ACTIVIDADE | Piscina Activa +65

O Concello de Muros lanza a primeira actividade deste 2024 que se enmarca dentro do Programa de vida activa. A actividade chámase Piscina Activa +65 e consiste en diversas accións que se realizaran na Piscina Municipal de Muros en horario de 9:30h á 10:15h. As actividades serán o luns e/ou xoves en función das persoas que se anoten. 

Terán preferencia as persoas maiores de 65 anos. As persoas que teñan menos de 65 anos estarán nunha lista de agarda e poderán participar na actividade de existir prazas dispoñibles. 

Para inscribirse poden facelo cubrindo o seguinte formulario ou chamando o 981 762 465.

https://forms.gle/mfVEZ4Ma9QayijbP6