ANUNCIO | Publicación das bases para a creación dunha bolsa de emprego de auxiliares administrativos

Por Resolución desta Alcaldía núm. 1181/2023 de 7 de decembro, aprobáronse as bases e a convocatoria do proceso selectivo para a elaboración dunha bolsa de traballo de auxiliares administrativos do concello de Muros, e que se transcriben a continuación:

BASES PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO DE AUXILIARES ADMINISTRATIVOS COMO FUNCIONARIO/A INTERINO/A DO CONCELLO DE MUROS

1. OBXECTO DAS BASES

É obxecto destas bases a realización dun proceso selectivo, mediante oposición libre, para a creación dunha bolsa de emprego de auxiliares administrativos para o desenvolvemento das funcións e tarefas específicas da especialidade profesional correspondente, como funcionario/a interino/a.

A bolsa de emprego, que se formará pola relación de persoas aspirantes que superaran este proceso selectivo, destinarase á contratación do persoal que a integre cando sexa preciso.

2. CARACTERÍSTICAS DA PRAZA QUE SE CONVOCA

A praza está encadrada na Escala de Administración Xeral. Subescala: Auxiliar, clasificada no Grupo C, Subgrupo: C2, nivel 14. A xornada de traballo é a tempo completo.

3. SISTEMA DE SELECCIÓN

Establécese como sistema de selección o de oposición libre.

+ INFO: BOP. VENRES, 15 DE DECEMBRO DE 2023

Solicitudes (anexo II)