ANUNCIO | Resultado da realización do primeiro exercicio do proceso selectivo de persoal para a limpeza de praias, 2020

Na sesión celebrada o día 9 de xullo de 2020, o tribunal do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa para limpeza de praias 2020, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Acórdase  publicar  o resultado  da realización do primeiro exercicio  da  fase  de oposición segundo o previsto no punto 8 a) das  bases  e  que  se  publica  como  anexo 1. De acordo co previsto no punto 8 das bases, as persoas aspirantes terán un prazo de dous días dende a publicación deste acordo  para presentar  as reclamacións que consideren oportunas.

Segundo. Acórdase convocar ás persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio da fase de oposición á realización do segundo e terceiro exercicio o día 14 de xullo ás 9.00 h na antiga fabrica de Sel, situada na rúa Porteliña 2, Muros.