Ábrese o prazo de inscrición para os postos externos no Mercado Mariñeiro Tradicional “Muros Mira ao Mar” 2026

O Concello de Muros abre o prazo de inscrición para participar no Mercado Mariñeiro Tradicional “Muros Mira ao Mar” 2026 para aqueles postos externos que non pertenzan ao termo municipal do Concello de Muros.

O mercado celebrarase os días 10, 11 e 12 de xullo en distintas rúas e prazas da vila, no marco das XXI Xornadas de Cultura Mariñeira “Muros Mira ao Mar”, recreando o ambiente dun mercado tradicional galego de temática mariñeira.

Poderán participar postos de artesanía, gastronomía, produtos naturais, antigüidades e outras propostas relacionadas coa filosofía do evento. A organización valorará especialmente aqueles postos vinculados á cultura mariñeira e que contribúan á ambientación e dinamización do mercado.

As persoas interesadas deberán formalizar a súa solicitude a través do formulario dispoñible en https://inscricions.culturactiva.org antes do 22 de maio de 2026.

As bases completas e toda a información relativa ás condicións de participación poden consultarse na normativa publicada pola organización.

Máis información:

mercadomuros@gmail.com

656 785 469

Formulario de inscrición: https://inscricions.culturactiva.org