A XXI EDICIÓN DAS XORNADAS DE CULTURA MARIÑEIRA “MUROS MIRA AO MAR” CELEBRARANSE OS DÍAS 10, 11 E 12 DE XULLO DE 2026

A comisión das XXI Xornadas de Cultura Mariñeira “Muros Mira ao Mar”, reunida o 5 de febreiro, acordou por unanimidade que as datas de celebración da edición de 2026 serán os días 10, 11 e 12 de xullo.

Este acordo supón o primeiro paso para iniciar os traballos de organización e planificación dun dos eventos culturais máis destacados do calendario muradán, permitindo avanzar na coordinación coas entidades e asociacións.