ANUNCIO | Convocatoria do proceso selectivo para a contratación dun/dunha técnico/a para a atención do Centro de interpretación do patrimonio marítimo na Conserveira de Sel

Por Resolución desta Alcaldía núm. 906/2020 de 11 de agosto, aprobáronse as bases e a convocatoria para a contratación laboral temporal a xornada completa dun/dunha técnico/a para atención do Centro de Interpretación do Patrimonio marítimo da conserveira de SEL, anualidade 2020, e a elaboración dunha bolsa de traballo en réxime de contratación laboral temporal a tempo completo financiado pola Deputación da Coruña dentro do programa FO216/2020 e que se transcriben a continuación:

CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL A XORNADA COMPLETA DUN TÉCNICO PARA ATENCIÓN DO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DO PATRIMONIO MARÍTIMO NA CONSERVEIRA DE SEL, ANUALIDADE 2020, E A ELABORACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO EN RÉXIME DE CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL A TEMPO COMPLETO FINANCIADO POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA DENTRO DO PROGRAMA FO216/2020

1 Obxecto da convocatoria

Ten por obxecto esta convocatoria a selección para a contratación laboral temporal a xornada completa de un técnico para atención do centro de interpretación do patrimonio marítimo da conserveira de SEL, anualidade 2020, mediante calquera das modalidades de contratación previstas no Real decreto lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores. A xornada será de luns a domingo cos descansos que establece a lei. As datas de inicio e de finalización dos contratos serán os establecidos na Resolución da contratación.

2 Características do posto

Área de subscrición: Turismo
Denominación dos postos e prazas: Técnico para a atención do Centro de interpretación do patrimonio marítimo da Conserveira de Sel
Grupo: II Soldo bruto por todos os conceptos: 1.546,96 €
Modalidade contractual: Contrato de obra ou servizo a tempo completo
Duración do contrato: 2,5 meses
Titulación: Certificado de estudos segundo o previsto no punto 4 f) das bases
Outros coñecementos: CELGA 4 ou equivalente

Funcións: As funcións a desenvolver serán as encomendadas aos museos e centros na Lei 5/2016 de Patrimonio Cultural de Galicia. Entre outras, a atención dos visitantes, a organización e catalogación da colección, a selección de pezas para exposición, a elaboración do discurso expositivo, a xestión dos préstamos ou depósitos en condicións de conservación e seguridade e a dinamización e relación do centro de interpretación do patrimonio marítimo da conserveira de Sel co seu contexto territorial e social, asi como outras encomendadas pola Alcaldía relacionadas co posto de traballo

3 Sistema de selección

O sistema de selección será de concurso-oposición, que se valorará de acordo co baremo establecido no punto 8 destas bases.