ANDAINA “DO MAR AO MONTE”

REGULAMENTO ANDAINA “DO MAR AO MONTE”

Etapa: Serres – Muros – Louro

  • Organizador

Concello de Muros
Concellería de Deportes
Curro da Praza, 1
15250 Muros

  • Data e lugar

Domingo, 29 de marzo de 2020

Horario da saída: 9.00 h

Lugar da saída: Piscina Municipal de Muros

  • Distancias

Ruta longa: 20 km aproximadamente

Ruta curta: 12 km aproximadamente

  • Participantes

Persoas maiores de 16 anos (os/as menores de idade deberán presentar unha autorización para a súa participación)

Número máximo de participantes: 200

Non poderá participar ningunha persoa que non faga a inscrición e de facelo sen estar inscrita será baixo a súa responsabilidade. 

  • Inscricións

Internet:

      • Sede electrónica do Concello de Muros (sede.muros.gal -require certificado dixital-) 
      • Formulario en liña (sen certificado dixital): https://forms.gle/9uF5w1mMaFde9jid7

Presencial: 

      • Na piscina municipal de Muros

Prazo de inscrición:

      • Apertura: 28/02/2020
      • Peche: 24/03/2020
  • Marcha e recomendacións

Non debemos pasar diante do guía en ningún momento. Tede en conta que a actividade realizarase en grupo, polo que debemos adaptar o ritmo da marcha para que todas as persoas participantes poidan rematar a andaina sen problemas.

Recomendacións:

  • Recoméndase que as persoas participantes leven roupa de abrigo (impermeables) e/ou paraugas para protexerse no caso de choiva.
  • Recoméndase levar roupa e calzado axeitado. Deben ter en conta a posibilidade de que nos atopemos con tramos en mal estado (auga, lama, toxos…)
  • Recoméndase levar una mochila con auga ou outra bebida para hidratarse, así como comida para repoñer forzas.
  • No caso de que sexa un día soleado recoméndase protexerse do sol cunha gorra ou chapeu e poñer protección solar.

Compromisos

  • O/a participante inscrito/a declara que está en bo estado físico e ten pasado os pertinentes recoñecementos de saúde.
  • O/a participante inscrito/a autoriza e acepta a publicación do seu nome e apelidos e a súa imaxe nos medios de comunicación e Internet para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito.
  • As persoas participantes serán coidadosas e non xenerarán lixo durante a andaina.

Obxectivos

  • Fomentar o respecto e o coidado da natureza. 
  • Promocionar un estilo de vida saudable, así como a práctica da actividade física.
  • Gozar dos espazos naturais respectando a flora e a fauna do lugar.
  • Respectar as normas e o compañeirismo.

Suspensión

  • A actividade só se suspenderá no caso de que se decrete una alerta laranxa que afecte á zona onde se realice a andaina.
  • En calquera outro caso a actividade levarase a cabo aínda que as condicións non sexan boas.
  • A organización poderá suspender a actividade se o cre preciso, sempre avisando coa antelación suficiente ás persoas inscritas.

| REGULAMENTO

| FORMULARIO INSCRICIÓN

| AUTORIZACIÓN

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close