SUBVENCIÓN EN MATERIA DE AUGAS – AU301E
O Concello de Muros vén de rematar as obras para a execución do proxecto denominado «ACTUACIÓNS NO NÚCLEO DE LOURO PARA MINIMIZAR AS PERDAS DE AUGA E MELLORA DA XESTIÓN DIXITAL DO CICLO URBANO DA AUGA», co obxecto de mellorar a eficiencia dos sistemas de abastecemento do Concello de Muros e de axudar a reducir as perdas de auga no abastecemento.
Estas melloras foron posibles grazas á subvención concedida por AUGAS DE GALICIA, segundo o procedemento AU301E, destinado a realizar actuacións para minimizar as perdas de auga en concellos.
O importe da subvención concedida ascendeu a un total de 44.788,65 €, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
