20184
Actividades predeportivas20170
Baloncesto2016 e 20154
Baloncesto2014, 2013 e 20123
Patinaxe2018 e non iniciadas0
Patinaxe2017, 2016, 2015 e 20141
Patinaxe2013, 2012, 2011 e 20104
Fútbol sala20163
Fútbol sala20150
Fútbol sala2014 e 20133
Fútbol sala2012 e 20113
Iniciación ao xadrezTodos os grupos0
Ximnasia de mantementoLuns6
Ximnasia de mantementoXoves6
Pavillón de Xosé Lago (Esteiro)Grupo/quendaNº prazas libres
Bádminton Sen límite
Baloncesto Sen límite
Patinaxe2018 e non iniciadas4
Patinaxe2017, 2016 e 20152
Patinaxe2014, 2013, 2012 e 20112
Ximnasia de mantemento/bodytónic Sen límite
LouroGrupo/quendaNº prazas libres
Ximnasia de mantemento 5

A inscrición daquelas Escolas Deportivas municipais con límite de prazas realizarase de xeito presencial e por orde de inscrición nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros en horario de 8.00 a 15.00 h.


Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close