Aberto o prazo para a participación por parte de empresas e autónomos, non pertencentes ao termo municipal de Muros, no mercado mariñeiro das XX Xornadas de Cultura Mariñeira “Muros Mira ao Mar”
As persoas autónomas e empresas non pertencentes ao termo municipal de Muros xa poden inscribirse para participar no mercado mariñeiro das XX Xornadas de Cultura Mariñeira, que se celebrarán os días 4, 5 e 6 de xullo.
A xestión do mercado correrá a cargo da empresa Culturactiva, encargada de coordinar a participación dos postos externos.
O prazo de inscrición está aberto ata o 16 de maio.
Consulta as bases e realiza a túa inscrición a través do formulario dispoñible.